Saltar ao contido principal

SÁBADO 23 de ABRIL do 2022

Retomamos a emisión deste programa de dúas horas de Radio en Galego, despois do lecer da Semana Santa. Facemos as salutacións de benvida e ofrecémoslles un bocadiño de música para recibirmos a primeira intervención dende Galicia: Fernanda Follana Neira, a nosa correspondente nos Ancares Lugueses, que nos fai a súa crónica semanal. 


A segunda participación é a do noso colaborador e amigo Henrique Fez-Mon Sánchez, dende Navia de Suarna. Agradecémoslle a súa aportación e participación.

Falamos con ROSALÍA MORLAN, poeta e escritora galega, que está a asinar libros, da súa autoria, na Praza Ibiza de Barcelona. Foi convidada pola AC.G. Saudade e patrocinada por Política Lingüística. Felicitámola e desexámoslle moitos éxitos.

Tamén recibimos a crónica semanal do nosos correspondente na Costa da Morte, Oskar da Fontiña. A súa aportación informativa é de grande interese e importancia para nosoutros e agradecémoslle a súa aportación en nome de tódolos oíntes e seguidores que nos fan chegar as felicitacións por ese traballo. Xa saben que poden recoller máis información detallada na páxina quepasanacosta.gal. Tamén teñen a oportunidade de voltar a escoitar este noso programa nas Radio da Costa, que se reemite o domingo.

A seguinte conversa é co Ilmo. Sr. Alcalde do Concello de Arbo, don HORACIO GIL EXPÓSITO. Felicitámolo pola celebración da FESTA Gastronómica máis antiga de Galicia: "Festa da Lamprea". Coméntanos varios e importantes acontecementos. Fálanos do concerto entre varios Concellos limítrofes, concretamente Arbo, Crecente, As Neves, A Cañiza e Melgaço, acaban de asinar o protocolo de colaboración para crear a "Eurocidade do Miño". A Xunta ven de declarar a "Festa da Lamprea Seca" como Festa de Interés Turístico Galego. Tamén nos informa das moitas e diversas actuacións que se celebrarán perante esta fin de semana: Degustación de lamprea, a Arbo-mostra, verbenas, concertos.... etcétera. 


Finalizamos o programa de hoxe ofrecéndolles a entrevista que mantivemos con CLARA VIDAL, que ven de presentar o seu recente poemario titulado "A (des)memoria". Agradecémoslle a súa participación e desexámoslle moitos éxitos.


Despedimonos ate o vindeiro sábado.

 

¡Que teñan unha feiz semana!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Resultado do Iº CONCURSO-SORTEO do noso programa "Sempre en Galicia"

Con motivo do "23 aniversario" da posta en marcha do programa "Sempre en Galicia" realizamos este 1º Concurso-Sorteo para agasallar aos nosos oíntes e seguidores. Gracias aos promotores e patrocinadores que desinteresadamente nos ofreceron as súas Vivendas Rurais, queixos e productos. O xogo consistiu en que tódolos interesados tiñan que enviar un correo electrónico ao noso enderezo semprengalicia@gmail.com e facer un comentario no noso blog, ou ben chamar por teléfono a Radio Cornellà solicitando un número. Os participantes e números entregados foron os seguintes: 01 Rubén Alonso. 02 Mª José Jarba. 03 Paz Zeltia. 04 Chousa da Alcandra. 05 Piska. 06 Tapi 8. 07 Fernando. 08 Rafa Muñoz. 09 Vanessa. 10 Ceip C-Dena. 11 Ofir Enríquez. 12 Olga Seco. 13 Oliver Regueiro. 14 Vicente Maza. 15 Xus Vizcaia. 16Oscar Oliver Soler. 17 Mª Luísa. 18 Kike. 19 Carlos Sousa. 20 Sebastián Santiso. 21 Carmen Alvarez. 22 Mª Paz Garrido. 23 Julio Gacía Rex.

SÁBADO 18 de NOVEMBRO do 2023

Un sábado máis con todos vosoutr@s, tentando levar adiante este programa de dúas horas de Radio en Galego. Comezamos coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións saudamos a un convidado especial que nos visita nos estudios: ANTONIO REY (TOTÓ) , que é das Ermitas.   Escoitamos un bocadiño de música e trasladámonos (telefónicamente) á Costa da Morte, para recibir ao noso corespondente OSCAR REY CALO , que ten preparada a súa crónica semanal relacionada coas noticias daquela contorna, e que se poden ampliar na páxina quepasanacosta.ga l, como vimos informando cada semana, o mesmo que lles lembramos que este noso programa re-emítese en Radio Roncudo os domingos a partir das dez da mañá. Agradecementos para Oscar e desexámoslle feliz semana. A continuación mantemos unha longa conversa con ANTONIO REY ( Totó). Falamos daquel Val das Ermitas tan feiticeiro, das Festividades que se fan, dos produtos de primeira calidade que se poden disfrutar ali, dos viñedos espectaculares, das ol

SÁBADO 2 de DECEMBRO do 2023

Outro sábado máis con todos vosoutros, pero nesta ocasión con visita nos estudios, moi especial e moi honrosa: Os Membros do Xurado do "XXXVII Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà". Dámoslles a ben-vida e mantemos unha pequena conversa coa Presidenta dona CHARO GOLMAR e con ARMANDO REQUEIXO . É un pracer poder conversar con eles. Concretamente Charo fará a presentación de dous libros da súa autoría: "No bico do vento" e "Alma de Nadal". A grande festa que a Asociación C.G.Rosalía de Castro realiza cada ano, con motivo do Certame de Poesía, convértese sempre nunha grande afluencia de socios, amigos e simpatizantes, que son recibidos con música da propia Banda da Asociación. Despois, durante a cea de convivio, danse a coñecer os Premiados dese Certame. Recibimos a crónica do noso colaborador na Costa da Morte OSCAR REY CALO , que cada sábado ten preparada, coas noticias e informacións escollidas daquela contorna galega. Moitos dos nosos escoitant