domingo, 25 de marzo de 2018

SÁBADo 24 de MARZO dp 2018

Unha semana máis con todos vostedes. Comezamos disculpando a presencia dos nosos colaboradores Xosé Lamela, Laura Santos e Xulio Simón, que hoxe non poderán estar con nosoutros. A primeira comunicación é con don XULIO ALVAREZ NÚÑEZ, Alcalde do Concello de QUIROGA, para falarmos da "XXXVI FEIRA do VIÑO de Quiroga". Conversamos con el para que nos relate as diversas actividades e demais actuacións previstas para eses días de celebración e tamén nos comenta algunha que outra noticia interesante relacionada co Concello. Agradecementos.

A segunda conversa-entrevista é con MARTIÑO MASEDA, un poeta chairego que consideramos xa un colaborador cáseque habitual do noso programa. Fálanos da recente celebración do Día da Poesía en Vilalba e doutras actividades culturais nas que el mesmo participa e colabora. 

Despois falamos co Sr. OLIVERIO, Ferreiro de Profisión, de A Fonsagrada. Ven de recibir o Butelo de Ouro da devandita localidade e explica un chisco do que acostumaba a realizar en tempos xa pasados, relacionados co seu oficio.

Conectamos novamente con Galicia para recibir a participación do noso Poeta da Mariña Luguesa, PACO RIVAS, que sempre ten preparada algunha das súas creacións para declamar. 

E despedimos o programa desexando que pasen unhas ¡ Felices Pascuas ! e teñan unhas vacacións de Semana Santa moi feiticeiras. non deixen de voltar a sintonizarnos próximamente.

domingo, 18 de marzo de 2018

SÁBADO 17 de MARZO do 2018

Unha nova entrega deste programiña de dúas horas en galego. Comezamos dándolles a ben-vida e saudando a TAMARA ANDRÉS, que nos visita nos estudos aproveitando que ven a impartir unha Conferencia na Sé da A.C.G.Rosalía de Castro. Agradecémoslle a súa participación de hoxe e desexámoslle moitos éxitos nesta andaina.

A seguir, conectamos con Galicia para falarmos con RUBÉN RIÓS, Actor, productor e agora Director de Cine, que está a realizar unha serie de traballos moi interesantes. Coméntanos varias das súas ultimas creacións e traballos así como do proxecto que patrocina a Once e que asegúranos que poderá trasladarse a Barcelona para completalo, traballando con actores xordos... Aledámonos moito e desexámoslle que siga colleitando éxitos. Recoméndanos que disfrutemos co visionado de Milson's de Ribeira Sacra, que seguro axudará a que sexa declarada Patrimonio da Humanidade.

A intervención do noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente dende Combarro, fai que nos acheguemos un chisco máis á nosa cultura e aprendamos algo máis dos seus ensinos. ¡Grazas, Xulio Simón!, sempre tes moitas cousas interesantes coas que nos ilustras.

Damos unhas informacións relativas ás novidades musicais que nos chegaron á Redacción e prometemos ofrecerlles eses CDs que xa temos solicitado ás diversas discográficas que as publicaron. Antes de finalizar e despedirnos de tódolos nosos oíntes e seguidores, conectamos coa Mariña Luguesa para falar co noso Poeta da Mariña, Paco Rivas, que ademais de conversar moi agarimosamente con nosoutros, sempre nos agasalla con algunhas das súas creacións poéticas, como é do caso esta vez, e coa que se despide tamén.

Finalizamos o programa desexando que pasen unha feliz semana e que volvan a sintonizarnos o vindeiro sábado á mesma hora. Prometemos ofrecerlles outro programiña entretido.




luns, 12 de marzo de 2018

Sábado 10 de Marzo do 2018

Outro programa máis con todos vostedes. Comezamos escoitando unha peciña de música e conectamos con Xulio, que participa connosco, ainda que non está nos estudios, para entrevistar a Roberto Regal, grande enólogo e adegueiro da Ribeira Sacra. Falamos con el da Festa do viño en Chantada, da súa adega e do seu proxecto ENONATUR. Agradecémoslle a súa participación no noso programa e desexámoslle que siga colleitando éxitos.

A segunda conexión-entrevista é con IVÁN PATIÑO, un grande cineasta monfortino, que nos fala dos seus proxectos e das súas creacións. Productor executivo da empresa AMANITA FILMS

Despois conectamos con CARMEN de XANELA DA LÚA, en Carnota, que sempre nos recibe con amable atención e ponnos ao corrente das novidades desa Vivenda Rural que ela dirixe, así como do proxecto SENDA DAS ESTRELAS, no que ela mesmo participa. Moi interesante.

A seguinte entrevista é con Iván Zallas, un xoven cantautor, grande compositor e cantante de ritmos latinos, que nos explica a súa traxectoria e os seus proxectos de futuro. 

Finalmente conectamos co noso correspondente nas Rías Altas, PACO RIVAS, o noso poeta da Mariña Luguesa, que sempre ten preparada una intervención mol interesante.

Agradecémoslles a súa sintonización e seguimento. Agardamos que sigan sendo fideles a este noso programiña e que volvan a sintonizarnos a vindeira semana.

sábado, 3 de marzo de 2018

SÁBADO día 3 de MARZO do 2018

Outro programa máis. Dúas horiñas de radio en galego, con entrevista, música e novidades para todos vostedes. Comezamos escoitando unha peza musical e a seguir entrevistamos a RICARD ROS, que se encarga, xunto co seus grupo de poñer en marcha o "VIII Rubrifolkum" de Sant Boi de Llobregat. Música FOLK e Tradicional perante os días 8, 9 e 10 de marzo, no que disfrutaremos de grandes concertos e actividades relacionadas coa múisca Tradicional e Folk, con grandes músicos, como FERNANDO BARROSO, que inaugurará o Festival presentando o seu ultimo CD "Silence Lovers". Graciñas Ricard.

A segunda intervención-entrevista é con ANTÓN LÓPEZ, de "TREIXADURA" que están a piques de publicar un seu CD que levará por título "INDA CANTO". Agradecémoslle a súa comunicación e "primicia" para tódolos nosos oíntes e seguidores. Estaremos atentos para ofrecerlles este seu ultimo traballo, que compatiremos con todos vosoutros tan axiña nos chegue aos nosos estudos.

Falamos agora con LUIS CORRAL, do Grupo Musical TIRULEQUE, que acaban de presentar en Santiago de Copostela o seu CD "OUTRO QUE TAL BAILA". Unha entrevista moi curiosa, xa que nos fala dende o estadio Riazor, aproveitando un recunchiño namentres presencia o partido de futbol do Deportivo, pero que nos atende moi amablemente e infórmanos do traballo que presentaron.

A segunda hora comenzámola conectando co noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente Combarro. Xulio Simón tennos preparado un contertulio moi importante: don CIPRIANO JIMÉNEZ CASAS, da Asociación Pertenza, artífice da exposición do Pergamiño Vindel no Museo do Mar, en Vigo. Agradecémoslle a súa amable atención e voltaremos a falar con el en próximos programas.

Saudamos e dámoslle a Ben-vida a Alfonso, un dos Directivos de ASOBECAT (Asociación de Bercianos en Cataluña) a quen recibimos con agarimo e aproveitamos para preguntarlle polas impresións e sensacións que lle quedaron despois da celebración do "XV Festival do Botillo". Agradecémoslle a súa visita e aportación no programa de hoxe.

E despois de escoitar unha peciña musical máis, e informar da celebración das eleccións na A.C.G.Rosalía de Castro para a vindeira fin de semana, e tamén da Misa adicada a dona Amelia, precisamente hoxe despois do programa de hoxe, despedímonos de todos vosoutros.

Que pasen unha feliz semana e non se esquezan de voltar a sintonizarnos o vindiero sábado.

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...