domingo, 27 de xaneiro de 2013

26 de xaneiro 2013

Sábado 26 de XANEIRO 

Tino, Xosé Rois, Xulio C. e Armando Ferdez.
 Comezamos un día máis esta nosa emisión de radio en gallego, conectando, como cada semana con XOSE LAMELA, que dende a Baixa Limia nos presenta a LINO PERDIZ, galego nado nesta comarca da Baixa Limia e membro-compoñente da Plataforma pola Baixa Limia (PLABALI), para poñernos ao corren das moitas inquedanzas e actuacións que están levando a cabo. 


Despois chamamos a FINA CASALDERREY, para felicitala por ser elixida pola REAL ACADEMIA GALEGA para ocupar o sillón que deixou valeiro Xaime Illa Couto. Tamén aproveitamos para manter unha pequena conversa con ela. 



 Na segunda hora conectamos coas Rías Baixas, para falarmos con Xulio Simón que nos presenta a JOSE LOPEZ RIVAS, un galego nado en Lugo, que participou no ultimo DAKAR (Perú, Arxentina e Chile) e que rematou no posto 86. 



 Recibimos, nos nosos estudios a TINO e a XOSE ROIS, cos que mantemos unha amena conversa e convidámolos a escoitar un chisco das escollas musicais que lle ofrecemos a tódolos nosos oíntes e seguidores. 


 A vindeira semana prometemos voltar, con moitas novidades, sorpresas, entrevistas e se pode ser, un novo programa e MELLOR.

Programa do 19 de xaneiro

Segundo Programa do ano 2013 

 Nesta ocasión dirixe o programa ARMANDO FERNÁNDEZ. Comeza, nesta ocasión, chamando a VIANA do BOLO, para falar con SARITA VIZCAIA, da Panadería VIZCAIA PRIETO, especialistas en bolos, empanadas, bicas e pizzas "con denominación de orixe". Paga a pena escoitalos un chisquiño.


 

Coma sempre, como cada semana, comunícase coa BAIXA LIMIA para falar co noso correspondente XOSÉ LAMELA, que nos pon ao corrente dunha actuación algo delicada referente ao "trasvase" de agua, polo día, dende o embalse das Conchas (algo contaminado) ata o embalse de Salas, para despois, pola noite, producir electricidad... Algo delicado, como dicimos. Fai referencia á Plataforma en Defensa da Baixa Limia. PLABALI.



 Despois conecta novamente con Galicia, concretamente con Xulio Couxil, que dende Viana do Bolo, tamén, dalle algunhas informacións e novidades interesantes, relacionadas coa nosa cultura galega e coas "Nosas Cousas" en Galicia. 


Como temos algúns compromisos de ultima hora, relacionadas coas ocupacións personais, temos que reducir a emisión que acostumamos a realizar cada semana, pero introducimos unha boa selección de música, para que disfruten dela. 
 A vindeira semana realizaremos unha emisión moito máis normalizada e coa presencia física de Xulio, así como algunha que outra sorpresa agradable para tódolos nosos oíntes e seguidores.

martes, 15 de xaneiro de 2013

1º Programa do 2013

Programa do 12 de xaneiro do 2013

Comezamos dándolle a ben-vida a tódolos nosos oíntes e prometéndolles un programa con moitas informacións galegas e algunha que outra novidade interesante relacionada coa nosa cultura galega.
A nosa comunicación semanal encetámola con XOSE LAMELA, na Baixa Limia e co Xefe e Coordinador de Protección Civil de Lobios. Con eles falamos sobre o seu traballo e sobre a proposta de reunificación de dos recursos deste medio rural que tanta axuda lle dan aos do rural.
Agora facemos un pequeno inciso no programa para ofrecerlles un bocadiño de música precedido dun comentario interesante.


Na segunda hora conectamos coa Mariña Lucense para falarmos co noso Poeta da Mariña PACO RIVAS, con quen mantemos a nosa primeira conversa do ano relacionada coas novedades dos recortes e outras cousas que están a suceder no noso entorno. Sempre é moi ilustrativa a conversa co nos comunicante. Prometeunos que na seguinte comunicación que teñamos con el falaremos das súas creacións poéticas e dos seus libros que publica ou están a piques de publicar.


Despois falamos con XULIO SIMÓN, o nos correspondente das Rías Biaxas, que se atopa en Pontevedra para asistir ao Festival  CANTOS NA MARÉ, que celebra o seu Xº Aniversario. A súa dirección está a cargo de UXÍA, unha das mellores representantes da nosa cultura musical galega. Estaba no Pazo da Cultura. As voces desta edición: Rui Veloso (Portugal), Chico César (Brasil), Cheny Wa (Mozambique) e Sés (Galicia). Estarán acompañadas por unha banda internacional formada por Paulo Borges (Azores), Berg (Portugal), José Manuel Díaz (Cuba), Quiné (Portugal) e Sergio Tannus (Brasil). Contouse coa intervención do brasileiro Dani Black. Seguro que pasaron unha velada moir agradable e xeitosa. Comentounos que na vindeira semana tentaremos falar con alguén da organización, a ser posible coa propia UXÍA.

A vindeira semana voltaremos a tentar levar adiante outro prgramiña máis, para deleite de todos.
Prometemos "colgar" todo o programa en vindeiras datas.

xoves, 10 de xaneiro de 2013

Agardámosvos o vindeiro SABADO 12 de XANEIRO

¡¡¡ Queremos tervos outra vez como oíntes e seguidores !!! 

 O vindeiro sábado voltaremos con máis azos e con moitas sorpresas para todos vosoutros.

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...