sábado, 14 de xuño de 2025

SÁBADO 14 de XUÑO do 2025

Comezamos unha semana máis, coa nosa sintonía, as salutacións oportunas e un bocadiño de música para recibir ao primeiro convidado de hoxe: TONO CORREA CORREDOIRA, un grande artista pintor contemporáneo de grande prestixio, que ven de recibir unha homenaxe, na cidade de A Coruña, moi merecida por certo. Parabenizámolo e conversamos con el. É unha honra poder ofrecervos a súa participación, que se converte nunha pequena leción de humanidade e amor polas boas cousas. Fáisenos cativa a súa aportación filosófica e de pensamento creativo. Agradecémoslle a súa aportación e desexámos que siga colleitando moitos éxitos.

A seguinte intervención é con ANIBAL BLANCO, da Adega Tapias de Mariñán, da D.O. Monterrei. Parabenizámolo porque acaban de concederlle, aos seus viños tres Premios de grande prestixio: No Mundus Vini, o Godello Quinta das Tapias, recibiu o Ouro; no Concurso de Viños do Real Casino de Madrid, obtivo o Ouro o seu viño Treixadura e a Unión Española de Catadores entregáronlle o Baco de Ouro polo seu Godello. Fálanos do traballo e do equipo que dirixe, do que se sinte moi orgulloso, do esforzo e dedicación desa empresa vitivinícola que tamén apoia a cultura galega e a enoloxía. Agradecémoslle que nos atendera tan amablemente e desexamos que siga colleitando moitos máis éxitos.

Recibimos agora a crónica do noso correspondente, viaxeiro e reporteiro gráfico: XOAN ARCO DA VELLA, que sempre ten preparada algunha sorpresa e recomendación para visitar e descubrir algún entorno galego con encanto. Nesta ocasión lévanos ata Marce, na Ribeira Sacra, para que visitemos unha das fervenzas máis altas de Galicia: A "Fervenza da Augacaída", un lugar feiticeiro e de moi fácil acceso, que se atopa no lugar antes mencionado, no Castro de Marce. Agradecémoslle a súa aportación semanal, que seguro é de interese para todos.
 

Falamos co Poeta da Mariña Luguesa, PACO RIVAS, que sempre ten unha intervención moi interesante. Agasállanos coa lectura declamada, de dous dos seus peomiñas, que lle agradecemos moito. Podemos confirmar que os nosos escoitantes e seguidores sempre nos envían os seus "me ghustan" en tódalas ocasións nas que recibimos e escoitamos as súas lecturas. Nosoutros setímonos moi honrados pola dedicación que nos dispensa e desexamos que siga coa súa creatividade tan feiticeira.

Escoitamos agora entrevista-conversa que mantivemos coa Presidenta do Centro Galego de Barcelona: PILAR ANSEDE. Fálanos das diferentes actividade que tiveron lugar en días anteriores, como foi, a celebración do día de Sant Jordi, cun stand de libros galegos acompañados de sendos escritores, o grande éxito do "Día das Letras Galegas" cunha actuación extraordinaria das Pandereteiras e do Coral do Centro, e adiántanos algunhas das propostas de celebración en vindeiras datas, ata as que se celebrarán en Galicia. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslles que teñan moita afluencia de asistentes e que se enchan de éxitos.
 

Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.

sábado, 7 de xuño de 2025

SÁBADO 7 de XUÑO do 2025

Comezamos coa nosa sintonía de sempre. Dámoslle a benvindo e celebramos a presenza do noso compañeiro ARMANDO FERNÁNDEZ, que volve a estar con nosoutros, despois de varios día de convalecencia, bastante recuperado xa. Tamén agradecemos o labor do noso técnico Kiko Belinchón, que grazas a el contamos coa difusión no "face" do noso programa. Despois de escoitar un bocadiño de música poñémonos en contacto co noso primeiro convidado, que é don MIGUEL ANXO SEIXAS SEOANE, Historiador e Presidente da Fundación Castelao. Felicitámolo porque acaban de concederlle un dos Premios Peña Novo, da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística. E recibimos cumprida información de actos e eventos aos que ten que asistir por mor de celebracións que ao longo do ano están a realizarse, xa que este é o Ano Castelao. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle que siga colleitando moitos éxitos.

A segunda intervención é a do noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR MANUEL REY CALO, que nos envía a súa crónica semanal reducida, e que os nosos escoitantes e seguidores poden ampliar na páxina quepasanacosta.gal, e tamén nos lembra que este programa re-emitirase mañá, domingo a partir das dez da mañá en Radio Roncudo, por mediación da súa colaboración.

Continuamos a emisión e poñémonos en contacto con XOSÉ LUÍS POMBAR, un gandeiro e productor de queixo de cabra con leite crú: "Queixo Monte Ceo". Ten dúas clases de queixo, dependendo da súa curación, un tenro de poucos tempo de maduración e outro de máis de 90 días de curado. Estes productors pode adquirirse poñéndose en contacto con el no seu teléfono 655 633 312, pero tamén os poden adquirir nas páxinas que nos indica: luintragourmet.com e acasadapataca.com. Agradecémoslle que nos atendera e informara tan detalladamente, e desexamos que teña moio éxito.

Recibimos a crónica do noso correspondente, viaxeiro e reporteiro gráfico XOAN ARCO DA VELLA, que nesta ocasión recoméndanos a visita á Serra do Suído, que foi onde estivo aproveitando que se celebraba o dia Internacional do Medio Ambiente. E tamén nos recomenda a visita á Forcarei, concretamente á Fervenza de Quintillàn. Agradecémoslle a cumprida información que nos achega.

Seguimos adiante e conectamos novamente con Galicia, concretamente a zona da Baixa Limia, para falar con MANUEL LAMELA BAUTISTA. Este noso amigo e poeta, acaba de publicar un libriño de poemas que leva por título: "Estraloques". O nome deste título ten unha extensa variedade e acepcións. Precisamente el mesmo fixo unha investigación sobre esta pranta tan característica, e atopou moitisimas palabras para definir esta flor. Tamén nos adiantou, un chisco, o contido dos poemas editados, que están e galego, portugués e castelán. Xa ten concretadas varias datas para a súa presentación no Concello de Lobios e tamén, na Casa dos Poetas en Celanova. Desexamos que teño moito éxito.

A conversa co poeta da Mariña Luguesa, PACO RIVAS, despois dun tempo sen poder comunicarnos con el, vai en torno á súa creación literaria. Está a traballar nuns micro-relatos, e pensa presentar, no mes de agosto o libriño de haikus, que xa ten editado. Sempre nos agasalla coa lecttura de algún poema. E nesta ocasión declámanos dous poemas do mar. Agradecémoslle-lo.

Escoitamos outro bocadiño de música, e a presentación das que cantan, por parte de Carlos Nuñez, que será o artista principal que inaugurará a próxima "Festa Galega" de Can Mercader, prevista para a fin de semana do 20, 21 e 22 de xuño. No cartel informativo están especificadas as distintas actuacións. Convidamos a tódolos nosos escoitantes e seguidores a que asistan a tódolos actos que se realizarán. E despedímonos ate o vindeiro sábado á mesma hora. ¡Que teñan unha feliz semana!

Deixamos aquí o programa Completo-Enteiro



sábado, 31 de maio de 2025

SÁBADO 31 de MAIO do 2025

Outro sábado máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía de sempre, as salutacións e un bocadiño de música para achegarnos a Galicia e conectar con FERRÁN BOTIFOLL, de "Denigrantes Comediantes", que actualmente se atopan en Nigrán, participando nun traballo moi interesante, relacionado co Teatro. Coméntanos algunhas curiosidades e interesantes proxectos nos que están implicados, tanto el como a súa compañeira MARIEN BREIS, que son os responsables desta tarefa teatral. Acaban de estar en Gondomar, no Centro Cultural A Merced de Chaín, coa representación de "Te amaré hasta que te odie" (unha triloxía de amores improbables). Fainos unha pequena descrición deste traballo que deron a coñecer e tamén nos adianta unha exclusiva que está relacionada co seu próximo espectáculo: "Lo que callamos". Desexamos que teñan moito éxito.
 

Damos cumprida información dun evento moi importante: "Terceiro Encontro ENOLITERARIO" que se celebrará próximamente, concretamente o día 7 de xuño no Hotel Literario "Bela Fisterra". unha verdadeira celebración cultural. Como me daba a coñecer o noso colaborador Pepe Formoso: "Un tempo e espazo de confraternidade entre escritores, escritoras, lectores e lectoras, acompañados con 100 dos mellores viños de Galicia, pilotados por Alex e Luís Paadin. Un xeito ameno e informal de coñecer viños das 5 Denominacións de Orixe e as IXP que temos en Galicia. Desexámoslles moitos éxitos!!!

Conversamos co noso correspondente XOAN ARCO DA VELLA, ese incansable viaxeiro e reporteiro gráfico que nos achega informacións moi interesantes da nosa xeografía galega. Nesta ocasión coméntanos a visita ás "neveiras" ou "casas da neve" de Fixó, parroquia de Millerada (Forcarei)... Tamén nos fala da visita que fixo a un lugar excepcional: SISTELO, un lugar chamado o "Pequeno Tibet de Portugal", que se atopa no Municipio de Arcos de Valdevez, no Norte de Portugal. Outra zona que nos convida visitar pola beleza natural e pola estupenda degustación de pratos tradicionais e rexionais de grande prestixio. Agradecémoslle a súa aportación.

Continuamos o programa, escoitando a peza: "Corcubión-Corralín", do Grupo "UNTO VELLO", composto por BIEITO PEREIRA e XABI GÓMEZ. Dous xóvenes e grandes intérpretes da nosa música tradicional galega. Parabenizámolos polo seu traballo interpretativo e de recolleita de pezas tradicionais galegas. Despois dunha pequena conversa-entrevista na que nos adiantan que están a traballar para poder editar un disco próximamente, despedímolos con outra peza deles: "Adelaida". Desexamos que sigan colleitando moitos éxitos.

Recibimos a ALEX ARNOSO, compoñente do Grupo de Rock "VIMBIO", que nos comenta precisamente a peza musical coa que o recibimos. Unha colaboración con "Chavello" e que é unha aportación musical galega para complementar unha interpretación tradicional galega. Agradecémoslle a súa aportación no programa de hoxe e desexamos que teñan moito éxito na súa andaina.

Temos a comunicación do noso compañeiro ARMANDO FERNÁNDEZ LÓPEZ, que aínda segue a recuperarse, pero que atópase con folgos para intervir no programa de hoxe, desexándonos que todo decorra con ben. Nosoutros desexámoslle, tamén , que siga recuperándose para que poida achegarse aos estudios próximamente. Enviámoslle moitos ánimos e que siga coidándose para que pronto o teñamos connosco.

Despedímonos ate o vindeiro sábado á mesma hora. Que teñan unha feliz semana.

E deixamos aquí o programa Completo-Enteiro.


sábado, 24 de maio de 2025

SÁBADO 24 de MAIO do 2025

Comezamos unha nova emisión deste programa "Semprengalicia", coma sempre. Primeiro a nosa sintonía, as salutacións e un bocadiño de música para poñernos en contacto co primeira persoa convidada, que nesta ocasión é DAVID PASCUAL, Enxeñeiro Técnico Industrial coa especialidade de Química, Enólogo e Presidente dos Enólogos de Galicia. Parabenizámolo polo seu traballo tan interesante. Conversamos con el para coñecer, máis polo miúdo, parte da súa traxectoria profisional e algúns aspectos moi relacionados coas moitas actividades que está a desenvolver, como o Congreso dos Enólogos Galegos e Catas vinícolas de grande prestixio. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle que teña moito éxito.

A seguinte comunicación é co noso correspondente viaxeiro e reporteiro gráfico XOAN ARCO DA VELLA, que sempre ten preparada unha intervención moi interesante. Nesta ocasión fálanos do enclave tan feiticeiro que é SAN ANDRÉS DE TEIXIDO. Coméntanos algunhas cousas relaciondas con entorno, coas lendas que teñen moito que ver coa "Fonte do Santo" tamén coñecida como "fonte dos tres canos", da herba de namorar, dos miliarios... Unha recomendación para visitar e aproveitar para coñecer esa localidade e tamén o seu entorno.

A continuación conectamos novamente con Galicia para falarmos con PACO GUITIÁN VALEIRO, un Mestre e Productor, que pertence ao Grupo "Seminario Galán". Agradecémoslle e parabenizámolo por excelente traballo publicado con motivo das Letras Galegas-2025, que leva por título: "Ferro, Madeira e Pel". Precisamente na ultima parte da nosa emisión escoitaremos o audio que corresponde a ese documental que comentamos con Paco. Un fermoso documental. Axúdanos a coñecer, máis polo miúdo, ese traballo que realizan dende fai moitos anos. Coméntanos que son un grupo de mestres do Ceip Galán, en Oseiro-Arteixo, que comezaron no curso escolar 1997-98, e seguen a traballar para darlle pulo ao noso idioma. Desexámoslles que sigan acadando moitos éxitos.

Escoitamos outro bocadiño de música e con ela, de fondo, recibimos a crónica do noso correspondente na Costa da Morte, Oscar Manuel Rey Calo. Un resumo das noticias que se poden ampliar na páxina quepasanacosta.gal. Agradecémoslle a súa aportación e lémbranos que este programa voltará a emitirse en Radio Roncudo mañá a partir das dez da mañá.

 

Outra aportación no programa de hoxe é a do noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente dende Combarro, XULIO SIMÓN RÚA, que sempre nos aporta a súa participación cultural e noticieira daquela contorna, despedíndose sempre cunha audición musical.

E como lles prometimos anteriormente ofrecémoslles o audio do documental que comentamos con Paco Guitán: "Ferro, Madeira e Pel", que paga a pena tamén visionalo, no enlace que lles facilitamos.

E deixamos aquí o programa Completo-Enteiro.



domingo, 18 de maio de 2025

SÁBADO 17 de MAIO do 2025

Este sábado, día das "Letras Galegas-2025", tivemos a ocasión de emitir o programa dende a Ría de VIGO. Comezamos coa nosa sintonía de sempre, as salutacións e o desexo de disfrutar de dúas horas de Radio en galego, tentando ofrecerlles as notificacións que nos chegan e conectando cos nosos correspondentes que sempre nos ofrecen as súas crónicas interesantes. Despois de escoitar un bocadiño de música, poñémonos en contacto co noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR M.REY CALO, a quen felicitamos polaa recente publicación, xunto con Fina Paulos, do segundo libro relacionado coa Intelixencia Artificial. Tamén nos informa das moitas celebracións que por toda aquela contorna se están a realizar. As Pandereteiras de Mens, son as máis lembradas e as Cantareiras están presentes en cáseque tódalas poboacións da zona. Xa saben que estas informacións están recollidas na páxina quepasanacosta.gal, E lémbranos que este programa re-emítese o domingo a partir das 10 da mañá, por Radio Roncudo. Agradecémoslle a súa comunicación.

Falamos con MANUEL VÁZQUEZ OSORIO, Presidente do Centro Galego NÓS, de Sabadell. Coméntanos que a celebracón das "Letras Galegas-2025" trasladaránse á fin de semana próxima, debido a que teñen preparada a Festa da Sardiñada para o próximo sábado, e así aproveitan para compartir con tódolos socios e simpatizantes esta celebración. Farán unha esxposición alegórica das Letras Galegas, con cartaces recibidos dende a Xunta de Galicia, referidas ás Cantareiras, que son as homenaxeadas este ano, e acompañarán este evento coa degustación das sardiñas que fan cada ano. Tamén nos anuncia a próxima Festa Galega que se realizará no Eix Masiá de Sabadell para os días 13, 14 e 15 de xuño, á que nos convida a tódolos socios e simpatizantes. Desexámoslles moitos éxitos.

A continuaciòn, despois de escoitar outro bocadiño de música, recibimos a VICTOR HUGO VASCONCELLOS, Profesor e Doutorado en Letras. Parabenizámolo polo traballo que acaba de publicar en Galicia Confidencial, e que leva por título: "Da lingua á prosperidade: por que Galiza debe aliarse primeiro co Brasil e non con Portugal?" Coméural e económico ntanos que esta é unha proposta provocativa para reflexionar, aproveitando a celebración do día das Letras Galegas. Coméntanos varios aspectos moi interesantes sobre o seu escrito, que se deberían ter en conta para que Galicia sexa máis coñecida en Brasil e que ambos poidan beneficiarse do intercambio cultural e económico do que dispoñen. Moi interesantes as súas aportacións.

Recibimos a MIRIAM RODRÍGUEZ SÁNCHEZ, que forma parte da Xunta Directiva da A.C.G.Rosalía de Castro. Están a participar na Festa da Letras Galegas-2025, compartindo escenario coa A.C.Agarimos en Badalona. As nosas "Rosalieiras" tamén actúan, ademais da banda de gaitas da Asociación. Precisamente con relación ás cantareiras fainos un pequeno avance, xa que en breve nos informarán de algo que pronto será realidade. Será unha sorpresa moi agradable, segundo nos informa. Agradecémoslle a comunicación e desexamos que teñan moitos éxitos.

Conectamos con XOAN ARCO DA VELLA, que hoxe estivo na "22 ROMARÍA ETNOGRÁFICA RAIGAME", que se celebra na localidade de Vilanova dos Infantes. Coméntanos que estivo fascinado con esta romaría, non só pola cantidade de persoal e asistencia, senon tamén pola expléndida organización que comprobou. As numerosas actividades das que se poden disfrutar abranguen actividades de teatro e títeres, música, e ambientación polas rúas. Os participantes que cada ano acoden a romería deleintan ós visitantes con bailes populares, xogos, contacontos e artesanía. A gastronomía tamén ten un apartado especial, posto que contan con moitos postos que ofrecen churrasco e unha boa cantidade de pulpeiras, ademais de doces e lambetadas da zona. Moitas grazas pola túa colaboración Xoan, e ata a semana próxima.

Escoitamos a colaboración do noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN RÚA, que nos envía unha crónica cultural moi actual.

Con LUÍS LOSADA, temos a oportunidade de escoitar as súas "PALABRAS VOADORAS" que nesta ocasión transpórtanos á lectura da publicación: "O Incendio" de Sara Vila Alonso. Agradecémoslle a súa aportación.

Deixamos aquí o programa Completo-Enteiro.

domingo, 11 de maio de 2025

SÁBADO 10 de MAIO do 2025

A emisión do programa deste sábado fixémola dende Pantón e tamén aproveitando os estudios de "Radio Monforte", con Rafa Aguiar como "cicerone". Estivemos nestas dúas localidades e tivemos a honra de participar na "XXX Mostra de Viños da Ribeira Sacra - 2025 en Pantón". Aproveitamos para entrevistar ao Sr. Alcalde e tamén ao Técnico de Cultura dese Concello. A verdade é que temos que disculparnos xa que a gravación foi un tanto accidentada, porque estabamos no recinto onde se celebraba e había de fondo música con alto volume, pero coido que se poden escoitar bastante ben as intervencións que temos ao final desta publicación. A primeira intervención é a do noso correspondente, reporteiro e viaxeiro XOAN ARCO DA VELLA, que nesta ocasión fálanos dunha capela algo descoñecida para a maioría dos galegos, e ademais moi perto do lugar onde nos atopamos: A capela de Santa María de Nogueira do Miño (Chantada). Esta igrexa é a chamada "Capilla Sixtina galega", situada enriba do meandro "Cabo do Mundo". Destacan varias imaxes como o "Xuizo Final" co Cristo arrodeado dos anxos, a Paixón de Cristo, a Coroación da Virxe e o Martirio de San Sebastián, entre outras moitas. Unha visita que paga a pena realizar e disfrutar. Agradecémoslle a súa aportación tan interesante.

Continuamos a emisión conversando con Rafa Aguiar, responsable e director de "Radio Monforte", que nos convidou a realizar este programa dende Monforte. Coméntanos o grande esforzo e dedicación que precisa a Radio. Ten unha traxectoria moi longa na comunicación e a súa implicación coa información. Uns estudios aos que lle dedica toda a atención, moi ben preparados e cunha moi boa calidade técnica. Agradecémoslle o seu convite e a súa atención nesta comunicación, histórica para nosoutros, e que ficará como un referente de intercambio entre a Radio Municipal de Cornellà (en Cataluña) e Radio Monforte (en Galicia). Desexámoslle que siga colleitando moitos éxitos nesta tarefa informativa e de proximidade.

Recibimos a crónica do noso correspondente na Costa da Morte OSCAR M. REY CALO, que sempre ten preparada unha intervención moi interesante. Nesta ocasión fálanos da visita que fixeron á Fundación Manuel María en Outeiro de Rey. E tamén nos informa dalgunhas novidades daquela contorna da Costa da Morte, que como sabedes sempre se poden ampliar na páxina quepasanacosta.gal, e volve a lembrarnos que este programa re-emítise o domingo en Radio Roncudo. Agradecmento para este noso correspondente.

Escoitamos a gravación que fixemos no Castro de Ferreira, capital Municipal de Pantón, ao Técnico de Cultura don FRANCISCO JAVIER GONZÁLEZ DÍAZ. Axúdanos a coñecer, un pouco polo miúdo, a localidade que está bañada por tres ríos: O Miño, o Sil e o Cabe, que son os que recollen as ribeiras cultivables de viñedos de grande sona peertencentes á D.O. Ribeira Sacra. Tamén nos fala da "VIII Festa da Empanada de Pantón", con moitas variedades de recheo, aínda que a máis característica é a de liscos, pero tamén se poden degustar as de vexetais, de atún e outras moitas variedades. Non podía faltar o polbo e o churrasco... ¡Moitas grazas Javier!

Tamén tivemos a honra de poder entrevistar e conversar co Ilmo.Sr.Alcalde de Pantón don JOSÉ LUÍS ÁLVAREZ BLANCO, que nos atende moi amablemente e fálanos da súa localidade amosándonos parte do patrimonio que se pode visitar e admirar, así como tamén dalgunhas construccións moi importantes para a poboación, como é o Balneario, o Mosteiro a Residencia... etcétera. Agradecémoslle a súa atención e desexámoslles que teñan moito éxito nesta celebración, que continuará o día de mañá coa recepción das autoridades e o pregón que estará a cargo de Marcial Mouzo, un grande comunicador da Radio e Televisión Galega. Prometémonos voltar a conversar con el para saber algo máis desta localidade da Ribeira Sacra, e despedímonos ate o vindeiro sábado á mesma hora.

Deixamos aquí o programa completo.




sábado, 3 de maio de 2025

SÁBADO 3 de MAIO do 2025

Outra sábado máis con todos vosoutros. Nesta ocasión ofrecémoslles un programa moi especial, xa que tivemos que desprazarnos a Galicia e o noso compañeiro Armando está aínda un pouco delicado e non podemos ofrecerlles o programa en directo. Temos as colaboracións dos nosos correspondentes, despois da sintonía e as salutacións oportunas, xunto cunha peciña musical para encetar.

A primeira intervención é a do noso correspondente viaxeiro e reporteiro gráfico, XOAN ARCO DA VELLA, que nesta ocasión ten preparada unha información moi interesante, relacionada coa localidade da nosa veciña Portugal, concretamente Barcelos. Recomenda a visita detida e pausada para disfrutar dese lugar tan importante na tradición popular portuguesa e que forma parte do Camiño de Santiago Portugués. Relátanos a lenda ou procedencia do "Galo de Barcelos", que tamén se atopa noutra localidade española do Camiño de Santiago. Agradecémoslle a súa aportación.

A segunda colaboración é a do noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente dende Combarro, XULIO SIMÓN RÚA, fainos unha crónica ilustrativa e cultural de varios acontecementos escollidos, como sempre cheos de información e novidades. Despídese cunha peza de música.

Despois escoitamos ao noso correspondente na Costa da Morte,  OSCAR MANUEL REY CALO, que nos envía un resumos dalgunhas noticias escollidas que fan referencia a aquela contorna galega. Tamén comenta que este noso programa re-emitirase o domingo dende Radio Roncudo e que se poden ampliar as comunicacións que nos adiantou, visitando a páxina quepasanacosta.gal. Agradecémoslle a súa aportación.

Finalmente o programa consiste nunha selección de pezas musicais galegas, escollidas para disfrute de tódolos nosos escoitantes e seguidores. Desexamos que teñan unha feliz semana.

Deixamos aquí o programa Completo-Enteiro.

SÁBADO 14 de XUÑO do 2025

Comezamos unha semana máis, coa nosa sintonía, as salutacións oportunas e un bocadiño de música para recibir ao primeiro convidado de hoxe: ...