Unha semana máis ofrecémoslles esta nosa emisión radiofónica, en galego, tentando que pasen dúas horiñas agradables, na nosa compaña. Todo o equipo ao completo: Laura Santos, Armando Fernández e un servidor, nas locucións, e o noso técnico Marc Fort, nos controis de audio. Comunicámonos con Galicia, coa Baixa Limia : XOSÉ LAMELA, preséntanos ao seu convidado de hoxe: don XOSÉ SIMOES , "patriarca" da TAVERNA DEL CLINIC . A conversa é moi enriquecedora e chea de engado. Os Simoes Brothers , unha saga de restauradores en Cataluña, que marcan unha tendencia gastronómica de primeira clase. Galegos que trunfan en Cataluña co seu traballo e que se gaban da súa procedencia (Padrendo-Ourense-Galicia). É unha honra para o noso programa poder conversar-entrevistar a persoas coma o Sr. Xosé Simoes . A bon seguro que non será a ultima vez que o incomodemos para que nos volva a deleitar coa súa conversa. Logo de ofrecerlles un chisco de música, voltamos a Galicia, neste caso ás R
Descrición de cada emisión, cos PodCats das entrevistas e noticias máis destacadas