domingo, 31 de xaneiro de 2010

PROGRAMA do 30 de xanerio do 2010

Este último sábado do mes de xaneiro comezamos o programa coa compaña do historiador e colaborador don MANOEL CARRETE, que nos axuda a presentar o programa desta semana, comentando algunhas das cuestións candentes e actuais do panorama galego en Cataluña e en Galicia.

A primeira comunicación telefónica é con MANUEL BARCIA, que nos facilta tódolos datos sobre a "Festa do Botelo" que teñen preparada os socios de "Orgullo del Bierzo" para o vindeiro día 20 de febreiro á que asistirán varios alcaldes bercianos e outros de Cataluña, escritores, poetas, historiadores... e unha morea de personalidades importantes, xunto con Luís del Olmo. Aproveitarán para renderlle unha sentida homenaxe a un personaxe ilustre do Bierzo.

Continuamos coas novidades e importantes sucesos que acontecen en Galicia, como é o asunto das votacións e eleccións de Presidente do Partido Popular en Ourense, que recaeu na persoa de don Jose Manuel Baltar Blanco. Outros datos interesantes foron as diferentes declaracións de colectivos e institucións en contra do Decretazo do Galego.

A segunda hora comezámola coa participación de Xulio Simón e Carlos Callón, Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística. Unha conversa, a tres bandas, que nos pon ao corrente do que se está a facer en Galicia e do que se ten previsto para que, a posta en marcha do "Decreto do Galego" non represente un paso atrás no emprego do noso idioma na nosa Galicia.

Rematamos o programa, conversando Manoel Carrete e mais un servidor, e desexando que voltedes a participar connosco a vindeira semana, que vos prometemos moitas máis noticias e moitos desexos de compracer as demandas de tódolos que nos seguides e nos axudades e que continuemos nesta andaina.

sábado, 23 de xaneiro de 2010

Programa do 23 de xaneiro do 2010

Comezamos un novo programa de "Sempre en Galicia" coa sintonía de sempre, "Tolemia de Cristina Pato" e adiantándolles que estaremos perante as dúas horiñas falando e dándolles comunicacións en galego tanto as que se producen aquí, no noso entorno catalán, como aquelas que nos chegan dende Galicia á Redacción. Unha primeira introducción do que pensamos facer e unha nova proposta para que escoiten a nosa música galega.

A nosa primeira comunicación-conversa é con "Kique de Navia", colaborador, escritor, poeta e grande coñecedor das nosas cousas galegas. Ven de pasar unha tempada de lecer e descanso en Galicia e fainos unha pequena introducción do que xa semella un grande atraso e un atranco para o noso idioma galego, a pretensión da posta en marcha do decreto do galego. Tamén nos lembra que nestas datas celebramos o pasamento de Andrés Dobarro, un grande compositor e músico galego a quen lle debiamos facer algunha mención especial. Así lle-lo prometemos e buscamos na nosa discografía para poñer en antena unha peza do disco homenaxe a Dobarro, precisamente "O tren". Despedímolo desexando que poida estar canda nós nestes estudios nunha vindeira e próxima ocasión, aportándonos algo do seu bon facer.

Xa na segunda hora, e no final do programa conectamos con Galicia, concretamente con Paco Rivas, o noso poeta da Mariña Lucense, que nos fai un breve percorrido polo acontecido nesta semana, e que lle alporiza un chisco todos eses atrabancos que pretenden facerlle ao noso idioma e remata a súa intervención, coma sempre, coa declamación de varios poemas da súa creación.

Presentámoslle a Sergi Herrero, o noso novo Tecnico de Son, que sustitúe a Marc. Desexámoslle unha boa emisión, e que poida disfrutar coa nosa comapaña e as nosas eleccións tanto musicais como as conversas e entrevistas que vaiamos realizando.

Desexamos que volvan a conectarse connosco a vindeira semana.

xoves, 21 de xaneiro de 2010

Programa do 16 de xaneiro do 2010

Como todos vostedes saben, a dirección do programa deste día 16 correspondeulle a SERXIO SEOANE, o noso colaborador encargado de aportarnos a maioría das novidades musicais que sempre nos chegan á redacción. Comeza indicando cales son as súas pretensións perante esas dúas horiñas de radio en galego para todos os nosos oíntes. A súa primeira conexión é co responsable da "Feira do Polbo" - falan SERXIO e SUSO RODRÍGUEZ - de Agarimos de Badalona, que aproveita a ocasión para convidar a tódolos asistentes ao evento agasallándoos cunha botella de bon viño si se achegan alí mañá, domingo. O noso agradecemento pola súa oferta e aportación.

Deseguida fai unha conexión con Vigo, onde me atopaba un servidor de vostedes, Xulio Cougil, e fágolle un pequeno resumo de todas aquelas cousas que estiven a realizar e que teñen algunha relación coa nosa emisión e coa nosa cultura galega. Doulle a grazas pola súa chamada e deséxolle un programa entretido e con moito éxito.

A seguinte comunicación e conexión, en directo é con Ricardo Pérez Anta, o Presidente da "Asociación Cultugal Galega ROSALÍA DE CASTRO", e manteñen unha amena conversa relacionada coa Asociación, coas súas Actividades e cos proxectos de futuro.

Despois conecta con Galicia novamente, e en concreto con XULIO SIMÓN, que nos pon ao corrente da novidades máis salientables relacionadas coa nosa Cultura Galega, en especial as que fan referencia ao noso idioma, o galego.

Remata o programa coa audición de varias pezas de música galega, despois de manter tamén unha pequena conversa co noso Técnico de Sonido MARC, que nos deixa para desprazarse a Italia cunha beca de estudio-traballo e ampliar os seus coñecementos na súa especialidade. Desexámoslle o mellor nesta nova andaina. ¡Moita sorte Marc!

A vindeira semana voltaremos a estar aquí e desexamos que volvan a participar connosco e disfrutar coas nosas propostas de entrevistas e música da nosa. Pasen unha semana "xeitosa".

martes, 12 de xaneiro de 2010

Programa do 9 de xaneiro do 2010

Comezamos desexándolles unha boa entrada de ANINOVO 2010 a tódolos que nos seguen, tanto polas ondas coma polo Internet. Dámoslle-las gracias pola súa constancia e polos moitos correos e ánimos que nos envían ao traverso dos correos electrónicos e comunicacións telefónicas. Sentímonos moi ledos e coidamos que o noso traballo non sería ren sen a súa participación e colaboración. Desexamos cumprir con todas as espectativas que desexan de nosoutros. Pomos, da nosa parte, todo o que temos para tentar cumplir coas súas solicitudes. Así seguiremos, mentres poidamos, e mentres os teñamos ahí, á escoita da nosa radio.
Nun primeiro momento démoslles informacións das cousas que nos chegaron á Redacción, xunto coa proposta de escoitar algunha peza de música do grupo de caboverdianas "Batuko Tabanka", con seu disco DJUNTA Mô. Agradecémosllo a Pai Música, que nolo enviou o mes pasado.

A primeira comunicación telefónica que mantivemos foi con Ricardo Pérez Anta, o Presidente da Asociación Cultural Galega "Rosalía de Castro", que nos informa dos aconteceres da Entidade e dalgunha que outra novidade que se está a preparar para tódolos socios e simpatizantes. Entre outras: O Entroido, coa súa sea correspondente, e os desfiles de Carnaval; a participación do Grupo de Danza e Gaita no Concurso de Galicia; o estreno doutra obra de Teatro que está a preparar a Sña.Amelia, co Grupo Anduriña; a preparación das diferentes candidaturas para dirixir a nosa Entidade... ... moitas e importantes actividades...

A segunda hora comezamos coa comunicación e colaboración de PACO RIBAS, o noso poeta da Mariña Lucense, que nos desexa a todos un Feliz Ano e regálanos unhas cuantas das súas creacións poeticas para comeza-lo ano con ledicia.

Nos ultimos minutos voltamos a ter máis informacións e algo máis de música para escoitarmos.

A vindeira semana posiblmente non poideremos estar en directo no estudio. Tentaremos que o programa se poida emitir igualmente. Pedirémoslle a Serxio que nos axude e se achegue aos estudios para face-lo.

Desexamos que volten a sintonizarnos o vindeiro sábado día 16.
Apertas saudosas, para todos.

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...