luns, 22 de xuño de 2015

Sábado 20 de XUÑO do 2015

No programa de hoxe non contaremos coa participación de Laura Santos e Armando Fernández, por mor de certas obrigas persoáis de ámbolos dous, pero coidamos que faremos unha emisión digna e chea de contidos. En primero lugar achegámonos á Baixa Limia, para que o noso correspondente XOSÉ LAMELA, nos presente ao contertulio de hoxe, que ven de ser elixido ACADÉMICO da Real Academia das BELAS ARTES de GALICIA, don JOSÉ MARÍA EGUILETA FRANCO. Con eles mantemos unha conversa chea de aprendizaxe e moitos coñecementos. 

 Na segunda hora conectamos coas Rías BAIXAS, concretamente con Combarro, onde se atopa o noso colaborador XULIO SIMÓN, que tamén nos presenta outro contertulio, Sr.EVARISTO, un cetreiro de Cambados, que está preparando unha exibición desta especialidade tan interesante, nesa localidade, con motivo da celebración duns festexos medievais na propia localidade na que se atopan. Agradecémoslle a súa aportación. 

 Xa para rematar, conectamos co noso Poeta da Mariña Lucense, Paco Rivas, que nos fala da presentación da 4ª entrega do DICCIONARIO DO MAR, e da recente presentación do seu libro infantil "TRACA-TRACO", de Edicións do Cumio, que nos mesmos prometemos adquirir para difundilo e escoitalo entre todos os nosos oíntes e seguidores. 

 A vindeira semana non estamos seguros de poder ofrecerlles outro programa máis, en directo, pero garantizámoslles unha emisión de dúas horas en galego, entretidas e cheas de mensaxe. Agardámosvos.

sábado, 20 de xuño de 2015

Sábado 13 de XUÑO do 2015

Comezamos o programa conectando con Galicia, concretamente coa Baixa Limia, para falar co noso correspondente XOSÉ LAMELA, que nos presenta ao contertulio de hoxe, RAFAEL RODRÍGUEZ VILLARINO, Alcalde do Concello de Amoeiro, e cos que mantemos unha conversa moi interesante.


A segunda comunicación é con Abrahám e Xavier, responsables e coordinadores do ATLAS DOS POVOS EUROPEOS. Fan unha extensa e interesante exposición esta publicación e doutras importantes aportacións. Desexamos que sigan nesa teima de aportación cultural galega e seguro que voltaremos a manter conversas máis a miúdo con eles, para que nos informen delas.



Comunicámonos con JUAN, da Asociación Cultural Galega AGARIMOS, de Badalona, que nos informa da celebración da "FESTA GALEGA" que se realizará a vindeira fin de semana esa localidade. Desexámollle moitos éxitos e seguiremos informando das súas actividades.



Como colofón ao noso programa de hoxe, conectamos con PACO RIVAS, para que nos deleite con algunha das súas composicións poéticas. Agradecidos, despedímonos ate a vindeira semana.

luns, 1 de xuño de 2015

30 de MAIO do 2015

Comezamos o programa de hoxe conectando coa Baixa Limia, coma sempre, para que o noso correspondente XOSÉ LAMELA nos presente ao ilustre contertulio PADRE FONTES de Montealegre, Terras do Barroso, na Raia de Portugal. Unha conversa-entrevista que nos axuda a coñecer un chisco máis aquela zona e as moitas actividades culturais que desenvolven.


Na segunda hora falamos con XULIO SIMÓN, o noso correspondente nas Rías Baixas, con quen recibimos unhas clases cheas de documentación e aprendizaxe. 


Tamén aproveitamos para falar con MANUEL RODRÍGUEZ JULIÁN, que nos relata as celebracións previstas pola A.C.G.Rosalía de Castro, con motivo da FESTA GALEGA de Can Mercader (35 Aniversario), para os vindeiros días 5,6 e 7 de xuño, coincidindo coa Festa Major de Cornellà.


Terminamos o programa informándolles de varias novidades que chegan á nosa Redacción e despedíndonos ate o vindeiro día 13 de xuño, que os convocamos a que volvan a escoitarnos.  
Precisamente porque se celebrarán as festas, a vindeira semana non haberá programa. Así que desexamos que volvan a sintonizarnos a segunda fin de semana de xuño. Aquí estaremos para ofrecerlles outro programiña máis, en galego.

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...