domingo, 24 de marzo de 2013

SABADO 23 de MARZO do 2013

ULTIMO PROGRAMA denantes da SEMANA SANTA.

Comezamos dándolles a ben-vida a tódolos nosos oíntes e seguidores así como ao noso Técnico MARC FORT, e ao noso compañeiro ARMANDO FERNÁNDEZ. Adiantámoslles un chisco as cousas que tentaremos levar adiante no programa de hoxe e deseguida conectamos con Galicia para falarmos con noso correspondente na Baixa Limia, XOSÉ LAMELA, que nos presenta ao contertulio desta semana: MANUEL RIVERO, un colaborador moi importante na nosa labor de difundir e transmitir as inquedanzas relacionadas coa nosa Terra Galega.

Na segunda hora, coma sempre, conectamos coas Rías Baixas, Combarro concretamente, onde se atopa o noso asíduo colaborador XULIO SIMÓN, que sempre escolle noticias moi interesantes relacionadas coa Cultura Galega e que sempre acompaña con interesantísimas aportacións poéticas e outras investigacións importantisimas relacionadas co tema escollido por el. 


Tamén aproveitamos para falarmos con dona AMELIA LÓPEZ, a nosa Directora de Teatro "ANDURIÑA", para que nos fixera unha pequena valoración dos ACTOS realizados a fin de semana anterior, no local social da A.C.G.Rosalía de Castro. Non podemos "colgar" os audios desta conversa, xa que por problemas técnicos non puidemos recoller toda a grabación. Buscaremos a forma de poder ofrecérlle-los en vindeiros días. Pedímoslles desculpas e pregámoslles que sigan atentos as próximas datas que deseguida tentaremos subsanar este "atranco".

Desexámoslles unhas MOI FELICES PASCUAS, e que pasen unha Semana Santa chea de engado e benestar. Que disfruten e agardámolos na primeira semana de Abril.

domingo, 17 de marzo de 2013

16 de MARZO do 2013


Outro sábado tentando ofrecerlles dúas horiñas de radio en galego. Comezamos dándolles a ben-vinda a tódolos nosos oíntes e seguidores e adiantámoslles que teremos un programiña algo "recortado" por mor da nosa asistencia á Conferencia: "A muller e o Teatro", que organiza a A.C.G.Rosalía de Castro, con motivo da celebración do DÍA da DONA. Un acto máis dos que veñen realizando xunto co "Consell de la dona de Cornellà". Nos estudios, conmigo ARMANDO FERNÁNDEZ, e nos controis técnicos MARC FORT. 

Escoitamos unha peza de música e conectamos con Galicia. Alá, na Baixa Limia, recíbenos o noso correspondente XOSÉ LAMELA, que nos presenta ao contertulio desta semana: don ANTONIO SIMOES, Cociñeiro e propietario do Restaurante HABANA 83, en Ourense, que ven de recibir o PRATO DE OURO no 14 SALON DE GASTRONOMÍA E TURISMO, XANTAR - 2013. Unha entrevista que nos achega algo máis a un dos personaxes  grandes da cociña gallega.

Hoxe, non poderemos ofrecerlles as nosas acostumadas conversas con Xulio Simón e con Paco Rivas, xa que como lles adiantabamos no comezo teremos que asistir aos actos que celebra a A.C.G.Roaslía de Castro. Así que escollemos un pouco de música galega, tradicional e popular, para que poidan disfrutar dela, neste minutiños que faltan para rematar o programa.

Agardámolos a vindeira semana. Tentaremos facerlles agradable ese tempo que nos escoiten e animámolos a que participen connosco enviándonos a súas suxerencias e propostas.

domingo, 10 de marzo de 2013

SABADO 9 de MARZO do 2013

Un novo programiña de dúas horas en língua galega, para tódolos nosos seguidores e amigos. Comezamos dándolles a ben-vinda e animándoos a que participen connosco mediante os teléfonos habituais, no correo electrónico ou no facebook. Hoxe teremos sorpresas agradables e interesantes.


A primeira conexión, como cada semana é coa BAIXA LIMIA, para falarmos con XOSÉ LAMELA, o noso correspondente que sempre nos ten preparada unha comunicación moi interesante con algún personaxe interesante. Nesta ocasión queriamos falar con MANUEL RIVERO, pero como a comunicación telefónica non é moi doada (ven de viaxe polas terras de Astorga e Ponferrada), tan só podemos falar dalgunha cousa relacionada coa posible charla con este tertuliano. Noutra ocasión será e seguro que disfrutaremos da sabenza deste grande personaxe daquelas terras Ourensanas.

Recibimos nos estudios a CONCHITA e HERMITAS, socias da A.C.G.ROSALÍA DE CASTRO, que nos veñen a confirmar o convite á Conferencia que se realizará a vindeira fin de semana, 16 de marzo, na Entidade, a cargo de JOAQUIN DANIEL, baixo o título: "EL TEATRO Y LA MUJER". Ademais doutros actos nos que participa a Sección de Mulleres da Entidade, como é o Consell de la Dona do Concello de Cornellà. Falamos un chisco de tódalas ofertas tan interesantes.


Na segunda hora conectamos con Tenerife e con Terrassa, para felicitar á Sra.CARMEN, chicharrera, que tan amable e desinteresadamente se converteu en "Cicerone-Guia" do matrimonio Miguel e María na semana anterior, ensinándolles tódolos recunchos e curiosidades desta fermosa illa Canaria. Seguro que voltaremos a falar con ela, posto que ten moitas cousas interesantes que compartir.

Non podemos comunicarnos con Xulio Simón, que se atopa algo delicado e afectado por unha moi grande afonía. Desexámoslle unha pronta recuperación. 
A quen chamamos é ao noso POETA da MARIÑA LUCENSE, don PACO RIVAS, o noso grande amigo e colaborador de tantos anos e con quen mantemos unha agradabilísima conversa, compartida coas donas que nos visitan nos estudios, e despídenos, coma case sempre, coa declamación de tres das súas composicións poéticas feiticeiras. 

Deica a vindeira semana, que tentaremos facer outro programa tan bo, ou MELLOR, se podemos.

Programa do 23 de FEBREIRO, pasado

Dirixe o programa de hoxe ARMANDO FERNÁNDEZ. Nos controis técnicos MAR FORT, como cada semana. E comeza coa primeira comunicación-conversa habitual dende Galicia, concretamente con XOSÉ LAMELA, na BAIXA LIMIA. Sempre nos axuda e danos unha visión moi especial daquel entorno tan feiticeiro.

Recibimos nos estudios a HERMITAS, PAQUITA e ROSARIO, socias da A.C.G.ROSALÍA DE CASTRO, que nos veñen a informar dos actos previstos para celebrar o "Día de la DONA", organizado pola comisión de donas da Entidade. 

Falamos con DAVID AMOR, un Actor e Monologuista galego que ten previsto actuar proximamente en Barcelona...

Despedimos ás nosas amigas e socias para darlle a ben-vinda a XULIO SIMÓN, o noso colaborador nas RÍAS BAIXAS, para disfrutar das escollas informativas que nos ten preparadas.

A vindeira semana non poderemos realizar o programa en directo, así que vos ofreceremos unha "recensión-resumo" dalgunhas cousas que escolleremos para que poidades "degustar" ao voso xeito. O seguinte programa será o vindeiro día 9 de marzo.
¡Agardámolos a todos!

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...