sábado, 17 de marzo de 2012

Sábado 17 de marzo

No programa de Hoxe temos algunhas novidades e "primicias" para tódolos nosos oíntes e seguidores. Conectaremos con Galicia para falarmos co noso correspondente na Baixa Limia: Xosé lamela, que nos presentará ó seu convidado de luxo: don Francisco Rodríguez (Paco), Alcalde de Ourense. Despois recibiremos no estudio a dúas gaiteiras noviñas, Paula e Sara, de catorce e once anos respectivamente. Veñen acompañadas de Mª do Carmo Rigueiro, mai de Paula e da súa avoa. Tamén conectaremos con Galicia, unha vez máis, para falarmos de poesía con MªNeves Soutelo e con Manuel L.Rodrígues. E durante estas dúas horiñas pretendemos darlles a coñecer o ultimo traballo de "QUEMPALLOU", que nos acaba de chegar, recén publicado.

Así pois, coa compañía de ARMANDO FERNÁNDEZ, comezamos a emisión de hoxe ofrecéndolles a primeira peza dese ultimo disco de QUEMPALLOU: Vellas Novas, Foliada do Viño. A seguir conectamos con Galicia e falamos con Xosé Lamela e co Sr.Alcalde de Ourense, don Francisco Rodríguez. Escoitade as súas intervencións.


A seguir dámoslle a ben-vida a PAULA e SARA, dúas promesas gaiteiras cheas de xuventude e de moita arte. Interpretan unha primeira peza: Pasodoble de Mallou. Unha verdadeira ledicia escoitalas e velas cómo tocan. Falamos un chisco con elas e ademais de comentar algunhas cousas tamén nos din a quen queren imitar...


Novamente conectamos con Galicia, e nesta ocasión con Manuel L. Rodrígues, que nos presenta a unha poetisa, dona María Neves Soutelo, Licenciada en Historia pola Universidade de Santiago, que ven de publicar un libro de Poemas titulado:Diáspora. Mantemos unha conversa moi interesante e recibimos como agasallo a declamación de dúas das súas crecións poéticas. Agradecémoslle-lo e contamos poder voltar a falar con eles en vindeiras ocasións. Despedímolos con outra peza do grupo Quempallou, que mencionabamos ao comezo da nosa emisión: Vellas Novas.


Pedímoslle a Paula e a Sara que nos volvan a deleitar coa súa interpretación musical gaiteira e agasallánnos tocando "A Camposa". Unha nova sorpresa chea de engado e moi boa realización. Felicitámolas e desexámoslles que sigan traballando nese eido que seguro lles enche de satisfacción e que lles reportará moitísimos éxitos. Ogallá que voltemos a contar coa súa participación no noso programa en vindeiras ocasións. Graciñas, Paula e Sara. E tamén moitas gracias a MªCarmen por traernos este agasallo para tódolos nosos oíntes e seguidores, e que nós trasladamos a tódolos XOSÉS, como felicitación pola súa honomástica, que celebrarán o vindeiro luns.

E coa ultima peza de Quempallou despedímonos de todos desexando que volten a conectar coa nosa sintonía o vindeiro sábado, que tentaremos facer outra vez un programa entretido, cando menos igual e, se podemos, mellor. Ata a vindeira semana.

luns, 12 de marzo de 2012

10 de MARZO do 2012

Sábado 10 de Marzo

O programa deste serán ofrecémosllo grabado no estudio 2 da nosa Radio. Hoxe faise un acto de importancia relevante na nosa "A.C.Galega Rosalía de Castro" : Día da Dona, e temos a obriga de asistir e participar nel. Para nosoutros é unha honra podermos colaborar neste acto adicado ás donas. Esté previsto que faga unha conferencia o señor Jordi, falando da poesía e nosoutros estamos convidados a declamar dúas composicións poéticas. Polo tanto o programa de hoxe emitirase despois da grabación que fixemos. Agardamos que sexa do seu agrado.
Nestes primeiros compases tentamos falarlles da vindeira inauguración ou máis ben da "reposición" do programa: "Galegos no Baix", que comezarase a emitir, no 89.4 da FM (Radio Sant Boi) a partir do vindeiro martes día 13 dende as Catro ata as Cinco. Tódolos martes de catro a cinco. A dirección correrá a cargo do noso colaborador Armando Fernández, e contará coa colaboración de Masito Beiró e Xosé Manuel Montes, dende Galicia. Desexámoslle grandes éxitos nesta nova tarefa.


A seguir comunicámonos con Xosé Lamela, que nos fala dos prolegómenos do Congreso do PESOEG que se está a celebrar en Santiago de Compostela, para elixir ao Secretario Xeral do partido.


Comunicámonos con Xosé Manuel Montes, que nos adianta a súa participación no programa de Armando en Radio Sant Boi: "Galegos no BAIX". Unha persoa desinteresada que sempre se amosou partícipe e colaborador en todo. Agradecémoslle a súa disponibilidade e seguro que será un correspondente extraordinario, dende Monforte de Lemos, para todos nosoutros.


Falamos agora con ALFONSO RICO, o novo Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro, que nos pon ao corrente das actividades previstas realizar: A Conferencia de hoxe mesmo, un próximo Campeonato de Brisca, outra Conferencia prevista para as Letras Galegas no mes de maio, a Festa de Can Mercader, os días 8, 9 e 10 de xuño, a estrena dunha obra de teatro do grupo "Anduriña" o vindeiro día 16 de xuño... ...


Rematamos o programa coa audición dalgunhas pezas de música axeitada para despedírmonos despois de convidalos a participar nos Actos previstos para este serán na sede de Rosalía de Castro.
Agardámolos a vindeira semana, que voltaremos a facer o mesmo e se for posible moito máis e mellor.

luns, 5 de marzo de 2012

sábado 3 de MARZO do 2012

Emisión do 3 de MARZO
 Comezamos o programa dándolle un adianto, aos nosos seguidores, do que tentamos facer nestas dúas horiñas de radio en galego. A primeira intervención-comunicación con Galicia é para falarmos con Xosé Lamela e coa súa convidada proposta, dona Mª do Carme Acuña do Campo, Diputada no Parlamento de Galicia. Falamos da súa pregunta no Parlamento relacionada coa supresión das "Urxencias de Farmacia" en Bande.


Novamente comunicámonos con Galicia, e nesta ocasión con Juan Carlos Barral, da Queixería Barral, en Arzúa, para falarmos da "37 Festa do Queixo de Arzúa-Ulloa".


Recibimos no estudio a Hermitas, Conchita e Manuela, socias da "Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro" que nos veñen a falar dunha serie de actos que teñen preparados para conmemorar o "Día de la dona", na Entidade e na cidade de Cornellà. Convídannos a asistir o vindeiro sábado día 10 para que asistamos á Conferencia que se realizará no Centro e á posterior degustación de diversos productos gastronómicos confeccionados por elas mesmas (empanadas, tortillas, pinchos, filloas, bizcoitos, rosquillas, orellas de entroido...). Tamén aproveitamos para falarmos con Xaquin García Couso, ex-Alcalde de Arzúa, e socio fundador da Asociación C.G.Rosalía de Castro. Coméntanos varias cousas relacionadas coa Festa do Queixo de Arzúa-Ulloa.


Na segunda hora conectamos coas Rías Baixas, Combarro concretamente, onde se atopa o noso estimado colaborador Xulio Simón, que nos fai un percorrido escollido por algunhas interesantes novidades relacionadas coa nosa cultura.






Rematamos escoitando unha última peza do disco que nos envía "María do Ceo", editado por Zouma-Records, e desexando que volvan a conectar con nosoutros a vindeira semana.

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...