A continuación conecta co noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY. Envíanos a súa crónica semanal coas novidades e informacións que el mesmo escolle. Os que desexen amplialas poden baixalas na páxina "quepasanacosta.gal", que el mesmo nos lembra cada vez que conectamos. Esta nosa emisión reemítese en Radio Roncudo e Radio Neira, os domingos pola mañá. Agradecémoslles a súa grande colaboración.
Despois falamos Armando e un servidor, dende o lugar onde me atopo tentando de desestresarme do contínuo trafego que levo arrastrado estes días atrás. Comentamos algunhas cousas relacionadas coa emisión e algunha que outra cousa. Felicitamos aos nosos oíntes e seguidores, desexando que teñan unhas Felices Festas e un próspero aninovo 2023.
A última intervención é a do noso amigo e colaborador LUÍS LOSADA, que dende Pontevedra nos envía unha fermosa e importante aportación descriptiva dun libro de Ismael Ramos, a quen temos entrevistado nosoutros personalmente nun anterior programa. A verdade é que estas aportacións do noso colaborador son un achegamento ás obras dos autores que nos recomenda. Moitas grazas e ata o vindeiro ano 2023.
Deixamos aquí o programa completo: