luns, 27 de febreiro de 2017

SÁBADO 25 de FEBREIRO do 2017

Comeza o programa coa ausencia de Laura Santos e mais un servidor, por diversos motivos. Nos controis técnicos, coma sempre, KIKO e nas locucións Armando Fernández e Xosé Lamela. Despois dos saúdos de benvida, temos a primeira conversa-entrevista con CARLOS JAVIER González, cociñeiro monfortino do Restaurante MERENZAO de Sober, que nos fai partícipes das súas inquedanzas e infórmanos dos seus proxectos. 

 Despois de escoitar unha peza de música tradicional conectamos novamente con ANA BELÉN, apicultora e propietaria de "LA ABEJA AZUL", que é a empresa que ten en Cacabelos. Agradecémoslle a súa amable atención. 

 Na segunda hora falamos con XULIO SIMÓN, que nos presenta á cantautora, xornalista e grande artística polifacética SOFÍA ESPIÑEIRA, con quen mantemos unha fermosa conversa relacionada coa súa traxectoria musical e persoal, moi interesante. 

 Antes de finalizar conectamos con PACO RIVAS, na Mariña Lucense, que sempre ten unha conversa moi lúcida e novidosa. O vindeiro sábado máis, e á mesma hora. 

Que pasen unha feliz semana.

sábado, 18 de febreiro de 2017

SÁBADO 18 de febreiro do 2017

Comezamos o programiña de hoxe disculpando a ausencia de Laura Santos e Xosé Lamela, por certas obrigas persoais, que lles impiden asistir. aínda que non poderemos ofrecerlles as dúas horiñas de sempre, coidamos poder amenizalos coa nosa intervención e a dos colaboradores que seguro será do seu interese. En primeiro lugar escoitamos unha peciña musical da cantautora Sofía Espinheira, con quen tiñamos previsto falar, pero que non nos será posible, por mor de que o noso correspondente Xulio Simón atópase nun lugar que non ten demasiada cobertura... Outra vez será. Queda prometido.


Visita de Carlos, Paulo e Irea
Dámoslle a Ben-vinda a OLIVER Fernández que ven acompañado de socios e xente nova para visitarnos nos estudos. Graciñas a IREA, PAULO e CARLOS, que nos acompañarán un ratiño nesta emisión de hoxe. Despois dos saúdos de rigor, propoñémonos falar co Sr.Alcalde de Viana do Bolo, don SECUNDINO FERNÁNDEZ, que nos concede esta entrevista para comentar cousas relacionadas co Entroido daquela zona e da XLVII Festa da Androia que está considerada Festa de Interese Turístico Galego, do 16 de Febreiro ate o 1 de Marzo.¡Graciñas Sr.Alcalde!

Mantemos unha pequena conversa para dar información de varias actividades que ten previsto realizar a nosa A.C.G.Rosalía de Castro e despedímolos agradecéndolles esta visita sorpresa que tan amablemente nos dispensaron.

Falamos agora con MANOLO BARCIA, Vicepresidente de ASOBECAT, que moi brevemente nos fai unha pequena valoración do "XIV Festival do Botillo en Catalunya", e agradecémoslle a súa atención, prometéndonos voltar a conectar con el para seguirmos falando con máis detalles.

Despedímonos ate a vindeira semana, xa que, como dixemos ao comezo, temos que conectar co Deporte para retransmitir o encontro do Fútbol Club Cornella. Ate a vindeira semana. Que pasen unha semana moi feliz e non deixen de sintonizarnos.

luns, 13 de febreiro de 2017

SÁBADO 11 de FEBREIRO do 2017

Comezamos o programa disculpando a presencia do noso compañeiro colaborador Xosé Lamela, por ter que atender a certas obrigas familiares.Os diversos actos que se están a realizar no noso entorno fan que non poidamos estar todo o equipo completo para levar adiante estas dúas horiñas de emisión en galego, pero tentaremos dar conta do recado. En primeiro lugar temos comunicación con XOSÉ RODRÍGUEZ CRUZ, Etnólogo, escritor e investigador de A Gudiña, con quen xa temos falado en anteriores ocasións, pero hoxe fáisenos moi importante a súa aportación e colaboración xa que estamos pertos do ENTROIDO e semellóusenos lóxico conectar con el para que nos ilustrara coa súa abondosa documentación e informacións importantes da zona de Verrín e arredores; lugares raianos con Portugal, Zamora e Galicia, que teñen unha similitude moi presente nestas festas populares tan arraigadas nos nosos pobos ourensáns. 

Informacións interesantes referidas ao cantautor XIL RÍOS. O Concello de MOAÑA, nomea a Xil Rios como fillo predilecto.

Despois conectamos con OLIVER FERNÁNDEZ, Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro que nos informa sobre as actividades previstas para hoxe mesmo (Conferencia-Presentación de "O Camiño de Santiago onte e hoxe") a cargo de don Xesús C.Palmou, ex conselleiro da Xunta de Galicia e Presidente da Academia Xacobea. Participación dos socios no Entroido da cidade, Xantar de Entroido para o día 26, Asemblea Xeral para día 4 de marzo, Día da dona para o día 11 de marzo, participación da Bada no Saint Patrick de New York os días 14 a 19 de marzo... ... 

Na segunda hora, conexión co noso correspondente XULIO SIMÓN, nas Rías Baixas, que sempre ten preparadas unha serie de informacións e comunicacións moi interesantes. 

 E acabamos a retransmisión conectando con PACO RIBAS, na Mariña Lucense, que nos ameniza a súa intervención con varias das súas creacións poéticas. 

 Desexamos que pasen unha feliz semana. Non deixen de sintonizarnos.

sábado, 4 de febreiro de 2017

Sábado 04 de FEBREIRO do 2017

Comezamos o programa o equipo ao completo e con combidados de honra. Visítannos JUAN PEDRO  e AVELINO, da Asociación de Bercianos en Catalunya (ASOBECAT). Dámoslle a benvida e propoñe´moslles escoitar unha peciña musical. Comentamos brevemente o acontecemento previsto para a vindeira fin de semana: "XIV Festival del Botillo en Catalunya" que celebrarán os de ASOBECAT no Hotel Front Air de Sant Boi.

A primeira entrevista-conversa é con dona SUSANA, responsable de Cultura do Concello de CACABELOS, que nos informa do que teñen previsto amosar neste evento tan importantes dos Bercianos e Catalunya. Agradecémoslle a súa amable atención e prometémonos saudarnos persoalmente o vindeiro sábado día 11, xunto co Sr.Alcalde de Cacabelos.

Falamos agora con don OSCAR RODRÍGUEZ, Presidente do COXGA (Colexio Oficial de Xoieiros de Galicia), que nos informa do "VIII Concurso de XOIAS de deseño para o día da NAI". Felicitámolo polos éxitos que estan acadando e compromtémonos voltar a falar con el para que nos comente os resultados deste interesante concurso.

Conversamos agora con SILVIA PARDO, responsable de comunicación do "XVIII XANTAR Salón Internacional de Turismo Gastronómico en Ourense", do 1 ao 5 de febreiro. Comentamos con ela varios aspectos deste grande escaparate para o mundo. Este ano é un ano especial pola participación de máis dunha decena de países, xunto co país combidado Panamá. Os moitos aspectos e actividades que se ofrecen no Xantar, fan que teñan unha afluencia de público moi importante. Para nós é unha honra ser portavoces informativos e, case en exclusiva en Catalunya, deste acontecemento.

A seguinte conversa é co Director Comercial das Adegas GODELIA, Sr.Boris Golás de Antón, que nos informa da súa participación neste Festival do Botillo o vindeiro sábado, e tamén da traxectoria desa Adega tan importante nas terras do Bierzo.

Comentamos agora as actividades previstas para o venres vindiero día 10, no Centro Galego de Barcelona: Presentación do libro: Reino SWEVO (Suevo) de Gallaecia, de don Santiago Lorenzo Sueiro, con quen falamos para que nos informe, así como tamén da presentación da "Academia XACOBEA" na Asociación C.G.Rosalía de Castro por parte do seu Director, don Xesús Carlos Palmou Lorenzo, que tamén será o que falará na presentación do libro de Sueiro. Agradecémoslle a súa aportación.

Antes de finalizar comentamos algúns aspectos e acontecementos que están próximos a realizarse, como é o Entroido nas terras de Ourense, e prometémoslles contactar, en vindeiras datas, co noso colaborador don Xosé R.Cruz, grande etnólogo coñecedor destes asuntos tradicionais.

Despedímonos ate a vindeira semana, e desexamos que nos volvan a escoitar e sintonizar.


SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...