sábado, 20 de novembro de 2010

Programa do 20 de NOVEMBRO do 2010

Novamente, unha semana máis comezamos o programa coa mesma sintonía de sempre: a nosa Cristina Pato coa súa TOLEMIA.
Despois de dar lectura a varias informacións e noticias que nos chegan á redacción comezamos a nosa primeira ENTREVISTA con MANOEL CARRETE, para que nos informe dunha seire de actividades nas que estivo implicado e da próxima publicación do libro que estaba a preparar. Informounos, en primicia, de que o vindeiro día 2 de decembro presentarase este libro que trata sobre a Emigración galega en Catalunya, na sé da FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO, en Padrón. Prometeunos traernos algún exemplar á emisora e sortear algún deles para os oíntes que nos sintonicen, que nos escoiten pola Internet ou que nos chamen. Agradecémoslle-lo e prometemos estar ao seu carón, cando veña a presentalo aquí.



Continuamos coa programación e voltamos a dar unha serie de NOTICIAS, que escollemos entre as máis salientables do momento.



Na segunda horiña conectamos con Galicia, concretamente co noso colaborador habitual XULIO SIMÓN, que nos deleita cunha serie de escollidas intervencións sobre asuntos moi interesantes relacionados coa nosa CULTURA, moi concretamente coa presentación dunha reproducción da revista NOS... escoitádea aquí:



Desexamos que volvan a conectarnos a vindeira semana. Seguramente que para esa data xa teremos totalmente recuperada a nosa MARIA ROYO.
A pertas a todos e disfrutade.

luns, 15 de novembro de 2010

Programa do 13 de novembro do 2010

Dámoslle a ben-vida a tódolos nosos oíntes coa sintonía de sempre (Cristina Pato) e comezamos coas primeiras INFORMACIÓNS e NOTICIAS que nos chegan á Redacción. Facemos un pequeno adianto do que tentaremos realizar nestas dúas horiñas de radio en galego.


Lamentamos a non asistencia de MARIA ROYO, xa que non pode asistir ao atoparse convaleciente por mor dun virus griposo que lle impide achegarse aos micros.

Conectamos co AUDITORI de Cornellá, onde se atopa MARÍA DO CEO, que ten previsto actuar ás 8 do serán, cun concerto moi feiticeiro. Dámoslle-las gracias pola súa atención e dedicación, xa que a nosa radio convértese en privilexiada, posto que somos o primeiro medio de comunicación que retransmitimos este evento. Prometémoslle asistir e disfrutar con ela do seu traballo e creatividade.


Máis Noticias e comentarios que nos veñen de Galicia. Aproveitamos para introducir algunha peza de música adicada por algún oínte que a solicitou.


Voltamos a conectar co Auditori de Cornellà, para falr, nesta ocasión, con XOSÉ CARLOS G.GONZÁLEZ, que nos informa de todo o que está a suceder nese Festival do 20 Aniversario da FEGALCAT e "30 Aniversario da A.C.G.ROSALÍA DE CASTRO", e aproveita para convidar a tódolos oíntes e que pasen por alí, para poder disfrutar deste evento que amosa unha parte moi importante da nosa cultura galega.

Programa do 6 de novembro do 2010

Volve a estar nos micrófonos a nosa periodista-colaboradora MARÍA ROYO.
No comezo estivo a facer un pequeno relatorio de NOVIDADES e outras informacións que chegan á Redacción.

Despois conectou comigo, en RIOCALDO-LOBIOS. Tivemos unha Entrevista con HIPOLITO, un dos Metres do Hotel-Balneario de CALDARIA-LOBIOS.

Novamente INFORMACIÓNS e NOTICIAS.

A seguir Entrevista con RICARDO, compoñente da Xunta Directa da A.C.G.Rosalía de Castro, que informa a toda audiencia dos actos previstos para o día 13 de novembro no AUDITORIO de Cornellà.

Volve a conectar con Galicia e aproveitamos para entrevistar a ALBERTO CANAL, Director de Comunicación do Grupo CALDARIA.

Estamos a traballar e procesar estes datos e en breve "COLGAREMOS" todo o programa para que poidades escoitalo cando queirades-

Programa do 30 de outubro do 2010

Nesta data estivo á fronte do programa a nosa colaboradora-periodista MARÍA ROYO.

Estamos a procesar os datos para ofrecerlles e colgar todos os pormenores.

SÁBADO 2 de NOVEMBRO do 2024

Outra emisión máis do "Semprengalicia" de cada sábado. Comezamos coa nosa sintonía de sempre, as salutacións e un bocadiño de músi...