sábado, 18 de novembro de 2023

SÁBADO 18 de NOVEMBRO do 2023

Un sábado máis con todos vosoutr@s, tentando levar adiante este programa de dúas horas de Radio en Galego. Comezamos coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións saudamos a un convidado especial que nos visita nos estudios: ANTONIO REY (TOTÓ), que é das Ermitas.
 

Escoitamos un bocadiño de música e trasladámonos (telefónicamente) á Costa da Morte, para recibir ao noso corespondente OSCAR REY CALO, que ten preparada a súa crónica semanal relacionada coas noticias daquela contorna, e que se poden ampliar na páxina quepasanacosta.gal, como vimos informando cada semana, o mesmo que lles lembramos que este noso programa re-emítese en Radio Roncudo os domingos a partir das dez da mañá. Agradecementos para Oscar e desexámoslle feliz semana.


A continuación mantemos unha longa conversa con ANTONIO REY (Totó). Falamos daquel Val das Ermitas tan feiticeiro, das Festividades que se fan, dos produtos de primeira calidade que se poden disfrutar ali, dos viñedos espectaculares, das oliveiras, das vistas panorámicas, da Semana Santa, do Viacruces e do Calvario, das imáxenes-esculturas que hai en cada unha das estacións do Calvario, do Santuario da Nosa Señora das Ermitas... ... etcétera. Pero non nos esquecemos dun detalle moi especial que ten moito que ver cunha fermosa actividade que o noso visitante realiza cada vez que se celebra algún acontecemento nas Ermitas: Reparto de amendoados para os veciños e amigos. Na última ocasión preparou nada menos que catrocentos amendoados elaborados por el mesmo, cunha receta especial herdada da súa familia.
 

Na segunda hora comezamos conectando coa nosa correspondente nos Ancares Lugueses: FERNANDA FOLLANA NEIRA, que sempre nos acostuma a ilustrar coa súa intervención informándonos dalgún acontecemento relevante, relacionado con aquela contorna galega. Agradecémoslle a súa colaboración semanal, que sempre recibimos con moito agarimo.


Conectamos despois con Galica, concretamente Redondela, onde se atopa FON CONDE, un dos compoñentes do Grupo Musical CANTATORRELLA. Escoitamos a súa música. Parabenizámolo porque mañá mesmo, domingo día 19 estrenan un video-clip que leva por título "Preludio", que conta coa participacion do grande Tatán (de Tanxarina). Coméntanos cómo é a súa traxectoria e composición do Equipo composto por: Antonio Vidal, Myriam Cortizo, Diego Orge, Mario Blanco e el mesmo Fon Conde. Xa fixeron varios concertos no verán, a descatar o da Sala Rebullón, en Mos, cunha moi boa acollida do público. Agradecémoslle que nos atendera e desexamos que teñan moito éxito na súa andaina.

E despedímonos dándolle as grazas ao noso convidado-visitante de hoxe, a quen lle ofrecemos a posibilidade de achegarse aos nosos estudos cada vez que o desexe. Foi unha honra aprender con Totó, moitas cousas daquel Val das Ermitas, tan fermoso e singular. ¡Moitas Grazas, Antonio Rey (Totó)! Ate o vindeiro sábado á mesma hora.

 

Deixamos aquí o programa completo.


Ningún comentario:

SÁBADO 26 de OTUBRO do 2024

Unha semana máis, como cada sábado, outra emisión do noso programa, con entrevistas, música e noticias dende Galicia. Comezamos coa nosa sin...