venres, 21 de maio de 2010

SORTEO-CONCURSO "Sempre en Galicia" e "30 Aniversario A.C.G.Rosalía de Castro"



Para poder participar preenche este FORMULARIO

BASES e AGASALLOS que podes recibir:

IIº CONCURSO-SORTEO do 24 Aniversario do programa de Radio Cornellà: “Sempre en Galicia
Con motivo desta celebración, e gracias aos nosos promotores, puxemos en marcha, dende o día 22 de febreiro deste ano, este Concurso-Sorteo.
    Os Premios-Agasallos que se sortearán serán os seguintes:

*** 4 Reloxos da marca DOGMA.

*** 2 LOTES de Queixos do Xurés.

*** 2 LOTES de Productos Artesanais do Caurel. (Caurelor).

*** 4 Empanadas – dúas de atun e dúas de carne.

*** 1 FIN de SEMANA para dúas persoas na Vivenda Rural “MIRADOR DA RIBEIRA” en Viana do Bolo (Ourense).

*** 1 FIN de SEMANA para dúas persoas na Vivenda Rural “HOTEL-RURAL O RETORNO”. Viana do Bolo (Ourense).

*** 1 FIN de SEMANA para dúas persoas na Vivenda Rural “Xanela da LÚA”. Lira-Carnota (A Coruña).

*** 1 BONO GASTRONÓMICO – Un Xantar gratuíto para dúas persoas nun dos 10 Restaurantes Asociados de AROUSA NORTE.

*** 1 BONO RURAL – Unha Fin de Semana gratuíta para dúas persoas nunha das 10 Vivendas Rurais Asociadas de AROUSA NORTE.


*** 1 Xantar para dúas persoas no Restaurante SANATORIO do ALBA ( Valadares. Monte Alba s/n-VIGO)


As bases do mesmo son as seguintes:

1.- A participación é completamente GRATUITA.
2.- Para poder participar deben solicitar e facer algún comentario no noso blog: http://semprengalicia.blogspot.com/ ou preencher o formulario desta páxina.
3.- Entregaranse números para a participación a todos aqueles oíntes que nos chamen ao programa mentres emitimos. O prazo máximo de entrega de participacións e números será o día 4 de xuño (24 horas antes da realización do sorteo público).
4.- Recibirán número de participación todos aqueles socios e alumnos dos diferentes Cursos e Actividades que se realizan na Asoc.C.G.Rosalía de Castro (Grupo de Danza e Gaita, Baile de Salón, Teatro e Excursións organizadas pola Entidade).
5.- A lista de participantes e números entregados faranse públicas dende 15 horas antes do sorteo, que se prevé realizar no intermedio da actuación das orquestras da FESTA GALEGA en Can Mercader do día 5 ou 6 de xuño do 2010.

luns, 10 de maio de 2010

Programa do 8 de maio do 2010

Dámoslle a ben-vida a tódolos nosos oíntes, despois de dúas semanas sen emisión, e damos lectura a varias das informacións que nos chegan á Redacción, mesturándoas con algúns cortes de música galega recén estreados, como son os discos de Anxo Lorenzo (Tirán) e algún que outro máis.
A primeira comunicación telefónica é con Xulio Costa Martínez, un asíduo oínte da nosa emisión en Cornellà, que nos fai unha petición especial: chamar a seu fillo ANXO e felicitalo a traverso da nosa radio. Así lle-lo prometemos e tamén lle dedicaremos unha peza de música. Infórmanos da Excursión que realizaron dende a A.C.G.Rosalía de Castro ás Terras de l'Ebre, unha fermosa experiencia da que disfrutaron todos os asistentes. Felicitamos aos organizadores. Tamén lle prometemos sendos números para o noso Concurso-Sorteo do 24 aniversario de Sempre en Galicia e 30 Aniversario da A.C.G.Rosalía de Castro, tanto para el como para a súa dona, Mª Anxos Rodríguez Serrano.


Novamente máis informacións, mesturadas con música galega.


Cumplimos co encargo de felicitarlle o cumpleanos a ANGEL COSTA, fillo do noso comunicante anterior, e desexámoslle que cumpla moitos máis.


A nosa comunicación con Xulio Simón, como ven sendo habitual cada semana, aínda que a ultima vez non nos fora posible por mor dunha pequena indisposición da gorxa, que lle impedía falar, pero foi quen de poñernos en contacto cun dos responsables do "Concertazo a favor da Lingua" en Pontevedra. Dámoslle a ben-vida e recibimos a súa crónica excepcional.


Rematamos o programa cunha serie de informacións e noticias interesantes, relacionadas coa música e algunha que outra cousa máis.


Desexamos que volvan a conectar con nosoutros a vindeira semana.

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...