venres, 27 de decembro de 2019

SÁBADO 14 de decembro do 2019

Ultimo programa do ano 2019. Seguimos coas dificultades xa mentadas en anteriores emisións, relacionadas coa comunicación telefónica e por elo pedimos disculpas. Agardamos que no vindeiro ano 2020 teñamos arranxados estes inconvenientes. A locución do programa de hoxe faina Armando Fernández, xa que un servidor non pode estar nos estudios por mor de certas obrigas persoais. Comezamos ofrecéndolles unha peciña musical para darlle a ben-vida ás "Rosalieiras", as cantadeiras da Asociación C.G. Rosalía de Castro de Cornellà, que nos visitan e ofrécennos a primeira das interpretacións musicais: A Muiñeira de Liñares.

Continuamos escoitando a estas grandes intérpretes da nosa música tradicional galega, coa peza Pasodobre de Berrogüetto, e agradecémoslles a súa participación no noso programa de hoxe.

Continuamos comunicándonos co noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela Bautista, que aproveita para desexarnos unhas Felicies Festas de Nadal e aninovo. Tamén conectamos con Xulio, que non se atopa nos estudos e envíanos os mellores desexos de Nadal para todos.

Tentabamos comunicarnos con Galicia, pero seguimos a ter dificultades, será pola Borrasca Fabien, que está pasando por aquelas terras, con moitísimo vento,  e resulta casi imposible ter unha boa comunicación cos nosos colaboradores. Así pois despídese Armando da audiencia ate o vindeiro día 11 de xaneiro do 2020, á mesma hora.

Continuamos o programa ofrecéndolles unha selección de música do Grupo ABÓBRIGA, que acaban e enviarnos o seu CD "Non Hai Fallo".

Aproveitando precisamente a música destes grandes intérpretes de Baiona, damos lectura a unha pequena biografía do grande etnógrafo ANTÓN FRAGUAS FRAGUAS, a quen se lle adicou este ano as Letras Galegas 2019. Sirva para coñecer un chisco máis o homenaxeado deste ano.

E finalizamos escoitando algunha peza musical máis, da últimas que nos chegaron: A banda da Loba, "Fábrica de Luz". Adiantamos que en vindeiras datas voltaremos á selección musical para que poidamos escoitar os traballos publicados recentemente, pero que non nos foi posible ofrecérllelos porque o tempo que temos na radio fáisenos cativo e a programación moi extensa. Prometémoslles que faremos o posible por comnplacervos e compartiremos convosco as novedades musicais que nos foron chegando últimamente. 

Desexamos que teñan unhas Felices Festas de NADAL en unha entrada de Aninovo 2020 cheo de benestar e saúde para todos. ¡Sede felices!

SÁBADO 30 de NOVEMBRO do 2024

Outro programa máis con todos vosoutros. Nesta ocasión tivemos que "enlatar" as intervencións, por mor da nosa participación na pr...