sábado, 10 de xuño de 2017

SÁBADO 10 de XUÑO do 2017

Comezamos o programa dándolles a benvida, nesta ultima emisión da tempada, na que lles ofreceremos dúas horiñas entretidas. En primeiro lugar conectamos co noso correspondente nas Rías Baixas Xulio Simón, que ademais de desexarnos unhas felices vacacións tamén nos informa da homenaxe que lle ofrecerán en Boiro a NARF, en na que aproveitarán para inaugurar unha estatua adicada a este grande músico que non hai moito tempo que nos deixou.

A segunda comunicación e´con XOSÉ LAMELA, o noso colaborador-correspondente na Baixa Limia, que nos presenta ao contertulio desta semana don DOMINGO GONZÁLEZ LORENZO, Chef cociñeiro do Balneario de Lobios, cos que mantemos unha moi amena conversa sobre varios aspectos gastronómicos así como algunhas cousas relacionadas coa caza, dun seu libro de recetas de cociña do Xurés e acabamos comprometéndonos xuntarnos naquelas fermosas terras para celebralo xuntos.

A seguinte comunicación é con MAYKA Maya Santomé, que dende Moaña fainos de correspondente para informanos do acto bandálico que sofriron nesa localidade precisamente esta noite pasada, e aproveita para convidarnos a visitar esa terriña tan fermosa e acolledora.

Seguimos con diversas informacións interesantes: A próxima Festa Galega en Can Mercader, organizada pola A.C.G. Rosalía de Castro, para a vindeira fin de semana: Os días 16, 17 e 18 de xuño. Convidalos a que participen, non só da NOITE CELTA, coa actuación escepcional, o venres 16 ás 22:30h. de O VAL DAS MOURAS que actuarán como teloneiro de LUAR NA LUBRE, cumplindo XX anos nos escenarios.

Para finalizar o programa de hoxe conectamos co noso Poeta da Mariña: PACO RIVAS, que despois de comentar algunhas noticias de actualidade, finaliza a súa intervención agasallándonos con dous poemas da súa autoría e desexanos unha felices vacacións a todos.

Agardamos que pasen un verán feiticeiro e agardamos que sigan sintonizándonos.

sábado, 3 de xuño de 2017

3 de XUÑO do 2017

No programa de hoxe tivemos a honra de recibir a grandes personaxes. A primeira intervención foi a do noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela, que nos presentou ao Ilmo.Sr.Alcalde de Entrimo, don Ramón López. Conversa moi amena que nos serviu para coñecer un chisco máis polo miudo, esas terras raianas e que mañá celebrarán a XIV Festa-exaltación da Empanada de Forquellas e Carne de Cachena. Agradecémoslle a súa amable atención e convídanos a asistir.


A segunda entrevista é con don BIEITO ROMERO, de LUAR na LUBRE, que nos pon ao corrente das próximas actuacións dese grande grupo de música galega que lidera e que nos fará unha visita para ofrecer un Concerto o día 16 de xuño no parque de Can Mercader, con motivo da Noite de Folk Celta. Os teloneros serán "O Val das Mouras", de Hospitalet. Agradecémoslle a súa participación no noso programiña de hoxe.

Despois falamos co noso correspondente nas Rías Baixas, Xulio Simón, que nos presenta á súa convidada de hoxe: TAMARA ANDRÉS, unha poeta moi recoñecida e de longa traxectoria cultural que ven realizando unha morea de cousas moi interesantes. Quedamos engaiolados coa súa intervención e remata a súa participación declamándonos un dos seus poemas. Agardamos poder contar con ela en vindeiras ocasións. A última intervención-participación é a do noso Poeta da Mariña Lucense, PACO RIVAS, que sempre nos recibe con frases cheas de retranca e agarimosas, e sempre nos agasalla, para finalizar con algún dos seus poemas.  

A vindeira semana máis. Non deixedes de sintonizarnos.

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...