domingo, 31 de maio de 2009

Actuación do CORAL "CENGALLEI"

Por mor de celebrar as LETRAS GALEGAS 2009, no Centro Galego de Lleida, desplazámonos esta fin de semana á capital do Segrià e despois da Conferencia impartida por MANOEL CARRETE RIVERA dedicada á figura de Don Ramón Piñeiro, tivemos a ledicia de poder escoitar diversas interpretacións poéticas declamadas polos compoñentes do Coral Cengallei e remataron a súa intervención coa interpretación do Himno Galego.
Paga a pena escoitalo.

martes, 5 de maio de 2009

Concurso - Sorteo dunha Fin de Semana en Galicia


1º SORTEO - CONCURSO
Fin de Semana nun Hotel-Vivenda Rural en Galicia.


Poñemos en marcha este concurso do que damos cumprida información aquí mesmo, e que desexamos sirva para que os nosos oíntes e participantes se interesen e coñezan un pouquiño máis algunhas zonas da nosa Galicia.

Concurso-Sorteo dunha “FIN DE SEMANA (venres e sábado para dúas persoas, durmir e desaiuno gratis) NUN HOTEL-VIVENDA RURAL EN GALICIA”.
Os participantes teñen que enviar un correo a semprengalicia@gmail.com . Aquí mesmo, no final desta entrada, atópanse as Referencias das Casas-que sortean a Fin de Semana e o Lote de Produtos.

Así pois, terán que enviar un correo electrónico ó noso enderezo:

semprengalicia@gmail.com, solicitando un número para cada unha desas Casas (polo tanto poderán acceder a 7 números por participante). Eses números serán efectivos cando teñamos confirmación da súa recepción por parte dos concursantes. Para ter dereito a eses números teñen que indicar algunha característica da casa-hotel-vivenda rural que anunciamos ao final desta entrada. No caso do Lote de produtos, trátase de que vos poñades en contacto co seu fabricante e que nos indiquedes algunha característica ou dato da súa explotación. A concesión do premio non garantiza a data de ocupación, que terá que ser concertada cos responsables das diferentes Casas Rurais

3.- Os concursantes COMPROMÉTENSE a dar a coñecer este Concurso-Sorteo a un mínimo de 5 (cinco) coñecidos (amigos, simpatizantes, parentes, internautas, blogueiros...etcétera). Como de esta operación non podemos ter confirmación nin comprobación é polo que solicitamos ese compromiso a tódolos participantes. Confiamos na seriedade e responsabilidade para non interferir na boa marcha do concurso sen provocar dobres solicitudes nin repeticións.

4.- Tamén se poden conseguir números chamando aos teléfonos de Radio Cornellà : 933 778 200 ou 933 778 055, os sábados de 18 a 20 horas, cando se emite o noso programa “Sempre en Galicia”.

5.- A realización do Sorteo farase coincidir coa celebración da “Festa Galega” de CAN MERCADER en CORNELLÀ DE LLOBREGAT, o día 14 de xuño concretamente, en presencia dun dos patrocinadores deste sorteo, diante dos asistentes á Festa para levantar Acta do mesmo. Este mesmo patrocinador aproveitará a ocasión para facer entrega persoal dalgún dos agasallos do concurso.


Agardamos unha participación noble e abondosa.


¡¡¡ Sorte para todos !!!


Casa nº 1: Xanela da Lúa

Ubicación: Lira-Carnota (A Coruña)
Teléfonos: 981 761306 e 617 485182

Casa nº 2: Santa Mariña da Ponte. Hotel-Spa

Ubicación: Concello de Viana do Bolo (Ourense)
Tfono: 988 340 257

Hotel Rural nº 3: Hotel Vila de Viana

Ubicación: Praza Maior,12. Viana do Bolo (Ourense)
Teléfonos: 988 329 205 e 638 715 253

Vivenda Rural nº 4: A Nosa Casa . Restaurante

Ubicación: rúa Liberdade,2. Viana do Bolo (Ourense)
Teléfono: 988 329 317

Hotel Rural nº 5: O RETORNO

Ubicación: Rúa Mazairas, 2. Viana do Bolo (Ourense)
Teléfonos : 988 340 415 e 616 422 862

Vivenda Rural nº 6: MIRADOR DA RIBEIRA

Ubicación: Rúa Santo Cristo, 12. Viana do Bolo (Ourense)
Teléfono: 988 329 309

Lote Nº 7: Queixos do XURÉS

Ubicación: Vilameá de Rio Caldo. Lobios (Ourense)
Teléfono: 605 080 015

¡ ¡ ¡ Moi importante ! ! !

Dada a repercusión que entre todos lle estades a dar a esta iniciativa, contamos cunha nova incorporación. Trátase da CASA RURAL ROSALíA, de Lobios. Tendo en conta o importante número de participacións xa adxudicadas, decidimos que esta CASA sortearase entre tódolos participantes do Concurso que non acadasen premio algún nos sete anteriores.
¡ ¡ ¡ Ánimo que xa hai un motivo máis para participar ! ! !

sábado, 2 de maio de 2009

Programa do día 2 de maio do 2009

Unha nova oportunidade de comunicármonos cos nosos oíntes. Comezamos un bocadiño tarde, por mor dalgunhas interferencias técnicas subsanadas rapidamente, gracias ao noso téctino MARC. A verdade é que imos avanzando nesto das novas tecnoloxías, e facemos o que podemos para que todos os nosos seguidores estean debidamente informados. Damos lecturas dalgunhas novidades chegadas á nosa Redacción e seguimos escollendo algunha peza de música para que todos poidamos disfrutar das poucas novidades que nos van chegando. Nesta ocasión facémonos eco e sinalamos a celebración dos 90 anos da creación do Coral de Ruada de Ourense. Felicitacións e escoitamos unha das súas pezas do seu repertorio: Ourense ao lonxe.

Seguimos con máis informacións e facemos a primeira conexión telefónica da tarde con ALEX DE PRADO, acompañante e parella de PAULA, que están a participar no Concurso-xogo: VAI de BAILE que se celebra semanalmente no programa da TVG "LUAR".Podedes ver un video deles nesta ligazón:
http://www.facebook.com/friends/?ref=tn#/posted.php?id=1580341847&share_id=70037478731#s70037478731
Mantemos unha breve conversa con Alex, que nos esplica, polo miúdo, cómo está a pasar esta experiencia que el considera como unha representación dos mozos de Barcelona en Galicia, que tamén saben aportar o seu traballo e investigación sobre as danzas galegas, que non somentes se atopan en Galicia. Desexámoslles moitos éxitos e coidamos que despois do sorteo que xa están nas semifinais, voltemos a falar con el para comentar cómo se atopan de ánimos para afrontar as finais.
Ánimos Alex e Paula. Voltaremos a falar con eles dous, se é posible.

Na segunda hora comezamos novamente con música da "Coral de Ruada". Máis informacións e conectamos coa Mariña Lucense, para falarmos con PACO RIVAS, o noso poeta engaiolador e despois de facermos un pequeno balanzo-adianto das celebracións que se están a preparar para as "Letras Galegas 2009", escoitamos, da súa propia voz e declamación unha fermosa poesía adicada as avoas de todos nós.

Antes de rematar o programa, conectamos con Lleida para falar con Juan R.Gómez Dacal, Membro do Coral CENGALLEI, e Vicepresidente do Centro Galego de Lleida, que nos pon ao tanto de tódalas actividades e celebracións que estan preparando para dar a coñecer, un bocadiño máis se cabe, a nosa cultura galega na Terra Ferma. Aproveita para informarnos da páxina que teñen en Internet (http://cengallei.ning.com/) para que todos poidan ver con detenemento o que ofrecen aos que desexen achegarse ata o Centro Galego de Lleida.

Colocamos aquí un reproductor para ver se podemos "colgar" as anteriores grabacións que fixemos durante os programas anteriores. Esta é unha grabación que fixemos aló polo mes de outubro con XIAO e KIKE na nosa emisión semanal:

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...