sábado, 7 de marzo de 2020

SÁBADO 07 de MARZO do 2020

Un programiña máis con todos vosoutr@s. Dúas horas de radio en galego, pero que nesta ocasión serán moi feiticeiras e produtivas, xa que contaremos cunha visita excepcional. Despois das salutacións de rigor, escoitamos un bocadiño de música e dámoslle paso á primeira comunicación: O Sr. Presidente do Centro Galego de Lleida, don Xosé Terceiro Folgar. Comentamos con el as diversas actividades que veñen de realizar no pasado mes de febreiro, con motivo da súa Semana Cultural, na que contaron cun repertorio de actividades moi interesantes, nas que destacan unha Conferencia a cargo do Director do Xornal "La Mañana", de Lleida; a Mostra e exposición dos traballos das Donas da Entidade, a Chocolatada e Debuxos dos Nenos; a presentación do número 33 da Revista "Xurdimento 2020" a cargo do Subdirector Director Xeral de Emigración e das Comunidades Galegas, don José Antonio Casas Calviño; a Asemblea Xeral... e moitas cousas máis. Tamén nos adianta a próxima celebración da "Calçotada popular" e a "Festa do Marisco"... Agradecémoslle a súa amable atención e información detallada.


Recibimos a visita das "Rosalieiras": Miriam, Cristina, Bárbara, Nuria e Inés (non puido vir outra das compoñentes, Andrea)
Inés, Nuria, Bárbara, Miriam e Cristina
Son as Pandereteiras da A.C.G. Rosalía de Castro de Cornellà. Agradecémoslle a presencia nos estudios e aproveitamos para coñecelas un pouco máis polo miúdo, pero tamén nos agasallan con varias interpretacións musicais. Foi un verdadeiro pracer e unha honra para nosoutros contar coa súa presencia e actuación. Agardamos que non sexa a última vez que nos visitan, tan só o comezo de moitas máis intervencións e moitos éxitos que seguro terán na súa andaina interpretativa. ¡Moitas GRAZAS, ROSALIEIRAS!


Continuamos na segunda hora conectando co noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente en Combarro, Xulio Simón, que sempre ten preparada a súa intervención e crónica semanal moi ilustrativa e interesante, chea de ensino e de novidades. 



Despois conectamos con Constance Hurlé. Falamos un chisco da súa traxectoria e da súa creatividade. O vindeiro xoves día 12 ás 12h, presenta, no Centro Galego de Barcelona: Presentación Poética HACIA LA LUZ. Coméntanos e convídanos a disfrutar dese traballo tan interesante. Agradecémoslle a información e desexámoslle moitos éxitos.


Tamén falamos co noso poeta da Mariña Luguesa, Paco Rivas, pero como xa temos moi poucos minutos de emisión, despedímonos ate o vindeiro sábado á mesma hora de sempre.


Que sexan felices e agardamos que volvan a sintonizarnos. 

domingo, 1 de marzo de 2020

Sábado 29 de Febreiro do 2020

Un programa "enlatado" por mor de certas obrigas personais que temos que cumplir. Trátase de participar na estrea da obra de teatro: "O menciñeiro á forza" que se realizará esta tarde no Auditorio de San Ildefonso de Cornellà. Formamos parte da compañía de Teatro "Anduriña" da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cornellà. De tódolos xeitos ofrecémoslles, en primicia, varias pezas do CD "Liberar as arterias" de SÉS, que presentaou o venres pasado na Sala Luz de Gas, en Barcelona.

A segunda parte é a lectura dun poema de Rosalía de Castro, lembrando o "Caldo de Gloria" e escoitamos algunhas pezas musicais: Negra sombra e Lela...

Ofrecémoslles varias pezas musicais para disfrutar e despedímonos ate o vindeiro sábado.

¡Que sexan felices!

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...