sábado, 24 de abril de 2021

SÁBADO 24 de ABRIL do 2021, víspera da conmemoración da "Revolución dos cravos"

Comezamos o programa coa nosa sintonía de sempre e dándolles a ben-viinda. Recibimos nos estudos virtuais a Suso Díaz, escritor e poeta de quen nos consideramos amigo e por outra parte grande colaborador das nosas inquedanzas e participativo en todo o que lle propoñemos. Falamos desa publicación que nos fixo chegar Manuel Rivero Pérez: "A Maldición do Encoro". Un acontecemento moi relevante da nosa historia de Galicia e moi concretamente da Baixa Limia, xa que se centra no Encoro das Conchas, en Bande. Comentamos algunhas cousas moi ben relatadas nese libro que constitúe unha documentación moi detallada que servirá, coidamos nós, para axudar a comprender moitas cousas das que aconteceron, aos nosos sucesores, ás seguintes xeracións.

 

Interrumpimos a charla para saudar moi cordialmente a TERESA MACEDO, unha Profesora e escritora portuguesa, concretamente de Guimaraes, que nos recibe moi amablemente e que presentamos como a persoa que teremos como colaboradora nos nosos programas con certa asiduidade. Agradecémoslle a súa inestimable participación e concretamos que voltaremos a tela nestes "estudios virtuais" en vindeiras ocasións para facer de comunicadora e irmandade intercultural. ¡Moitas GRAZAS!

Continuamos a conversa con Suso Díaz, voltamos aos contidos do libro de Manuel Rivero Pérez, xa mentado: A Maldición do Encoro. Hai detalles e situacións que se describen nel que nos poñen en coñecemento das moitas xoias patrimoniais que se asulagaron coa construcción dese encoro. Antes de finalizar a conversa, aínda temos tempo para sentirnos agasallados coa lectura de dúas creacións poéticas deste grande amigo, Suso Díaz. Agradecémoslle a súa participación.


Na segunda hora dámoslle paso ao noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente en Combarro, Xulio Simón, que nos presenta a un convidado excepcional: Xilberte Manso, do Instituto de Estudos Minhorans. Fálanos da triste e complicada situación na que se atopa a Serra da Groba, en Pontevedra, concretamente no Val de Miñor e do Baixo Miño, que comprende os Municipios de Baiona, Nigrán e Gondomar. Teñen previsto "sementar" esa Serra con moiños de vento para a producción de luz eléctrica, e eso conleva un grande perjuízo para a comarca, tanto a nivel patrimonial como ambiental. Ogallá que se poida aturar semellante estropicio.

Despois conectamos con Galicia novamente para falarmos con Manoel Carrete, que ven de publicar un libro para conmemorar o 30 Aniversario da Federación de Entidades Galegas en Cataluña. Tamén nos comenta algunhas das moitas cousas nas que está mergullado, como son a posta en marcha dos Museos da Ribeira Sacra e outro en Castro Caldelas, así como a grande tarefa que representa o Museo da Emigración. Agradecémoslle a súa aportación informativa e desexémoslle moitos éxitos.

E despedímonos de todos vosoutros ate o vindeiro día 8 de MAIO. Non haberá programa o día 1. Aquí tedes o programa enteiro.


sábado, 17 de abril de 2021

SÁBADO 17 de ABRIL do 2021

Unha emisión máis con todos vostedes. Comezamos conectando con Galicia para falarmos con MANUEL RIVERO PÉREZ, Licenciado  en Socioloxía, Psicoloxía, Antropoloxía e Ciencias Políticas e Escritor. Interésanos que nos fale dese libro que escribiu e que acaba de publicar a Deputación de Ourense: "A maldición do Encoro". Está centrado nas investigacións e conversas que Manuel fixo para a construcción do Encoro das Conchas. Unha parte da historia recente dunha parte moi importante da Baixa Limia. Tivemos que cortar a súa intervención por mor de que xa tiñamos comprometida outra conversa-entrevista, pero prometémonos voltar a darlle paso a unha segunda intervención e proposta de conversa, en vindeiras datas, para profundizar e aprender algo máis deste grande acontecemento da historia da Baixa Limia, descrita por Manuel, que seguro nos axudará a comprender moito mellor o que aconteceu con ese Encoro  das Conchas. ¡Grazas Manuel Rivero!


A segunda intervención, conversa-entrevista é con don BERNARDO PENABADE REI, que ven de ser nomeado Membro da Comisión Técnica do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia. Ademais é Profesor no Instituto Perdouro de Burela, e impulsor do "Modelo Burela" (unha forma diferente de educación e ensino), é escritor de varios libros, entre os que el mesmo nos destaca "Conversas con Isaac Alonso Estraviz. Fálanos dese traballo educativo tan interesante e coméntanos que están a traballar para que se publique unha Tese Doutoral que fixo Sara Xil, na que estudia o "Modelo Burela", poñendo en valor todo ese traballo conxunto, posto que foi valorado, na Universidade onde o presentou, cunha nota de sobresaliente cum laudem. Parabenizámolo e prometemos voltar a conectar con el para que nos siga amosando moitas cousas interesantes.


Continuamos a emisión conectando con don XOSÉ BENITO REZA, enxeñeiro de montes e escritor, que nos fala do seu ultimo libro, recentemente publicado pola Deputación de Ourense: O Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. A protección dos espazos Naturais en Galicia. Coméntanos a grande riqueza que temos en Galicia con relación aos Parques Naturais... aprendemos con el moitas das cousas que se deben poñer en valor aproveitando a investigación que este grande amante da Conservación da Natureza nos amosa. Tamén nos fala do perigo que se achega coa "semente de muiños eólicos" en lugares indiscriminados, e moi concretamente nunha zona de alto valor ecolóxico e patrimonial perto de Celanova... A verdade é que cumpriríanos un programa enteiro para que poidéramos acadar unha visión mínima e coherente con respecto a tanto saber que nos amosa. Agradecémoslle a súa amable colaboración de hoxe. Seguro que voltaremos a conectar con don Xosé Benito, en vindeiras datas, para seguir aprendendo e disfrutando da súa conversa.

E despedímonos ate o vindeiro sábado. Sexan felices!!! 

Ahí teñen o programa enteiro.

sábado, 10 de abril de 2021

SÁBADO 10 de ABRIL do 2021

Comezamos unha nova emisión de "Semprengalicia" despois do descanso da Semana Santa, conectando con Galicia para falar co actor FEDERICO PÉREZ REY, que nos fala da película "CUÑADOS" recén estreada e da que é un dos seus actores protagonistas. Coméntanos cómo foi o proceso de realización e algunhas das situacións desa película chea de momentos de enredo, paisaxe fermosa e moita comedia. Un grande traballo que nos convida a que vaiamos a disfrutala, que xa está en moitas salas de Cine dende onte. Moitas grazas, prezado Federico, e moitos éxitos!!!

A seguinte convidada é Maika Maia Santomé, que nos fala dese traballo tan importante que estivo a fomentar perante o confinamento que sofrimos durante este pasado ano 2020, e que continúa neste ano. Os camioneiros teñen que agradecerlle esa posta en escena que fixeron persoas como Maika, para que os esforzados camioneiros, en particular o seu esposo Anxel, tiveran un mínimo de atención nesa tarefa de servicio e transporte esforzado, durante este tempo tan delicado para todos. Agradecémoslle a súa amable atención e disponibilidade, neste noso humilde programa.

Conectamos co noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente en Combarro, Xulio Simón, que nos ten preparada a súa proposta comunicativa semanal. Tamén aproveitamos para conectar con Fernanda Follana Neira, que dende as Terras dos Ancares nos informa moi sucintamente. Agradecémoslle a súa aportación.

E para finalizar ofrecémoslle a Entrevista que nos concedeu dona Amparo Alonso Betanzos, Presidenta da AEPIA, Axencia Española para a Intelixencia Artificial. ademais

de profesora da UDC e coordinadora do grupo de investigación LIDIA. Unha engaiolante conversa coa que nos axuda a aprender algo máis, e comprometémonos a volver a convidala para poder seguir aprendendo.

Finalizamos o noso programa ate o vindeiro sábado á mesma hora. Aquí deixamos o programa completo.

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...