luns, 28 de outubro de 2013

sábado 26 de OUTUBRO

Aínda está en construcción a nova páxina web do noso programa e polo tanto seguimos a traballar. En primeiro lugar convidamos a tódolos nosos oíntes para que asistan á Asemblea Informativa que convoca a A.C.G.Rosalía de Castro, precisamente despois do noso programa. Lembrámoslles que do 1 ao 9 de Novembro a Entidade ten previsto realizar a semana da SOLIDARIEDADE, e moi específicamente o día 2 co "MAGOSTO Solidario", no que se recollerán aqueles productos non perecederos que aporten, para o Banco de Alimentos. 
Comezamos a progamación de hoxe coa conexión de sempre, na Baixa Limia, falando con XOSÉ LAMELA, que nos presenta ao contertulio convidado XAVIER PAZ, responsable da Livraría Torga (Ourense) e coordinador das XXV Xornadas de BD de Ourense. Unha conversa-entrevista chea de engado. 


E falando de informacións, votamos man das que nos chegan á nosa Redacción.



 Seguimos, na segunda hora con informacións relacionadas coa cultura galega e moi especialmente coa nosa Língua, xa que comentamos con certa distinción, o Premio Nacional de Poesía Española 2013, outorgado a don MANUEL ALVAREZ TORNEIRO, pola súa obra: "Os ángulos da Brasa". 


Tamén comentamos algunha cousa máis, relacionada coa Língua Galega e outras noticias interesantes.



  Continuamos con diferentes comunicacións e novidades que chegan á nosa Redacción. 
 

Rematamos e despedímonos de tod@s, desexando que volvan a conectarnos a vindeira semana.

domingo, 20 de outubro de 2013

19 de outubro do 2013

Dámoslle a ben-vida a tódolos nosos oíntes e seguidores, o equipo ao completo. Despois de escoitar unha peza de música galega conectamos con Galicia, concretamente coa Baixa Limia, coma sempre, para falarmos co noso correspondente XOSÉ LAMELA, que nos presenta ao contertulio de hoxe: MANUEL PAZ, un traballador desinteresado e incansable cheo de inquedanzas e xeneroso na súa dedicación aos seus conxérenes, en especial aos de LOBIOS. Mantemos unha conversa moi agradable.

Novamente conectamos con Galicia, nesta ocasión para falarmos con SALVADOR ALHO, un dos responsables da Asociación DORNA, da Illa de Arousa, que nos pon ao corrente das moitas actividades que están a desenrolar e fainos saber das súas dificultades con relación ás embarcacións tradicionais que teñen. Prometémonos volver a falar con el para ternos ao día das súas inquedanzas.

Na segunda hora comezamos coa noticia musical que nos pormenoriza LAURA SANTOS, dándonos a primicia que vai a ter lugar en Santiago de Compostela, da próxima presentación do disco GALIZA, do músico Kepa Junquera. Despois conectamos coas Rías Baixas, en Combarro recíbenos o noso correspondente XULIO SIMÓN, que nos ten preparado unha serie de informacións moi interesantes relacionadas entre sí, comezando co Centenario de Vinicus de Morais, e seguindo con efemérides moi interesantes da cultura Catalana, Galega, Castelá e Internacioanl. Paga a pena escoitalo. Despedímolo precisamente con música de Vincius de Morais.

Antes de rematar o programiña deste serán, falamos co noso poeta da Mariña Lucense, PACO RIVAS, que nos ameniza a conversa cunha serie de divagacións interesantes e comentarios ao uso sobre a situación social actual. Despois, declámanos algunha das súas creacións poéticas, coma sempre, para facernos desexar voltar a escoitalo a vindeira semana.

¡Que teñades unha semana chea de engado! 
¡Voltaremos o vindeiro sábado!
¡Agardámosvos!

luns, 14 de outubro de 2013

Segundo programa desta tempada 2013-14

SABADO 12 de OUTUBRO do 2013

Comezamos dándolle a ben-vinda a tódolos nosos oíntes e seguidores, presentándolles o noso equipo de traballo (Armando Fernández, Laura Santos, Marc Fort e un servido de vostedes) e adiantándolles o que pretendemos levar a cabo nestas dúas horiñas de radio en galego.
A nosa primeira comunicación é coa BAIXA LIMIA, como era habital na anterior tempada, e falamos co noso correspondente XOSÉ LAMELA, a quen saudamos con moito agarimo e agradecémoslle as súas aportacións e colaboración desinteresada.


Despois poñémonos en contacto con CARMEN, da Vivenda Rual XANELA DA LÚA, que nos pon ao corrente da oferta especial OUTONOS GASTRONÓMICOS, na que participa en combinación con TOUR GALICIA. A verdade é que paga a pena visitala e disfrutar da estancia en LIRA.


Conectamos con don ALFONSO RICO, Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro, para que nos informe das diferentes actividades que se están a desarrolar na Entidade e das que están previstas realizar neste ultimo trimestre do ano e convídanos a participar na vindeira realización do MAGOSTO SOLIDARIO que se realizará o vindeiro día 2 de NOVEMBRO na Asociación.



Na segunda hora conectamos novamente con Galicia, e como cada semana falamos con XULIO SIMÓN, o noso correspondente nas Rías Baixas, en Combarro. Sempre nos ten preparada unha selección Cultural moi interesante e feiticeira, chea de novidades e con moita documentación.



Antes de rmatar o programa conectamos novamente co noso Poeta da Mariña Lucense, PACO RIVAS, que nos deleita coa súa conversa e agasállanos coa declamación dalgunhas das súas creacións poéticas.



Agardámosvos a vindeira semana. Non faltedes. Teremos moitas novidades e sorpresas para tod@s.


Programa especial dedicado ao CAMPO de TRABALLO de QUINTÁ DE CANCELADA

5 de outubro do 2013

Este programa foi dedicado integramente ao Campo de Traballo Internacional que se realizou este ano 2013 no SENDEIRO de QUINTÁ DE CANCELADA - RÍO DONSAL, en Lugo. 
As diferentes intervencións e participacións podedes escoitalas, de momento no link de IVOX que está na marxe esquerda do noso blog. Tan axiña como poida colgaremos, un pouco máis estructurado o Programa, como vimos facendo cada semana. Estiven ausente uns días e teño este "traballo" algo atrasado, pero prometo actualizalo canto antes...

Agradézovos a vosa pacencia e dedicación...


SÁBADO 30 de NOVEMBRO do 2024

Outro programa máis con todos vosoutros. Nesta ocasión tivemos que "enlatar" as intervencións, por mor da nosa participación na pr...