luns, 25 de outubro de 2010

Programa do 23 de OUTUBRO

Voltamos a dárlle-la ben-vida a tódolos nosos oíntes con algunhas noticias e novidades que nos chegan á Redacción, dende Galicia e outras de máis pretiño. 
 
Queremos facer partícipes a todos e dámoslle, novamente, o enderezo do "facebook" SEMPRE EN GALICIA onde está a nosa páxina a funcionar e recibir toda clase de comunicacións e suxerencias. Xa temos unha morea de persoas que se fixeron amigos...
A nosa primeira comunicación-conversa é con XOSÉ LAMELA, o Alcalde de Lobios e anterior Director deste noso programiña de radio en galego.

Cóntanos algunhas novidades naquelas "Terras da Baixa Limia" que tanto añoramos algúns e que seguro moitos dos nosos oíntes e simpatizantes comparten inquedanzas e degoiros por estar alí, ao carón das "faldas" do Xurés-Gerés", un dos Parques Naturais máis grandes de Europa, e que paga a pena ir a visitar e disfrutar del.

Continuamos a nosa emisión conectando novamente con Galicia, co noso correspondente semanal XULIO SIMÓN,. Danos pormenorizada información dunha exposición fotográfica que se fai en Vigo... podedes escoitalo aquí:


Seguimos coas nosas colaboracións e nesta ocasión temos na nosa comunicación-conversa a ISMAEL un dos responsables das TERMAS PREXEGUEIROque nos fai un percorrido "virtual" polas súas instalacións e convídanos a probar as riquezas e bondades das augas termais, por tan só 5 €uros. Agradecémoslle a súa participación.

A ultima entrevista é con EVA LOPEZ
 

unha compoñente do Grupo de Pandereteiras "GANDARELA" do Centro Galego de Barcelona, quen nos pon ao corrente das Actividades que ofrece ese Centro Galgo máis antigo de Cataluña.

Rematamos desexándovos unha semana moi proveitosa e chea de bondades.

sábado, 16 de outubro de 2010

Progrma do 16 de outubro

Dámoslle a ben-vida a tódolos oíntes que se incorporan á nosa edición desta semana e propoñémoslle escoitar a BERROGÜETTO, concretamente o seu disco HEPTA, xa que nos visitaron esoutro día na Farga de Hospitalet e desexamos cumplir coa promesa de escoitar a súas creacións anteriores, cousa que nos solicitaron algúns amigos.

Procedemos a dar lectura dalgunhas informacións e comunicacións que nos chegan dende Galicia. Anunciamos a colaboración, como non podía ser doutro xeito, do noso amigo e poeta PACO RIVAS, pero que non será ata a vindeira semana, xa que nestas primeiras datas do noso programa non estaba accesible, por mor dalgúns compromisos puntuais. Agardamos poder contactar con el. Voltamos a escoitar a música proposta ao comezo e seguimos con máis informacións e entre medias incorporamos algunha que outra peza da discografía que temos nos nosos arquivos.


A segunda hora comezámola conectando con Galicia, como xa é habitual, e falamos con XULIO SIMÓN, o noso correspondente semanal que nos fai un pequeno percorrido por algunhas das máis salientables actividades e acontecementos culturais que están a suceder na nosa Galicia. É un pracer poder contar coa súa colaboración desinteresada e tan agradable.

Temos unha comunicación telefónica con XULIO COSTA, o noso "seguidor-forofo" da Radio que nos pide unha peza de Ana Kiro, adicada á Asociación Cultural Galega "Rosalia de Castro", e moi particularmente a Belén, a súa Presidenta, a quen lle enviamos as nosas máis sentidas condolencias polo pasamento do seu avó.


A ultima conexión en con JUAN, da Asociación Cultural Galega "AGARIMOS", de Badalona, para falarnos de dúas cousas: A Festa do Polbo, que se celebrará o domingo día 17 diante da Sé Social da Entidade, na rúa París,nº 45. Unha celebración que se fai mensualmente o 3º domingo de cada mes, na que os asistentes poderán degustar ademais do "Pulpo á Feira", unha morea de tapas e racións doutras especialidades da gastronomía galega.
A segunda noticia, e pola que aproveitamos para felicitalos, é que a Banda da Entidade participou, xunto con CARLOS NÚÑEZ, nos dous Concertos que impartiu en Catalunya, en Sant Cugat del Vallés e en Manresa. Unha honra e unha verdadeira felicidade para os rapaces compoñentes do seu Grupo de Gaita e Baile. ¡Noraboa! e que sigan a ter tantos éxitos como está a ter.

Despedímonos desexando que volvan a conectar con nosoutros a vindeira semana.

sábado, 9 de outubro de 2010

Programa do 9 de outubro do 2010

Comezamos o programa anunciando que teremos unha retransmisión algo "accidentada" xa que teremos que conectar co Campo de Futbol do C.F.Cornellà que hoxe xoga coa Montañesa. Así que teremos a primeira hora con tan só uns minutiños de música e informacións.
Denantes de nada facemos a presentación da incorporación, como colaboradora, de MARIA ROYO, dámoslle a ben-vida e desexamos que a súa aportación sexa o comezo dunha nova andaina chea de éxitos tanto para ela como para o noso programa.
Continuamos e dámoslle paso a MANUEL R. JULIÁN, o primeiro Presidente da Asoc.Cultural Galega "Rosalía de Castro".

Fálanos da súa experiencia como primeiro "locutor-director" deste noso programa de radio "Sempre en Galicia".
NOVIDADE IMPORTANTE: Xa podemos intercomunicarnos cos nosos oíntes, escoitantes e simpatizantes en facebook. Podedes agregarnos aquí :  Sempre En Galicia


E tal como anunciabamos dámoslle paso á retransmisión deportiva da xornada de hoxe.

A segunda hora comezámola outa vez con música galega e coa nosa primeira comunicación con Galicia, concretamente co noso correspondente-colaborador XULIO SIMÓN. Poucos minutiños, xa que temos que voltar a darlle paso aos nosos "colegas-compañeiros" de retransmisión deportiva.

E rematamos o programiña de hoxe propoñéndolles que escoiten a peza titulada "Alecrín" e despedíndonos de todos deixando de fondo a música de Reggaeton que nos solicitaron entremedias...

Ata a vindeira semana. Disfrutade e voltade a sintonizarnos o próximo sábado.

mércores, 6 de outubro de 2010

2 de OUTUBRO

Con Xulio, asiduo escoitante
Comezamos esta nova tempada 2010-2011, cos mesmos desexos e intencións (anovados, claro está) de seguir entretendo, comunicando e dando a coñecer tódalas novidades que nos chegan á nosa Redacción, así como todo aquelo que pode ser de interese para tódolos nosos escoitantes, oíntes e seguidores.Así pois damos a coñecer unha serie de novidades e noticias que están a acontecer no noso entorno e na nosa Galicia, lembrando o pasamento de ANA KIRO e DORA VÁZQUEZ; figuras importantes da nosa cultura galega, cada unha na súa temática, claro está: ANA grande representante da música galega, e DORA unha das mellores poetas ourensanas dos ultimos tempos.
Temos novidades en canto a música, posto que nos chegaron varios discos de "Edicións do Cumio - Merza, un século de certames, A música de Merza-Solistas, V I Concurso de Gaiteiros Manuel de Villanueva", de "Aira da Pedra" e da "Banda de Gaitas CASTRO BERGIDUM". 

Establecemos a nosa primeira comunicación con MARTA,

unha das responsables de "Ediciones Puerta con Puerta", que veñen de publicar un libro moi interesante: "De Obispos y de Meigas", escrito por Domingo Pellicer, e que hoxe mesmo se atopan nun "stand" na "Festa de San Froilán", en Nou Barris.

Nesta segunda parte facemos un percorrido polas comunicacións, novidades e informacións que nos chegan á nosa Redacción, intercalando un chisco da música que nos enviaron dende Galicia e dende O Bierzo.

Seguimos o noso programiña establecendo comunicación, e mantendo unha pequena conversa precisamente con Ponferrada, concretamente con ALBERTE CANOSA  e  JOSE MANUEL PEREZ CASTRO, o primeiro compoñente da "Asociación Berciana da Lingua Xarmenta" e o segundo Director da Banda de Gaitas Bergidum e compoñente do grupo de música tradicional "Aira da Pedra".,

Continuamos cun bocadiño máis de música e conectamos novamente con Galicia para falarmos concretamente con ANDRÉS dos "AZOUGHADOS" quen despois de manter unha pequena conversa connosco agasállanos cunha peza galega "a capela" entre el e mais unha das compoñentes do seu grupo.

E rematamos o noso programiña de hoxe felicitando a CHARI, que é unha sorpresa preparada polo seu pai Xulio, asiduo oínte e seguidor de Sempre en Galicia.
Bo fin de semana, e que voltedes a conectar connosco o vindeiro sábado.

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...