domingo, 22 de maio de 2011

PROGRAMA do sábado 21 de maio

Comezamos facendo un pequeno avance das nosas pretensións para estas dúas horiñas de radio en galego. Animamos aos nosos seguidores a que se sumen ás nosas propostas de emisión, a pesares da competencia (hoxe xoga o C.D.Málaga contra o C.F.Barça). Teremos na emisión de hoxe, ademais de moitas informacións, conversas con Pilar Carracelas, Rafael Paz e como cada fin de semana con Xulio Simón en Galicia.

Despois do relatorio informativo, no que falamos do "VIII Festival de CANS (Porriño)", da sétima edición de TRABALLANDO EN LINGUA que se celebrará en Carballo, que o filólogo Ramón Lorenzo ben de gañar o Premio Trasalba 2011, de que o Instituto da Lingua celebra o seu 40 aniversario na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago, e doutras noticias máis, poñémonos en contacto con PILAR CARRACELAS, que estivo, xunto con David, á fronte deste noso programa perante un tempo e fálanos da súa experiencia como tal. Dámoslle-las gracias pola súa atención.

Chamamos a RAFAEL PAZ FERNÁNDEZ, autor da novela "LA MUJER DE PAPA", chegounos ás nosas mans por mediación de seu irmán Agustín (ex compañeiro do "club da tiza"). Este Teólogo que disfruta do "xubileo" na súa terra de nacenza, fainos un percorrido pola súa novela, debullando con detalle algunhas cousas moi interesantes da "Empresa Igrexa", en torno á cal decorre esta entretida e moi recomendable novela. Seguro que se tivera un tratamento de márketing diferente convertiríase nun "bet-seller", xa que o argumento e o percorrido da mesma fíxosenos moi engaiolante. Agradecémoslle a súa atención e desexamos poder voltar a falar con el nunha vindeira ocasión, aquí, cando veña a presentar a súa obra a Barcelona.



Na segunda hora poñémonos en contacto con XULIO SIMÓN, coma case sempre, e fainos unha síntese dalgunhas das cousas escollidas por el para esta fin de semana, e remata a súa intervención coa lectura dun poema do poeta homenaxeado este ano nas letras Galegas 2011: LOIS PEREIRO.

Desexamos que volvan a conectar con nosoutros na próxima semana, que tentaremos facelo, cando menos, igoal ou mellor.

domingo, 15 de maio de 2011

14 de maio do 2011

Xulio Costa e Armando, nos estudios
Visita de ARMANDO e XULIO COSTA

Comezamos este novo programa de hoxe coa presenza-visita de Xulio Costa e Armando ao noso estudio. Agradecémoslle a súa participación e falamos con eles de diferentes cousas que suceden no noso entorno. Damos cumprida información da interesante Conferencia que se desenvolverá no "Saló de Cent" do Concello de Barcelona, e que será impartida polo noso amigo XESÚS RÁBADE PAREDES, e que leva por título: "Galicia na voz dos poetas", con lecturas de poemas en galego e catalán de Lois Pereiro, por HELENA VILLAR JANEIRO, MANOEL CARRETE e PURA SALCEDA. Acompañamento musical con zanfona (viola de roda) de Xaime Rivas Dacosta. Tamén damos lectura a algunhas das novidades que nos chegan á nosa redacción, así como convidamos aos nosos oíntes a participaren connosco nesta emisión de hoxe. Se os queredes escoitar premede a continuación:

A segunda parte (por chamala dalgún xeito) empregámola falando doutras cousas relacionadas coa nosa Cultura, coa participación de Lucía Pérez (unha galega que será a representante de España no Festival de Eurovisión deste ano en Dusseldorf-Alemaña) a quen lle desexamos moitos éxitos. Xa é un bo éxito o xeito de participar neste magno festival que, segundo os medios seica será escoitado e contemplado por máis de 150 millóns de persoas. Unha boa publicidade para esta moza galega, que segundo di Armando vai vestida con "moda galega". Xulio proponnos falar con seu sobriño Juan Manuel, encargado do Restaurante "Sanatorio Monte Aloia" en Vigo. Tentámolo, pero non é posible conectar con Galicia. Tampouco contaremos, no día de hoxe, coa participación de Xulio Simón, que se atopa de viaxe. Ademais temos que rematar o programa cunha hora de adianto por mor de que será retransmitido outro partido do "Basquet Cornellà". Desexamos que todo decorra con ben para eses deportistas. Ata a semana que ven, que voltaremos a estar con vostedes.

luns, 9 de maio de 2011

7 de maio do 2011

Tareixa Vizcaia
Unha nova edición deste noso programa. Non puidemos comezar co noso horario habitual, posto que tiñan que retransmitir a semifinal da "Copa Catalunyia" de Basquet, na que participaba o C.B.Cornellà, fronte ao C.B.Mataró, e que gañou precisamente o Cornellà. Aproveitamos para felicitalos e tentamos levar adiante este noso programiña. Coidamos que tódolos nosos oíntes-seguidores sentiranse satisfeitos coa proposta desta fin de semana. Daremos lectura a algunhas das informacións que nos chegaron á nosa Redacción e pretendemos falar con TAREIXA VIZCAIA, que xunto con Rober e Fredi, son os responsables do "Taller del Pa" - Artesans - na rúa Galileo, 133 de Barcelona. Aquí tedes a interesante conversa coa nosa amiga Tareixa (por certo, díxonos que podedes enviar as vosas consultas ao enderezo electrónico: eltallerdelpa@gmail.com). Agradecémoslle a súa participación e convidámola para outra ocasión.



A seguinte conversa facémola con Xulio Simón e don LUCIANO SOBRAL, Alcalde de Poio, con quen mantemos unha pequena entrevista. Como o tempo da nosa conversa fíxosenos moi curto, prometémonos voltar a poñernos en contacto en viendeiras ocasións e despedimos o noso programa ata a vindeira semana.

luns, 2 de maio de 2011

Programa do 30 de abril 2011


Encetamos este programa especial de celebración dos "25 anos do Sempre en Galicia" co estudio cheo de acompañantes, amigos, colaboradores e antigos Directores deste noso programa, a saber: don Antonio Díaz, Director da revista Lúa Nova e Vicepresidente da A.C.G.Rosalía de Castro; don Jose Manuel Parrado, Regidor Delegado de Acción Comunitaria y Deportes da cidade de Cornellà; don Emilio Luís López e Josefina González, Directores que foron deste programa en épocas anteriores. Dámoslles a ben-vida e comezamos, coma sempre, cunha peza de música tradicional galega.



Deseguida se incorporan á nosa tertulia-charla-coloquio-celebración outras persoas que queren participar connosco desde Aniversario: dona Mireia Navarro, Directora de Radio Cornellà, don Alfonso Rico, Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro, dona Amparo Centeno..., e facemos a primeira conexión-comunicación con Galicia, para falarmos con outro colaborador asíduo e moi vinculado con esta nosa Radio: Kike Fernández.


Novamente comunicámonos con Galicia; nesta ocasión para falar co noso colaborador semanal Xulio Simón. Intercambiamos impresións entre todos e saudámolo cordialmente.


Unha sorpresa inesperada e moi gorentosa é a comunicación con Armando Fernández, un dos máis antigos comunicadores de radio en Galego nas emisoras de Cataluña. Foi o primeiro, xunto con Paquita, en Radio Florida - de Hospitalet -, os que puxeron en marcha esta xeira de comunicación en galego. Fálanos dende Padrón, que está coas festas de "A Pascua" e pasamos a ter unha cálida e agarimosa conversa con Masito Beiró, un antigo colaborador moi aprezado por todos nós e moi especialmente pola nosa audiencia. Posiblemente voltemos a retomar as antigas conversas e crónicas que nos facía en tempos atrás.


A ultima conexión é co Sr.Alcalde de Lobios, don Xosé Lamela, que foi anteriormente Director deste programa, e ponnos en contacto con don Domingo Glez Lopo e Xan Leira, Catedrático de Historia e Productor, Realizador, EScritor e Director de Cine, respectivamente, que nos fan unha pequena síntese do que estaban a celebrar na Aula de Cultura dese Concello: A emigración galega desa zona a Lisboa. Un interesantísimo tema que nos prometen traguer aquí, a Cataluña, para un mellor coñecemento e disfrute.


Despedímonos ata a vindeira semana, desexando que volten a escoitarnos, xa que tentaremos de finalizar esta tarefa de "Celebración do noso 25 Aniversario", coa participación doutras personar que pasaron por este programa e seguiremos a agasallar aos nosos oíntes coa entrega dos reloxos que aínda nos queden.

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...