sábado, 30 de novembro de 2019

SÁBADO 30 de NOVEMBRO do 2019

Outro programa máis con todos vosoutros tentando levar adiante este pequeno entretenemento con dúas horiñas de Radio en Galego. Comezamos dándolles a ben-vida e ofrecéndolles a peza "Desposorio", do CD recén presentado: "Contrapunto" do Grupo de música "Tanxugueiras", que nos serve para comunicarnos co noso corespondente na Baixa Limia, Xosé Lamela Bautista, que nos fala do 140 Aniversario da Banda de música de Lobios. Aproveita para comentarnos algunhas precisións históricas da música naquela contorna e preséntanos á convidada de hoxe.


Falamos pois coa convidada, dona María Almeida Fernández, responsable de Cultura no Concello de Lobios, antiga compoñente clarinetista desa Banda centenaria, e mantemos unha conversa moi amena sobre algúns aspectos desta grande Banda, que acolle a moitos enamorados da música. Hoxe mesmo celebran ese acontecemento cun Concerto da Banda no Multiusos do Concello.





Depois falamos co noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente Combarro, Xulio Simón, que nos pon ao corrente dalgunhas cousas interesantes que están a celebrarse en Pontevedra, centrándose no CULTURGAL, que acolle unha morea de actividades todas relacionadas coa cultura: Presentación de libros, proxección de películas, actos gastronómicos, visitas de interese, música tradicional galega e presentacións de novos CD... etcétera. Despidese recitando unha poesía de Celso Emilio Ferreiro sobre María Solinha, da que pronto veremos unha película.





Continuamos na segunda hora conectando novamente con Galicia para recibir a don Xosé Ramón Gayoso, Director e Presentador do Programa LUAR da Televisión de Galicia. Un Crak da comunicación. Mantemos unha conversa-entrevista moi distendida, chea de agarimo e cordialidade. Agradecémoslle a súa amable atención e despois de desexarlle que siga colleitando moitos éxitos, despedímonos ate outra vindeira ocasión.



Finalizamos o progama de hoxe conectando coa nosa correspondente nos Ancares, Fernanda Follana Neira, que nos ten preparada a súa crónica relacionada coa despoboación das nosas aldeas galegas, e que están a representar un valeiro moi importante no rural.


Finalizamos desexando que pasen unha fin de semana feiticeira.

sábado, 23 de novembro de 2019

SÁBADO 23 de Novelbro do https://www.facebook.com/MeteoLobios/

Xa estamos aquí, outra semana máis, para ofrecervos estas dúas horas de radio en Galego. Comezamos con música para conectar coa Baixa Limia, e o noso correspondente Xosé Lamela preséntanos ao seu convidado de hoxe.


Pablo Antonio Álvarez MartinezMetereólogo aficionado, pero que ten moito predicamento e influencia pola recollida de datos científicos e moi recoñecidos. Fálanos da súa traxectoria, da documentación e datos técnicos que aporta a moitos e importantes Centros de Metereoloxía do Estado Español e Portugués... Tamén é un grande senderista e convídanos a que vaiamos polas terras do Xurés, para disfrutar dese patrimonio tan interesante, que el mesmo ensina a tódolos seus seguidores nas redes sociais.



Continuamos e falamos con don José, das Adegas Finca Garabelos : Un lugar privilexiado -Creciente-, nunha ladeira do río Miño que baña a finca dos seus ancestros. Veñen de recibir a Medalla de Ouro "Mundus Vini 2019" polo albariño da colleita do 2017. Virán este proximo 25, luns, á Verema-2019, BCN. Estarán na exposición do Museo Marítimo, dende as 12h ate as 21h. As catas faranse no Hotel España.



Falamos con Alfonso Miguel, da ASOBECAT, que nos informa das diferentes actividades que veñen realizando ao longo do ano. Temos que deixar oco para a "XVII Festa do Botillo" no mes de febreiro... 


Amena conversa con Fernanda Follana Neira, a nosa correspondente nos Ancares, que sempre nos fai unha crónica cultural e recreativa moi interesante. Unha vez mais axúdanos a coñecer parte do noso patrimonio cultural naquela zona de Galicia.


E finalizamos conectando co noso Poeta da Mariña, Paco Rivas, que nos aporta conversa distendida e agradable, comentando cousas do diário. Despídese dando lectura a unha peza poética en recoñecemento das nosas avoas. Temos que pedir disculpas porque no audio non está completa esta declamación, por mor de que se ten que finalizar en punto... 
div style="text-align: justify;">
E despedímonos ate a vindiera semana.

sábado, 16 de novembro de 2019

SÁBADO 16 de NOVEMBRO do 2019

Terceiro sábado deste mes dos Santos con todos vosoutros, tentando levar adiante este programa de dúas horas de radio en galego. Disculpamos a ausencia de Armando Fernández López nos estudos, por mor dunha expléndida excursión que está a disfrutar, pero que seguro teremos conexión con el e informaranos desa experiencia. Escoitamos unha peza musical para conectar co noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela Bautista, que nos presenta ao convidado de hoxe, don Manuel Simôes. Agradecémoslle que nos facilitara este contacto e conversamos con este grande Summelier que acaba de recibir o Premio: Mellor sumiller nacional de restauración 2019. Premios JRE en San Sebastián Gastronomika. Agradecémoslle a súa participación no noso programa, dámoslle os nosos parabens e felicitacións e conversamos moi distendidamente con el. Ensínanos e aprendemos, con el, moitas e interesanes cousas relacionadas coa cultura vinícola, coa gastronomía, con referencias obrigatorias á "La Taverna del Clínic", Restaurante que ten ao grande "Chef" Xosé, seu irmán. Como o tempo na radio fáisenos cativo, temos que despedilo desexándolle unha pronta recuperación e que siga colleitando moitos éxitos nesa súa profisión tan engaiolante. ¡Graciñas Manuel Simôes!


Ronseis do TEMPO 
Continuamos adiante co programa e conectamos agora cunha grande intérprete pianista, que para nós era descoñecida, pero que descubrimos como unha extraordinaria compositora e pianista extraordinaria. Falamos con Aida Saco Beiroa, da súa traxectoria, moi brevemente, e comentamos algo do seu último CD que acaba de publicar: Ronseis do Tempo. Agradecémoslle que nos recibira tan amablemente e comprometémonos a voltar a falar con ela para que nos comente máis polo miúdo, a súa traxectoria e os seus proxectos. Ofrécenos poder empregar algunha das súas obras para a sintonía do noso programa. Desexamos que veña ao noso programa e entón decidiremos con ela. 


Na segunda hora conectamos co noso compañeiro Armando Fernández López, que como dixemos ao comezo atópase disfrutando dunha fermosa excursión, con amigos do programa tamén. Coméntanos que agora mesmo están a descansar en Calatayud, que pasaron por Zaragoza, visitando a Catedral da Pilarica e outros monumentos dos que lles vai dando cumprida información unha guía profesional. Mañán achegaránse ao Mosteiro de Pedra, para contemplar as fervenzas e outras maravillas. Disfruta e pásao ben.


Damos cumprida información de varias noticias que nos chegaron á Redacción e atrévome a lerlles dúas poesías. A primeira pertence a  nosa grande amiga, oínte e seguidora Mercedes Taracido, adicada ao seu avó: "Roxe o Mar" e a segunda de Nieves Fernández Vidueira, que ten por título: "Herdanzas Silvestres". Disculpádeme se non atino coa entonación ou coa declamación axeitada, pero póñolle a mellor intención.


E finalizamos conectando co noso poeta da Mariña Luguesa, Paco Rivas. Non podemos negar a nosa grande "devoción" pola poesía, pero coidamos que moitos dos nosos oíntes e seguidores comparten connosco o espazo que lle dedicamos a esta creación literaria. Paco sempre ten reflexións moi interesantes e finaliza a súa intervención agasallándonos con dúas declamacións poéticas.


 Ate o vindeiro sábado, benqueridos oíntes. 
¡Non deixedes de sintonizarnos!

sábado, 9 de novembro de 2019

SÁBADO día 9 de NOVEMBRO do 2019

Un día máis con todos vosoutros. Comezamos dándolles a benvida e deseguida comunicámonos con Marcelino Guillermo, un Vianés de pro (Viana do Bolo-Ourense) que nos pon ao corrente da súa tarefa como Presidente da Asociación BEN (Bizkaiko Eritasun Neuromiskularren Elkartea), ademais de darnos cumprida información sobre algunhas das enfermidades e variantes da Atrofia Muscular Espinal. Agradecémoslle a súa estimada aportación e comprometémonos a voltar a falar, con el,  deste tema tan interesante ao que compre darlle toda a maior difusión posible.



Asando as castañas

A continuación falamos con Amelia, Presidenta da A.C.G. Agarimos de Badalona, que están a preparar o "Magosto 2019" na Entidade e convídanos a tódolos oíntes e seguidores a que participemos e que se acheguen para disfrutar desta fermosa celebración, na que poderán degustar as castañas e os bolos preñados, acompañados de boa música galega. ¡Moitas grazas e moitos éxitos!


A seguinte comunicación é co noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela Bautista que nos ten preparada a presentación dun coñecido desta nosa emisión: Lino Perdiz, da Asociación Plataforma BAIXA LIMIA (PLABALI). Coméntanos algunhas das reivindicacións e demandas que están a realizar nesta Asociación. Destaca a proposta da Administración, a modo de distracción, da proposta que hai uns días saíu publicada na prensa local, relacionada coa próxima construcción dunha auto-estrada que comezará na Gudiña e conectará Portugal polo norte fronteira con Zamora. Queda desbotada, e polo tanto seguirá sen posible continuidade, a auto-estrada que debería chegar ata Portugal pasando pola Portela do Homen, pero que actualmente remata á saída de Celanova. Unha mágoa o abandono administrativo que padece esta zona da nosa Galicia do interior. Desexámoslle que poidan cumplirse algunhas das súas reivindicacións e que teñan éxito nas propostas que se fan dende a Asociación Plabali.




Na segunda hora conectamos co noso correspondente Xulio Simón, que tamén ten un convidado, nesta ocasión en O Courel, concretamente en Froxán: Toño e Susana, encargados da Vivenda Rural Casadaaira.com. Coméntannos as características dese establecemento, xunto co da Casa da Fonte. Un lugar especial enclavado nun lugar privilexiado, na Serra do Courel, declarado BIC, como Conxunto Etnográfico. A estancia nese entorno natural é unha proposta familiar moi económica, agradable e de lecer...


Tamén falamos coa nosa correspondente nesa mesma zona: Fernanda Follana Neira, que nos recomenda a visita á zona Recreativa da Cortevella e a Fraga da Marronda. Para xantar o Restaurante e Hotel "Moneda", no Cádavo, moi frecuentrado polos pelegríns do Camiño de Santiago e con prezos moi axeitados.


Antes de finalizar atrevémonos a ler un dos poemas que se atopa no libriño da nosa amiga Mercedes Taracido, dona de Máximo Felipe: "Por camiños e carreiros", que nos escoitan dende Suiza. Este poema está dedicado á Serra da Capelada. E finalizamos ofrecéndolles unha peza musical máis, para despedirnos.


Desexamos que volvan a sintonizarnos o vindeiro sábado á mesma hora. ¡Sexan Felices! 
Aquí podedes escoitar e ver o programa enteiro: https://www.facebook.com/SemprenGalicia/videos/2420976118168680/nbsp;

domingo, 3 de novembro de 2019

SÁBADO día 02 do Mes de SANTOS do 2019

Comezamos outra emisión desculpando a participación do noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela Bautista, que hoxe ten certos compromisos personais e non lle é posible estar connosco. A primeira conexión é con PEDRO PÉREZ, responsable do Grupo Duplex, que nos pon ao corrente de moitas e interesantes  noticias relacionadas coas xoias e co diseño en particular, así como tamén das súas publicacións. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe.



Despois conectamos con Juan Pedro Sánchez, Presidente da ASOBECAT, que nos fala da entrega dos Premios a Bercianos importantes na Xuntanza que se fixo durante o verán en Galicia, e tamén nos fala da celebración do Magosto Popular-2019 que teñen previsto realizar a vindeira fin de semana. Apreveita para adiantarnos a data do próximo "Festival do Botillo Berciano" para o vindeiro 2020, que se realizará novamente no Hotel Front Air de Sant Boi de Llobregat, o mesmo do ano pasado, para o mes de febreiro, concretamente o sábado día 15. Agradecémoslle a súa amable atención.



A terceira intervención é a da nosa amiga e benquerida Carmen da Vivenda Rural "Xanela da Lúa", en Lira, que nos fala da oferta especial dos seus "Menús Gastronómicos de Outono", por un prezo moi asequible, como por exemplo xantar, cea, aloxamento e desaiuno para dúas persoas por 200€uros. Tamén poden acollerse a outras ofertas moi baratas a partir de 35 €uros... Sempre é unha satisfacción falar con Carmen da súa feiticeira Vivenda Rural.



Na segunda hora conectamos co noso correspondente Xulio Simón, que sempre ten seleccionada unha crónica cultural moi interesante. Nesta ocasión fai unha extensa información relacionada coa efemérida da visita de García Lorca a Galicia e a conmemoración que se fixo o día 25 de outubro, e que se establecerá anualmente.



Damos lectura a un poema da nosa benquerida "Poeta Pastora" Nieves Fernández Vidueira, que ten moita relación co tempo no que estamos. 


A última intervención é a do noso Poeta da Mariña Luguesa, Paco Rivas, que sempre ten comentarios moi axeitados e finaliza  agasallándonos coa declamación de varios poemiñas da súa autoría.



E despois de despedirnos, convocámolos ate o vindeiro sábado á mesma hora. ¡Sexan Felices!

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...