Conectamos agora co noso correspondente na Costa da Morte, Oskar da Fontiña, para que nos envíe a súa crónica semanal de noticias, escollidas entre outras moito que poden recoller máis polo miúdo na páxina "quepasanacosta.gal", que sempre lle comentamos a tódolos seguidores.
A terceira intervención é a de MANUEL PÉREZ ÁLVAREZ, que participa dende Hospitalet de Llobregat, onde reside. Quedamos que voltaríamos a telo nos estudios en vindeiras datas. Agradecémoslle a súa escoita e seguimento do noso programa.
Despois volvemos novamente a Galicia para recibir a Fernanda Follana Neira, que sempre ten preparada a súa crónica dos Ancares lugueses. Desexámoslle unha feliz semana.
A continuación comentamos algunhas noticias chegadas á Redacción, relacionadas con algúns premios da Música e outros aconteceres de relevancia en Galicia.
E despois de escoitar outro bocadiño de música, damos pasa á colaboración de Xulio Simón Rúa, o noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente dende Combarro, que nos ilustra coa súa aportación cultural.
E despedímonos ate a vindeira semana á mesma hora.
¡Que teñan unha feliz semana!