sábado, 27 de xaneiro de 2024

SÁBADO 27 de XANEIRO do 2024

Outro programa máis con todos vosoutros. Despois da sintonía, as salutacións e un bocadiño de música conectamos coa Rolda de Prensa que está a realizarse no Hotel Front Air Congress de Sant Boi. Falamos con Juan Pedro Sánchez, Presidente de ASOBECAT e co Vicepresidente Alfonso Miguel, que nos informan da celebración do "XX Festival del Botillo 2024 en Cataluña" previsto para o día 17 de febreiro próximo, xunto cos nomeamentos "Homenaxeados Bercianos Ilustres 2024", que corresponderán a don Javier Álvarez, propietario da Adega Almázcara Majara. Berciano literario ilustre a don Juan Pablo Gándara de Torén e ao Concello de CORULLÓN. Desexamos que teñan moitos éxitos nesta celebración tan excepcional.

A seguinte comunicación é con don RUBÉN FERNÁNDEZ, da CASA CASTELAO, na Fonsagrada, a quen felicitamos porque o Concello acaba de concederlles o Butelo de Ouro pola súa tarefa a prol da Feira do Butelo nesa localidade Luguesa. Tamén o felicitamos polas grande labor industrial e emprendedora que está levando a cabo nesa localidade. Agradecémoslle a súa intervención no programa de hoxe.

Recibimos a Crónica semanal do noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY, que nos fai partícipes das novidades e noticias que suceden naquela contorna, que é un resumo das que se poden atopar na súa paxina quepasanacosta.gal. Tamén nos volve a lembrar que este noso programa reemítese mañá, domingo na emisora "Radio Roncudo". Agradecémoslle a súa estimada colaboración.

Despois poñémonos en contaco co noso "colaborador-correspondente viaxeiro" XOAN ARCO DA VELLA, que nos pon ao corrente dalgunhas visitas de grande interese cultural. Sempre ten algunha novidade e curiosidade que os nosos oíntes e seguidores agradecen, e así nolo comunican por medio dos correos e das súas intervencións. Seguiremos en contacto e desexamos que siga nesa tarefa tan importantes para nosoutros, que tanto valoramos.
 

Conectamos novamente con Galicia para falar coa Señora Alcaldesa de Castro Caldelas, dona SARA INÉS VEGA NÚÑEZ, que nos fala da grande Festa dos Fachos celebrada recentemente e doutros asuntos moi interesantes relacionados con ese concello Ourensán que ela dirixe. Desexamos que teña moita sorte e que siga colleitando moitos éxitos.

Despedímonos ate o vindeiro sábado e desexamos que teñan unha feliz semana.

Para finalizar escoitamos a crónica do noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN, que sempre nos ten preparada unha intervención cultural moi axeitada que remata coa escoita dunha peza musical moi acaída.

 

Tamén deixamos aquí o programa completo.


sábado, 20 de xaneiro de 2024

SÁBADO 20 de XANEIRO do 2024

Comezamos unha nova emisión deste programiña de dúas horas de Radio en Galego coa nosa sintonía de sempre, as salutacións semanais a tódolos nosos oíntes e seguidores e despois de escoitar un bocadiño de música, poñémonos en contacto co primeiro convidado, don XOSÉ BENITO REZA, Enxeñeiro de montes e escritor celanovés. Mantemos unha conversa moi engaiolante relacionada coas moitas actividades que se están a celebrar na Casa dos Poetas de Celanova, que é a sede da Fundación Curros Enríquez. Danos a coñecer a recente presentción dun libro de Xosé-Henrique Costas: Ao sur da liberdade, e tamén da publicación da revista que el mesmo dirixe: "A Xanela", concretamente o nº 3. Unha publicación dedicada á divulgación do patrimonio natural e cultural, que recolle unha serie de artigos moi interesantes, coa participación de plumas moi recoñecidas. Axúdanos a coñecer un pouco máis aquela contorna e agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe.


A segunda intervención é a de MONTSE RIVERA, unha das fundadoras do Grupo de cantareiras e pandereteiras LEILÍA, que veñen de despedirse dos escenarios o día 13 deste mesmo mes, cun Concerto no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. Un exitazo. Mantemos unha cativa conversa para felicitala e aproveitamos para desexarlle moita sorte e moitos éxitos nesta nova andaina que continuará realizando como Profesora e impartindo obradoiros de baile, canto e pandereta. Os traxes tradicionais galegos e outros obxectivos nos que segue a traballar. Poderemos contar coa súa presencia precisamente na Asociación Cultural Irmandade Galega de Rubí a partir da próxima semana, que virá a impartir unhas clases. Promete asistir tamén ao "Serán de Inverno" previsto para o día 27 deste mes de xaneiro no Centro Galego de Barcelona.

 

Conectamos agora con ALBERTO, da Asociación TREBON DO MILDEU, en Albarellos, que hoxe mesmo están preparando a actuación, que lle chama "PRE-Entroido",  e que consiste nun desfile dos compoñentes e participantes cos seus bombos e coas chocas do Entroido, percorrendo as rúas de localidade e armando un folión extraordinario que finalizan coa degustación e xantar nocturno consistente e bocadillos de "porco ao espeto" e outras viandas, acompañas co viño da zona (D.O.Verín) e chupito de licor café, para aclarar a garganta. Agradecémoslle a súa información e desexámoslle que teñan unha feliz celebración.


Informamos agora da próxima Inauguración da Exposición e Mostra: "Alfonso X El Sabio e Galicia", prevista para o día 25 de xaneiro ás 18:30 horas no Edificio Histórico da Universidade de Barcelona, e que contará coa participación e intervención dun grupo de gaiteiros da A.C.G.Rosalía de Castro. Outra celebración moi importante é a "Concentración Conxunta" nas Estacións de Tren "Sants de Barcelona e Monforte de Lemos en Lugo", para o día 27 deste mes ás 12 do mediodía, para reclamar e pedir que se volva a poñer en marcha o servicio de Tren Nocturno a Galicia, como tiñamos denantes do "Covid-19". Tamén damos a coñecer a celebración da Rolda de Prensa que terá lugar ese mesmo día 27 pola tarde, concretamente ás 18h no Hotel Front Air Congress de Sant Boi de Llobregat, na que se informará da celebración do "XX FESTIVAL DEL BOTILLO 2024 EN CATALUNYA".

Recibimos a GUMER PORTAS, de Radio Lalín, que nos pon ao corrente das moitas e importantes celebracións que se están a realizar con motivo da "LVI Feira do COCIDO de LALÍN", prevista para o 4 de febreiro, pero que dende o día 12 deste mes de xaneiro sucédense unha man chea de eventos relacionados con este evento: O mes do cocido, a Alvariza (Exposición e venta de Mel), o Divercocido (sai un porco polas rúas da vila para convidar aos cativos a unha festa-xuntanza na Carpa principal da Festa), A Matanza Tradicional, Presentación e Exposición de Arte, Entrega de Premios... Agradecémoslle a súa aportación e seguiremos en contacto.

Continuamos o programa conectando co poeta da Mariña Luguesa PACO RIVAS, que sempre ten preparada unha aportación creativa e poética moi interesante. Nesta ocasión agasállanos a tódolos nosos oíntes e seguidores coa lectura e declamación de dous poemiñas curtos de grande beleza.

Recibimos a crónica do noso correspondente das Rías Baixas, concretamente en Combarro, Xulio Simón, con novidades culturais interesantes.

E despedímonos ate o vindeiro sábado á mesma hora. Aquí deixamos o programa enteiro.

sábado, 13 de xaneiro de 2024

SÁBADO 13 de XANEIRO do 2024

Primeiro programa deste recen encetado dous mil vintecatro. Saudamos a tódolos nosos oíntes e seguidores e despois de escoitar un bocadiño de música poñémonos en contacto co recén "fichado" colaborador XOAN ARCO DA VELLA. Fálanos do seu percorrido de hoxe, para documentar, fotografar e dar a coñecer algúns recunchos da nosa Galicia. Algúns deles moi agochados e moi interesantes, sempre parte do noso patrimonio cultural. Nesta ocasión complácenos escoitar cómo nos describe algún dos petos de ánimas que te visitado e recollido na súa páxina que recomendamos visiten: xoanarcodavella.com. Ten rexistrado nada menos que máis de 5 millóns de visitantes. ¡Parabens por esa dita, Xoan! Moitas grazas e ate a semana que ven.

Falamos agora con CHUS LAMA, Filóloga e Profesora no Departamento de Galego na Universidade de Barcelona que nos informa moi brevemente da inauguración de Exposición "Afonso X e Galicia", prevista para o xoves próximo día 25 de xaneiro, no edificio histórico da Universidade de Barcelona. Unha actividade promovida polo Consello da Cultura Galega, na que participou moi activamente o Departamento de Galego da Universidade de Barcelona, e por eso felicitamos a Chus pola súa aportación. Na mesma inauguración actuará o Grupo de Gaitas da nosa Asociación C.G.Rosalía de Catro de Cornellà. Tamén están previstas diferentes actividades relacionadas con este evento. Teñen un programa moi extenso que comprende a realización de Conferencias, Concertos, presentación de libros... etcétera. Agradecémoslle a súa participación no noso programa.

A seguinte intervención é con PILAR ANSEDE, Presidenta do CENTRO GALEGO DE BARCELONA, que nos informa de diferentes actividades que está a desenvolverse, concretamente hoxe mesmo estan a impartirse un Taller de Canto Tradicional a cargo da Profesora CECILIA SAENZ. Tamén teñen programado un "Serán de Inverno" onde participarán moitas Entidades Galegas.

Conectamos novamente con Galicia para poñernos en contacto con ROSANA PRIETO FLORINES, Guia turística e responsable política do BNG da zona Sur de Lugo. Infórmanos da celebración dunha "Concentración Simultánea" que está convocada para o día 27 de xaneiro ás 12h en SANTS (BCN) e Monforte de Lemos, para recuperar os trens nocturnos que tiñamos de Barcelona a Galicia, suspendidos dende a aparición do Covid. A convocatoria está prevista que teña unha afluencia de importancia, non só en Monforte de Lemos (Galicia) senón tamén na estación de Sants (BCN). Compre que asistan moitas persoas, non só galegos, xa que é unha reclamación que tamén lle interesa a moitos cidadáns doutras localidades intermedias de Castela e León, Argaón e mesmo Cataluña. Este era un medio de transporte moi empregado polos galegos pola comodidade do desplazamento nocturno. Agradecémoslle a información e seguiremos en contcto para continuar informando e solicitando a participación cidadana.


Recibimos a colaboración do Poeta da Mariña Luguesa, PACO RIVAS, que sempre ten unha actuación interesante. Nesta ocasión, ademais de desexarnos un feliz ano a todos, agasállanos coa lectura dun seu poema adicado ás máscaras. ¡Gracias Paco!

Recibimos a crónica da nosa correspondente nos Ancares Lugueses, FERNANDA FOLLANA NEIRA, que nos fala da posta en valor e adquisición de dous castelos da zona, moi interesantes, xa que un deles se cnvertirá en escola de cociña tradicional galega. Despedímola ate o vindeiro sábado.

A colaboración de XULIO SIMÓN, dende as Rías Baixas, concretamente dende Combarro, está precedida dunha peza musical que el mesmo elixe, así como a despedida. Moi interesante as reflexións e comentarios relacionados co que está a suceder nas praias galegas... "Outra máis"... e algunha novidade máis que podedes escoitar aquí.

Despedímonos ate o vindeiro sábado, disculpando a non participación do noso correspondente na Costa da Morte, Oscar Rey. Sentimos moito a súa falta de hoxe, pero tiña certas obrigas persoais e non puido ser. Seguramente que o suplirá o vindeiro sábado. Desexamos que teñan unha feliz semana.




SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...