domingo, 25 de novembro de 2012

24 de NOVEMBRO do 2012

Unha semana máis voltamos a realizar este noso programiña de radio en galego. ¡Gracias a tódolos nosos seguidores, que nos animan a continuar con esta tarefa tan engaiolante e entretida, coa que pasamos dúas horiñas cheas de informacións, música e novidades relacionadas coa nosa cultura galega! 
Na primeira hora conectamos coa BAIXA LIMIA, para falarmos, coma sempre, con XOSE LAMELA, o noso correspondente e ademais amigo e colaborador, que nos adianta algo relacionado coa "Semana Cultural da A.C.G.Rosalía de Castro" e cos seus Premios de Poesía "Rosalía de Castro de Cornellà", que chega á súa XXVI Edición, e de Prosa "Rosa Reboredo"



 Conectamos con ARMANDO FERNÁNDEZ, que nos fai de corresponsal en Badalona, onde están a celebrar o XV Aniversario da Asociación Cultural AGARIMOS, e a homenaxe a don XESÚS GALÁN, poeta, gaiteiro e profesor dos compoñentes do Grupo de Gaitas da devandita Asociación. 

  
 Deseguida voltamos a conectarnos con Galicia, pero nesta ocasión con VIGO, onde se atopa a Profesora, artista e grande intérprete de ARPA, dona MARTA QUINTANA, coa que mantemos unha amena conversa-entrevista sobre o seu traballo e traxectoria musical. Agradecémoslle a súa atención e como é a primeira vez, contamos poder voltar a comunicarnos con ela noutro momento para que nos ofreza algún dos seus próximos traballos ou proxectos, que ten previsto publicar. 



 Na segunda hora, e para rematarmos o programa de hoxe, conectamos coas Rías Baixas, onde se atopa o noso colaborador semanal XULIO SIMÓN, que nesta ocasión, e entre outras cousas, fálanos da homenaxe que lle están a ofrecer a don XESÚS ALONSO MONTERO, en Ribadavia. Aproveita para facer un percorrido biográfico da súa persoa e ofrécenos a lectura dun texto moi interesante. 



 A vindeira semana máis e mellor, se podemos, claro. 

¡¡¡ Agardámolos a todos !!!

domingo, 11 de novembro de 2012

10 de NOVEMBRO

Hoxe comezamos comentándolles as novidades e propostas para escoitar durante estas dúas horiñas de radio en galego. Non poderemos contar con Xosé Lamela, nin tampouco con Xulio Simón, os nosos correspondentes en Galicia. Certas obrigas personais e outros compromisos impídenlle poder atendernos. A vindeira semana voltaremos a telos con nosoutros, seguro.
Aproveitando a amizade e colaboración que nos ten dispensado SUSO DÍAZ, da Baixa Limia, conectamos con el. Unha conversa moi interesante e amena, na que nos pon ao corrente das celebracións dos "ARRAIANOS" e doutras cousasa importantes, como a publicación do libro VIEIROS DE PALABRAS, que se pode encargar á librería CONDE, de Celanova.


Recibimos, nos estudios, a AIDA e HECTOR, irmáns gaiteiros de A.C.G.AGARIMOS, de Badalona. Sempre son ben-vidos os nosos contertulios, pero neste caso, sendo quenes son moito máis. Deseguida nos poñen ao corrente das próximas actuacións que teñen previstas: "O Magosto, con castañas e bolos preñados", para este mesmo serán-noite; a "Feira do POLBO", para o vindeiro domingo día 18 e o "XV Festival Aniversario de AGARIMOS", no Teatro Pincipal de Badalona.


Agasállannos coa interpretación, en directo de dúas Muiñeiras, e volvemos a falar un chisquiño das moitas actividades e actuacións que teñen previsto nesta Asociación Cultural Galega de Badalona.


Despedimos aos nosos "convidados" desexándolles moitos éxitos nas súas celebracións e deseguida poñémonos en contacto coa Mariña Lucense, para conversar e recibir a PACO RIVAS, o noso poeta lucense, que sempre nos ten engaiolado coas súas conversas e coas súas creacións poéticas. Recita unha poesía extraída dun recopilatorio, que nos recomenda, publicado pola Xunta de Galicia. Agradecémoslle a súa aportación e despedímonos ata a vindeira semana.


¡Que pasen unha semana moi feliz!
¡Agardámolos o vindeiro sábado!

domingo, 4 de novembro de 2012

3 de NOVEMBRO do 2012

Unha semaniña máis voltamos a ofrecerlles a emisión deste noso-voso programa de radio en galego. Na Redacción ARMANDO Fernández e un servidor, e nos controis centrais o noso técnico MARC FORT. Nesta primeira hora conectamos coa Baixa Limia para falarmos co noso correspondente Xosé Lamela, que nos presenta ao contertulio don JOSE ANTONIO ARMADA PEREZ, Alcalde do Concello de BANDE (Ourense) e con quen temos a oportunidade de coñecer un chisco mellor aquela fermosa zona, tan chea de engado e feiticeira.


Tamén nos comunicámonos con AIDA, da Asociación Cultural Galega AGARIMOS, de Badalona, que nos pon ao corrente das moitas actividades que están a programar e que paga a pena aceptar a súa convocatoria e asistir a elas, cando menos o seu XV FESTIVAL AGARIMOS, que se celebrará o vindeiro día 24 de novembro. Aínda que se desexan participar e disfrutar dunha festa enxebre, poden achegarse a Badalona para degustar as castañas e bolos preñados que se repartirán o vindeiro día 10, con motivo da celebración do seu MAGOSTO - 2012.


Na segunda hora comunicámonos coas Rías Baixas, concretamente COMBARRO, onde se atopa o noso amigo e colaborador XULIO SIMÓN, que nos presenta ao contertulio de hoxe, JUAN CASTIÑEIRAS (acuidan.com), micólogo, mariñeiro-pescador con artes tradicionais e xerente da vinoteca O'BIOCO de Pontevedra, cos que mantemos unha conversa-entrevista moi interesante e entretida, que podedes escoitar e descargar aquí.



Denantes de rematar comunicámonos con ANTONIO DÍAZ, responsable da Asociación Cultural Galega ROSALÍA DE CASTRO, para que nos informe un bocadiño das vindeiras actividades previstas para estes días. Como están a preparar o seu MAGOSTO-2012, precisamente no día de hoxe, comprometémolo para que pase polos nosos estudios e veña a informanos máis polo miúdo noutra ocassión, xa que son moitas as cousas que paga a pena recrearse e pormenorizar nelas.

E xa rematamos, pero denantes aproveitamos para enviarlle os nosos PARABENS de felicidade á nosa querida familia de AMELIA e ANTONIO, que recuncan como avós dunha criatura feiticeira e que chamarán MARTIN, fillo da súa GISELA.
A vindeira semana voltaremos con máis noticias, música, entrevistas e novidades.

¡¡¡ AGARDÁMOLOS A TOD@S!!!

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...