domingo, 20 de marzo de 2016

19 de MARZO do 2016

San Xosé. Un día para felicitar a tódolos pais, e a tódolos Xosés, como así o fixemos e propuxémoslles escoitar unha peciña de música da nosa discogrfía galega. Despois chamamos ao noso Colaborador, amigo e compañeiro XOSÉ LAMELA, que ven de enviarnos un libriño feiticeiro: A VIRXE DO XURÉS. Conversamos con el arredor desta publicación tan interesante con moitísima documentación e investigación que pon ao servizo e coñecemento de todos. El mesmo nos indica que é o resultado dunha "ofrenda" que lle fixo á propia Virxe que ademais ven acompañada dunha fermosísima canción-himno, adicado á Virxe, creada por Alfredo González Vilela. Pronto teremos a ocasión de compartir momentos moi agradables o día da súa presentación oficial, que seguro nos ofrecerá a A.C.G.Rosalía de Castro.


 Algunha noticia e comunicación, que nos chega á nosa Redacción e voltamos a escoitar outra peciña de máusica da nosa discografía galega. Na segunda hora comezamos novamente con noticias e informacións que nos chegan dende Galicia e aproveitamos para seguir escoitando música galega. 

Conectamos coa Mariña Lucense, para falarmos co noso "Poeta da Mariña" PACO RIVAS, que sempre ten algunha que outra intervención con retranca e aproveitamos para falar tamén con ARMANDO FERNÁNDEZ, que se atopa xa por terras lucense, disfrutando das vacacións de Semana Santa. Despois de desexarlle unha feliz estancia a Armando, seguimos escoitando a PACO, que nos agasalla coa declamación de tres das súas creacións poéticas. Máis novidades e informacións que nos chegan de Galicia, de interese para tódolos nosos oíntes. 


 A vindeira semana non teremos emisión. Son Festas de Pascua. Agardámosvos o vindeiro día 2 de ABRIL, que voltaremos con máis noticias, conversas, entrevistas e música galega...

 ¡¡¡ Que teñan unhas FELICES PASCUAS !!!

luns, 14 de marzo de 2016

12 de MARZO do 2016

O programa de hoxe comezámolo o equipo cáseque ao completo. LAURA SANTOS, ARMANDO FERNÁNDEZ e un servidor xunto cunha convidada de excepción, dona BELÉN XESTAL, que nos veu a visitar e será a encargada, xunto coa nosa Luara e dona MEIREIA NAVARRO, Directora da nosa Radio, de impartir unha Conferencia baixo o título de "A DONA E A RADIO". Dámoslle a Benvida e agradecésmolles a súa colaboración, e partimos para o Acto.

Armando encárgase de seguir adiante, baixo os mandos técnicos de KIKO, coma sempre. Deseguida conecta con Galicia para falar con LYDIA BOTAÑA, con quen manten unha conversa interesante.

Despois, como no se atopa localizable o noso correspondente Xulio Simón, aproveita para falar con MERCHI ALVAREZ, a nosa amiga Presidenta de Galiciame, que nos informa dunha serie de actos e actividades que están a levar a cabo na Asociación AME de Galicia.

Despídese ofrecéndolles a escoita de varias pezas musicais.

A vindeira semana, máis.

5 de MARZO do 2016

Un programiña máis, con entrevistas e música galega. Comezamos conectando con MARISA LOZANO, unha poeta que nos fala das súas creacións e axúdanos a coñecer mellor a súa traxectoria.

 Despois falamos con RAMÓN ROLDÁN, coordinador da FESTA do QUEIXO de ARZÚA, que nos pormenoriza o programa da Feira-Festa do Queixo de Arzúa. 

 Na segunda hora conectamos novamente con Galicia, para falar co noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN, que dende Combarro, sempre ten preparada unha súa intervención chea de ensino. 

 E como entrevista final conectamos outra vez con Galicia para falar con don XOAQUIN, responsable do Grupo DONOSO, que nos fala desa grande empresa galega. Desexámoslle moitos éxitos.

 A vindeira semana máis.

27 de FEBREIRO do 2016

No día de hoxe teremos un programa con conversas-entrevistas interesantes e, como non, música galega para ir adubiando esta emisión, que consideramos será do voso interese. En primeiro lugar conectamos con LEOPOLDO CLAVERÍA e con XOSÉ CARLOS G.G., que nos poñen ao corrente dunha serie de actuacións e noticias moi interesantes para todos. O vindeiro día 5 de marzo entregaráselle a distinción de Galego do ANO a Moncho Neira. 

 A segunda comunicación é coa responsable da Casa Rural ASSUMPTA, catalana de procedencia, pero que rexenta esa Vivenda Rural tan feiticeira, e que nos fala dela e das ofertas tan interesantes para todos aqueles que desexen visitala. 

 Na segunda hora conectamos con XULIO SIMÓN, que dende as Rías Baixas, concretamente dende Combarro, fainos de correspondente e comunicador cultural da nosa comunidade galega. 

 Despois conversamos con TAMARA, para falarmos da súa creatividade poética e literaria. 

 A vindeira semana máis.

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...