domingo, 16 de marzo de 2014

Sábado 15 de marzo do 2014

Outro programiña máis con vosoutros tentando ofrecervos agradables estas dúas horiñas de radio en galego. Hoxe non teremos a asidua conexión semanal coa Baixa Limia, porque o noso correspondente Xosé Lamela non está accesible... Posiblemente a vindeira semana xa o teremos en antena, con algún convidado especial. Comezamos coa proposta de escoitar un bocadiño de música do Grupo BERROGÜETTO, para lembrar a Xira de despedida que están preparando. Tentaremos poñernos en contacto con algún dos seus compoñentes para que nos expliquen algo sobre esa decisión tan drástica. 
 Aproveitamos a ocasión para falarmos da celebración do Día da dona na A.C.G. Rosalía de Castro, coa impartición dunha Conferencia a cargo do Presidente da Fundación Rosalía de Castro en Padrón, don ANXO ANGUEIRA

 Na segunda hora comunicámonos co noso correspondente XULIO SIMÓN, en Combarro, que nos ofrece unha serie de informacións cheas de moito contido cultural e literario. 

 Antes de finalizar o programa voltamos a ofrecerlles outro bocadiño máis de música galega que seguro será do voso interese.

 A vindeira semana máis e, se podemos, mellor.

mércores, 12 de marzo de 2014

sábado 08 de marzo do 2014

Unha semana máis con todos vosoutros, tentando levar adiante este programiña en língua galega, con todo o equipo ao completo: Nos controis técnicos MARC Fort, e nas locucións e conversas LAURA Santos, Armando Fernández e X. Couxil. Comezamos, coma sempre, escoitando un chisco de música para recibirmos a comunicación con AMELIA Fernández, membro do Consell de la Dona en Cornellà, e Directora do Grupo de Teatro "Anduriña" da A.C.G.Rosalía de Castro, que nos informa duna motea de ACTIVIDADES que se están a realizar con motivo do día Internacional da Muller Traballadora, e que verá como Conferencia Estrela a intervención de don ANXO ANGUEIRA, na nosa Entidade o vindeiro sábado día 15 de marzo, e adiántanos que habrá alguna sorpresa moi "suculenta". 

 Despois falamos con JUAN, Presidente da A.C.G.AGARIMOS, de Badalona, que veñen de recibir o 1º Premio de Comparsas do desfile de Entroido na súa localidade, e aproveita para convidarnos á "FEIRA do POLBO" da vindeira fin de semana, e fainos a precisión de que non só haberá pulpo, senón que tamén se poden degustar moitos productos galegos de calidade: orella, lacón, cachucha, marisco, bacallau... ... etcétera. 

 Unhas poucas noticias de interese e aproveitamos para escoitar un chisco de música. 

 Na segunda hora, coma sempre, conectamos coas Rías Baixas e falamos co noso correspondente en Combarro XULIIO SIMÓN, que nos informa dunha serie de cousas moi interesantes relacionadas coa nosa cultura. 

 Falamos, despois con don JOSÉ RODRÍGUEZ CRUZ, un historiador, etnógrafo e articulista do diário O SIL (Comarca de Valdeorras), que nos informa da súa participación na mostra de Peliqueiros e outras entroidadas en SADA (A Coruña). Agradecémoslle a súa intervención e prometémonos voltar a falar con el para que nos siga ilustrando coa súa sabenza respecto das moitas cousas que investiga e realiza. 

 A vindeira semana máis e, se cadra mellor...

Programa do día 01 de MARZO do 2014

Despois de darlle a ben-vida a tódolos seguidores e oíntes, comeza esta emisión dirixindo ARMANDO FERNÁNDEZ. Tiven que desprazarme a Galicia e ese é o motivo da miña ausencia. De tódolos xeitos o programa levámolo adiante...
Comezan as comunicacións e deseguida conecta con ANA de LEILÍA, e comentamos con ela a próxima actuación que terán en ARZÚA, con motivo da 39 FEIRA-FESTA do QUEIXO desa localidade. Agradecémoslle a súa desinteresada aportación.

A seguinte conversa-entrevista é con don XOSÉ LUÍS GARCÍA, Alcalde de ARZÚA, que nos dedica uns minutiños para poñernos ao día desa grande celebración que teñen na súa localidade, esta fin de semana, con exposicións, mostras, degustacións, música e moitas cousas máis. Agradecémoslle a súa disponibilidade e atención para con nosoutros e despedímolo desexándolles moitos éxitos na 39 edición desa Festa-Feira do Queixo.

A ultima intervención, conversa ou entrevista é con XOAN LUNA, componente de A PINTEGA MARELA, en Madrid, que nos informa dunha serie de actividades relacionadas con esa Entidade, e que teñen moito que ver coa colaboración desinteresada e solidaria que eles realizan. Agradecémoslle a súa intervención. Escoitamos un bocadiño máis de música antes de despedírmonos ate o vindeiro sábado.



SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...