sábado, 29 de maio de 2021

SÁBADO 29 de MAIO do 2021

Comezamos outra emisión máis do "Semprengalicia" coa nosa sintonía e despois das salutacións oportunas dámoslle a ben-vida a Ariana Barrabés e Jesús Olivares 

do Grupo de Música EVOÉH. Agradecémoslle que aceptaran o noso convite para que nos falen da súa traxectoria musical e da próxima actuación prevista para o día 5 de xuño no colexio Torre de la Miranda -c/Almogávares,10 de Cornellà. Farán un concerto con motivo do 40+1 Aniversario da A.C.G. Rosalía de Castro. Que saiban que, aínda que a actuación e asistencia é completamente gratuíta, teñen que poñerse en contacto co nº de teléfono 620 236 571, para reservar plaza, porque así o requiren as normativas sanitarias para estes eventos. Seguro que será unha actuación moi feiticeira. Desexámoslles moitos éxitos.

A segunda intervención é a de Antón Blanco, poeta e Lector de Galego na Universidade de Barcelona a quen lle agradecemos a súa aportación no noso programa. Trátase da Exposición que se pode contemplar na Biblioteca da UAB, dedicada a Xela Arias. Os que o desexen poden disfrutar dunha visita guiada polo propio Antón o vinderio luns ás 12 ou ás 17h da tarde, así como tamén o martes. Poderán disfrutar das explicacións oportunas, a cargo do propio Antón, sobor da nosa poeta galega a quen lle dedican as Letras Galegas 2021, e quizaves tamén da poesía desta grande autora. ¡Grazas Antón!

Chamamos a Carmen Penim para felicitala pola concesión do Premio que ven de recibir na Coruña, pola mellor adaptación da canción "Aí ven o barco do mar". Tamén nos adianta algo sobre o traballo que está a realizar, xunto con Maurizio claro, dedicado aos nenos: "Ven, que che canto un conto". ¡Parabens!

Seguimos, na segunda hora, conectando co noso correspondente en Combarro, Xulio Simón, que nos ten preparada a participación do Catedrático Xosé Henrique Costas. Saudámolos cordialmente e mantemos unha pequena conversa chea de ensino e engado para todos nós.
 

Voltamos a Galicia para conectar con Arantza Portabales, escritora que ven de presentar e publicar o libro: "A vida secreta de ÚRSULA BAS". Falamos da súa traxectoria creativa, dos premios acadados, da súa literatura e, cómo non dese libro. ¡Moitas grazas, Arantza! Foi unha honra e un pracer terte na nosa emisión.

E finalizamos desexando que teñan unha feliz semana. O vindeiro sábado máis. 

Aquí teñen o programa completo.


sábado, 22 de maio de 2021

SÁBADO 22 de Maio do 2021

Despois da sintonía e saudos a tódolos nosos oíntes e seguidores, comezamos o programa de hoxe conectando con María e Miguel, dous profesionais veterinarios que levan adiante un proxecto de elaboración de queixo, en Guitiriz: Chámase BISQATO, e veñen de recibir un Premio a nivel Nacional, moi importante no http://internationalcheesefestival.com. O Talento do Queixo-queixo de autor, que lle concederon en Asturias. Dámoslles os nosos parabens e fálannos do seu proxecto tan interesante. Agradecémoslle a súa aportación e participación no programa de hoxe. Que sigan colleitando moitos éxitos.

A segunda intervención é con Aser Álvarez, de Arraianos Produccións. Agradecémoslle que nos deixara compartir o pequeno documental dedicado a Xela Arias, que precismanete colgaremos ao final do programa de hoxe. Tamén nos informa doutras  actividades e documentais nos que está a traballar. E adiántanos, en primicia para tódolos nosos oíntes, a próxima celebración dos nomeamentos de Arraianos, que este ano será en Entrimo na primeira semana de Agosto, e que recaerá na figura do noso benquerido Xosé Lamela Bautista, a título póstumo. Desexamos que sexa todo un acontecemento exitoso.

Continuamos na segunda hora, conectando co noso correspondente nas Rías Baixas, Xulio Simón, que nos ten preparada a súa crónica semanal, de aprendizaxe sobre cultura galega en xeral.

Despois falamos con Inés Mirás, guitarrista e teclista do Grupo musical galego " A BANDA DA LOBA", que nos fala do último traballo publicado: A fábrica da Luz, e tamén do traballo realizado para conmemorar o día das Letras Galegas 2021, no que inclúe a musicalización dun tema de Xela Arias. E despedímola cunha peza do CD que mentamos ao comezo da entrevista.

E finalizamos o programa ofrecéndolles o Documental que nos deixa compartir o noso amigo "Aser Alvarez", para conmemorar a figura de Xela Arias. https://www.youtube.com/watch?

A vindeira semana voltaremos con máis noticias e máis música. Ahí lles deixamos o programa completo, como cada semana.

sábado, 15 de maio de 2021

SÁBADO 15 de MAIO do 2021

Outra emisión máis con todos vosoutros, benqueridos oíntes e seguidores. Comezamos coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións e un chisco de música, dámoslle a ben-vinda a unha grande amiga e colaboradora nosa, profesora, escritora e POETA: Miriam Ferradáns. Agradecémoslle a súa participación e moi especialmente para que nos ilustre un chisco sobre a figura de Xela Arias, a grande homenaxeada das Letras Galegas 2021. Fainos un pequeno percorrido desta poeta, escritora e tradutora galega. Precisamente coa súa aportación queremos celebrar con todos os nosos oíntes e seguidores esta efeméride por adiantado, xa que a propia commemoración é concretamente o día 17 de maio. ¡Feliz día da Letras Galegas para todos! E despois de agradecerlle a súa aportación despedímola cun bocadiño de música.

A segunda intervención, conversa, é con Moncha Prieto, que nos presenta o seu libro: "Alma de barro. Relatos da Ribeira Sacra", que precisamente para celebrar o día das Letras, escolleu poder asinárllelo a tódolos que se acheguen á librería Agrasar de Monforte de Lemos, precisamente o día 17 a partir das 12 do mediodía. Comentamos moi por enriba de qué trata ese libro e cómo foi a súa elaboración. Desexámoslle moita sorte e que acade moitos éxitos.

Despois conectamos novamente con Galicia, para falar con ALEX, do Grupo de música "Faíscas da Pontraga". Escoitamos de entrada unha das súas pezas "Cumbia", para darlle a ben-vida e saudalo. Coméntanos parte da súa traxectoria musical, dos concertos, dos proxectos. Pronto poderemos agasallar aos nosos oíntes algunha peza máis do seu CD que prometeu enviarnos en breve. Desexamos que sigan realizando moitos concertos e que teñan moitos éxitos.

E antes de finalizar conversamos con Nieves Fernández Vidueira, a nosa amiga pastora-poeta, e tamén poderíamos dicir escultora con raices e garabullos do monte. Quero facer mención a eses elementos da natureza aos que a nosa Nieves lle fai representar, xa que parecen falar e dar a entender que representan aquelo que ela mesma é capaz de crear. Ela díxonos que non fai máis ca limparlle o que sobra, xa que os propios paus xa lle transmiten o que van ser. No seu museo (Museo da Nieves en Quintela do Pando-Viana) podedes contemplar esas maravillas que confeccionou coa súa navalla. Conversamos moi distendidamente sobre varias cousas cotiáns, do seu labor como pastora, das súas creacións poéticas, da súa fotografía... Un pracer e unha honra para o noso programa escoitar e disfrutar da súa amena charla. ¡Grazas artista!

E despedímonos ate o vindeio sábado. 

¡Que teñades unha feliz semana!

sábado, 8 de maio de 2021

SÁBADO 8 de MAIO do 2021

O primeiro programa deste mes de MAIO, que comezamos dándolles a ben-vida e saudando a Antía Ameixeiras e Sabela Caamaño, do Grupo CAAMAÑO&AMEIXIERAS, que nos presentan o seu ultimo traballo, un CD que leva por título AIRE, e que ofrece 11 temas escollidos, de música tradicional acompañadas de grandes autores e músicos moi importantes. Elas, moi humildemente, dícennos que se sinten moi honradas coa participación deses músicos de grande talla, pero elas tamén o son: Grandes. Felicitámolas por ofrecernos esas interpretacións feiticeiras, que pronto estrenarán e presentarán en Galicia, concretamente o día 17 deste mesmo mes de maio, no Festiletras. E o día 5 de XUÑO teremos a oportunidade de poder disfrutar delas no CAIXA FORUM de Barcelona. Agradecémoslles a súa amable atención e desexámoslles moitos éxitos!!!

A segunda invitación, conversa e entrevista, é co noso admirado poeta e escritor MODESTO FRAGA MOURE. Concédenos estes minutos do seu lecer e traballo intenso, para darnos a coñecer unha serie de actividades e actuacións que están a preparar con motivo do 25 aniversario do Batallón Literario da Costa da Morte. Tamén nos informa da revindicación e próxima actuación, o día 22 deste mes, con moitos participantes máis, no Poesía polos Penedos. Un acto que se celebrará durante todo o día para reclamar que non se sementen aereoxeneradores naquela comarca protexida e de grande riqueza natural e patrimonial.

Despois conectamos co noso correspondente en Combarro, Xulio Simón Rúa, que nos fai a súa crónica semanal e cultural. Agasállanos coa lectura de sendos poemas escollidos por el, aproveitando que se fan unhas publicacións especiais no Diario Nós, moi interesantes e moi recomendables. Moitas Grazas pola túa aportación, Xulio.

E para finalizar voltamos novamente á conversa que interrumpimos con Modesto. Fálanos dese seu traballo que xa está na imprenta, relacionado coa literatura fisterrá. A súa Finisterranía está máis que demostrada, non só polas súas publicacións senón tamén polo seu intenso traballo de investigación e posta en valor dos moitos personaxes que sairán ao prelo en próximas datas. Agradecémoslle a súa participación no noso programa de hoxe, e comprometémonos a falar novamente con el, cando estea editado ese libro.

Desexamos que teñan unha feliz semana. A continuación o programa enteiro.

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...