O ultimo programa do mes de marzo con todos vosoutros. Temos que disculpara a participación dos nosos colaboradores semanais, Xosé Lamela, Xulio Simón e Fernanda Follana, que teñen outras obrigas que atender. Despois de darlles a nosa máis cordial benvida, poñémonos en contacto co noso amigo e antigo corresponsal da Axencia EFE en Padrón, MASITO BEIRÓ, que nun tempo foi o noso correspondente en Galicia, para participarlle os nosos parabens porque xa se atopa disfrutando da xubilación e aquelas pequenas incomodidades de saúde parece que xa remitiron. Aproveita para darnos coñecemento de varias e interesantes noticias, que seguro profundizaremos en vindeiras ocasións. Agradecémoslle a súa participación no noso programa de hoxe.
Segidamente falamos con Montse González de Verso a Verso, que ademais de notificarnos algunhas das actuacións nas que participou, agasállanos coa recitación dunha poesía adicada ao viño Mencía. Unha primicia para tódolos nosos oíntes e seguidores. ¡Moitas grazas Montse!
Despois conectamos novamente con Padrón para falarmos con ISAAC, Xefe de Cociña do emblemático "Hotel Restaurante Scala". É unha satisfacción e un privilexio contar coa súa aportación de hoxe, xa que de primeira man infórmanos da celebración da "Vª Festa Gastronómica da degustación da Lamprea" e este establecemento é un dos que participan moi activamente nesta oferta e degustación dese prato tan cotizado. Indícanos que aínda que mañá será o ultimo día deste evento, no Restaurante do Scala seguirán ofrecendo ese suculento manxar ate ben entrado o mes de Abril e quizaves na Semana Santa aínda poderán dirixrse a eles para reservar e probalo por tan só 30€uros. En vindeiras ocasión tentaremos voltar a falar con Isaac, para que nos continúa informando das exquisiteces que se poden degustar no Scala de Padrón.
A continuación aproveitamos para informalles de dous acontecementos relacionados co pasamento dun grande investigador da nosa Literatura Medieval - Giussepe Tavani - e o doutro grande da nosa cultura como foi acordionista Pazos de Merexo. As nosas máis sinceiras condolencias. Tamén comentamos a posibilidade que teñen de reservan, aínda están a tempo, para disfrutar nesta Semana Santa, da estancia na Vivenda Rural "Xanela da Lúa", rexentada por dona Carmen, coa que tenabamos falar en directo con ela, pero non nos foi posible... Pero xa saben que se queren disfrutar dun lugar con encanto achéguense a Lira e alúguense na "Xanela da Lúa". Outra oferta das que queremos facer mención, para que teñan outras oportunidades, neste caso no interior de Galicia, é a Vivenda Rural no Interior, concretamente pertiño de Melide: "A Casa de Asumpta", se proban seguro que voltarán posto que teñen unha atención especial e ademais da gastronomía galega tamén escoller algúns pratos típicos cataláns, posto que os donos son de Sant Vicens dels Horts.
Outra das Vivendas Rurais que tamén lles indicamos e seguro que serán moi ben recibidos é a "Casa de Romualdo", na Ribeira Sacra. Falamos con Francisco, un cego zanfonista que nos explica un bocadiño do que poden disfrutar naquel paraxe incomparable onde se practica a "viticultura heroica" do viño Mencía e Godello, por excelencia. Unha casa do século XVI que aínda poden tentar alugala para algún dos vindeiros días de Semana Santa.
E por hoxe ren máis. Desexamos que pasen unha feliz semana e o vindeiro sábado, de 18 a 20horas, prometémoslles voltar a tentar facer outro programiña, cheo de noticias, boa música galega e moitas cousas máis.