sábado, 22 de febreiro de 2020

SÁBADO 22 de FEBREIRO do 2020

Comezamos este programa de hoxe dándolles a ben-vinda e saudando a Juan Pedro Sánchez, Presidente de ASOBECAT, con quen compartiremos unha morea de cousas. Conectamos con Galicia para falar co noso correspondente na Baixa Limia, José Lamela Bautista, que nos presenta á súa convidada de hoxe: Marta Delgado. Desexámoslle un Feliz Entroido.



Despedímolo e tentamos comunicacrnos con Marta, pero non nos foi posible, polo tanto seguimos adiante, neste sábado de Entrudio,, conectando co Bierzo, para falar con don JOSE OTERO, de Embutidos de Santa Cruz de Montes, que nos recibe moi amablemente e comentamos con el a súa participación no "XVII Festival del Botillo en Cataluña". Felicitámolo e coméntanos cousas relacionadas coa celebración dese gran Festival, novidades, novas instalacións en Barcelona, etcétera. Felicitámolo e ademais de desexarlle moitos éxitos agardamos poder saudalo persoalmente o vindeiro día 29 nesa celebración que organizan os Bercianos en Cataluña: ASOBECAT.




A continuación comentamos con Juan Pedro, Presidente de ASOBECAT, os pormenores dese FESTIVAL del Botillo en Cataluña. Falamos dos homenaxeados, do entrante-aperitivo, do menú do Rey don Botillo, que este ano virá acompañado de Androllas, e das sorpresas aos comensais.


Nesta segunda hora conectamos co noso correspondente nas Rías Baixas, Xulio Simón Rua, que nos ten preparada a súa ctuación, moi interesante coma sempre, relacionada cunha Ruta excepcional, unha das mellores de Europa: "Ecopista do Río Minho". Un fermoso percorrido, que el realizou en bicicleta, pero que se pode facer camiñando... Unha alternativa de fin de semana moi interesante e moi recomendable.


Armando da lectura aos Actos que teñen previsto realizar na A.C.G.Rosalía de Castro. Posiblemente teremos a oportunidade de falar co Presidente para que nos amplíe esas noticias.


Falamos agora coa Poeta Pastora, dona NIEVES FERNANDEZ VIDUEIRA, que nos axuda a comprender un bocadiño mellor o Entrudio de Viana do Bolo. É un espectáculo poder asistir estes días a aquela zona do "País do Bibei", que teñen esa celebración ancestral e popular única en toda Galicia, e que a celebran con moito postin o Domingo Gordo, co xantar da Androlla, que este ano cúmplense nada menos que 50 anos. Agradecémoslle a súa colaboración.


Despois damos lectura a unha das poesías que ela nos deixa compartir no seu "Facebook" e que fai referencia precisamente ao Entrudio. ¡Moitas Grazas Nieves!


E aproveitamos este final, para desexarlles un Feliz Entrudio e unha feliz semana a todos.

sábado, 15 de febreiro de 2020

SÁBADO 15 de FEBREIRO do 2020

Encetamos outro programa máis: dúas horiñas en Galego, para tentar ofrecerlles conversas en galego, entrevistas, noticias e música, co ánimo de entretervos agradablemente. Comezaamos escoitando unha peza "estrena" e primicia do ultimo CD de Xabier Díaz: "As catedrais silenciadas". Sérvenos para recibir ao noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela Bautista, con quen comentamos algunhas cousiñas que nos ampliará máis detidamente o seu convidado de hoxe. Agradecémoslle a súa colaboración.


Precisamente é LINO PERDIZ, da Plataforma da Baixa Limia, PLABALI, con quen xa temos falado nalgunha ocasión, pero nesta hecha coméntanos algúns avances na procura de poñer en valor esa zona da Baixa Limia, aínda que acompañadas con algunhas noticias menos favorables, que teñen que ver co entorno natural e coas promesas non cumplidas pola Administración, pero que procurarán esixilas para que nas proximas elecccións se teñan en conta, por parte dos políticos elixidos.


Falamos agora co Doutor CARLOS GUERRA RAMÍREZ, da Clínica  Dental Valldaura, fundada polo seu pai PEDRO GUERRA MARQUÉS. Foi elixido "Berciano Ilustre 2020" pola Asociación de Bercianos en Cataluña, e precisamente entregaráselle esta homenaxe o día 29 de febreiro, no Hotel Front Air de Sant Boi de Llobregat, lugar no que se celebrará o "XVII Festival de Botillo en Cataluña". Unha conversa distendida e moi agradable. Agradecémsolle a súa aportación.


Continuamos a emisión e conectamos con don MANUEL GOMEZ ARIAS, Ilmo.Sr.Alcalde de Noceda del Bierzo. Este foi o Concello elixido, este ano 2020, pola ASOBECAT, como Homenaxe aos pobos do Bierzo. Felicitámolo e conversamos con el sobre esta localidade que ofrece moitas e interesantes cousas para os visitantes, non só pola súa riqueza cultural e gastronómica senón tamén polas propostas de sendeirismo e outras moitas cousas, que se poden disfrutar naquel Concello.


Falamos agora con XAN RODIÑO, que foi Campeón Nacional de BILLARDA. Danos cumprida información deste xogo popular e tradicional que se está a realizar nunha localidade de Pontevedra, Armenteira-Concello de TEIS, cumprindo un requisito da Liga Nacional de Billarda. Tamén nos dá a coñecer a páxina na que os nosos oíntes e seguidores poden informarse, máis polo miudo, deste deporte que está a recuperarse con bastante éxito e con moito acerto, para practicalo nas escolas, cousa que están solicitando á Administración: https://www.billardagalicia.com/.  Agradecémoslle a súa participación. 

Antes de finalizar comentamos os pormenores do "XVII FESTIVAL del BOTILLO en Cataluña" con Juan Pedro Sánchez, Presidente de ASOBECAT, a quen lle agradecemos a súa visita. Desexamos que acaden moitos éxitos con esa fermosa celebración.


E despedímonos ate o vindeiro sábado. Que sexan felices!!!

sábado, 8 de febreiro de 2020

SÁBADO 8 de FEBREIRO do 2020

Outra semaniña máis con todos vosoutros para ofrecervos dúas horiñas de radio en galego. Comezamos disculpando a participación do noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela, que hoxe non poderá estar con nosoutros. Despois de ofrecerlles un bocadiño de música, en primicia, das "Pandereteiras de Verducido", conectamos con Galicia para falar co Ilmo.Sr.Alcalde de Viana do Bolo, Don Secundino Fernández. Felicitámolo polos éxitos que está acadando ultimamente ese Concello, polo traballo que están levando a cabo para que seña recoñecida a súa Festa da Androlla e o Entroido como Festa de Interese Nacional, e mantemos unha conversa moi animada e interesante. Agradecémoslle a súa participación de hoxe con nosoutros e desexámoslle moitos éxitos.


A continuación falamos coas propias "Pandereteiras de Verducido", Clara, Candela e Cecilia. Agradecémoslle a súa amable atención. Explicáronnos parte da súa biografía, da súa creación, do seu CD FAISCAS, da súa traxectoria... ... quedáronnos moitas cousas no tinteiro, pero voltaremos a chamalas, para que nos falen dos seus próximos Concertos e dos Premios que seguro acadarán. ¡Moita sorte e Moitos éxitos, Pandereteiras!


Na segunda hora sempre conectamos co noso correspondente Xulio Simón, que ten preparada unha crónica chea de cultura e novidades moi interesantes. 



Falamos despois con SILVIA PARDO, a nosa informadora de EXPOURENSE, que nos fala da "XXXI XANTAR" Salón Internacional de Turismo Gastronómico de Ourense. Unha honra para todos nosoutros, contar coa colaboración e participación de Silvia Pardo, que sempre nos pon ao corrente de tódalas novidades e noticias que están a suceder. ¡Moitas grazas, Silvia!


Aproveitamos a música de fondo que nos prepara o noso técnico e damos lectura á ultima poesía que comparte connosco a nosa Poeta Pastora, dona Nieves Fernández Vidueira, e que leva por título: peneirando unha cantiga. Agradecémoslle a súa aportación.


Despois conectamos co noso poeta-escritor da Mariña Luguesa, Paco Rivas. A súa intervención sempre ten algunha que outra reflexión oportuna, acompañada de certa retranca galega. Despedímolo ate a vindeira semana á mesma hora.

 
E para finalizar comentamos algunha noticia próxima, como a que se celebrará o vindeiro día 11 de febreiro na Universidade de Barcelona, coa participación da Presidenta do Consello da Cultura Galega, dona Rosario Alvarez Blanco, xunto con outras personalidades. Tamén comentamos algo da "XVI Festa do Botillo" e algunha cousiña máis. E despedímonos con música.


O vindiero sábado voltamos. Non deixen de disfrutar e volvan a sintonizarnos.

sábado, 1 de febreiro de 2020

SÁBADO 1 de FEBREIRO do 2020

Outro sábado máis con todos vosoutr@s, tentando levar adiante este programiña de dúas horas en galego. Con conexión cos nosos correspondentes, entrevistas, informacións diversas e música dos nosos artistas galegos. A primeira comunicación, como é habitual, é co noso correspondente na Baixa Limia Xosé Lamela Bautista, que sempre ten preparada unha intervención interesante, relacionada con aquela zona da Raia, do Parque Internacional Gerés-Xurés.


Seguimos adiante e poñémonos en contacto co Presidente do Centro Galego Nós de Sabadell, Manuel Vázquez Osorio, a quen felicitamos porque tiveron a honra de recibir na súa Sede Social ao Sr.Secretario Xeral de Emigración, don Antonio Rodríguez Miranda, que convocou a tódolos representantes dos Centros Galegos de Cataluña para ter unha reunión con eles. Tamén nos fala da Celebración das actividades tradicionais do Centro e das dúas Grandes Celebracións que teñen previsto realizar unha en Maio e outra no mes de Outubro. Desexámoslle moitos éxitos.


Encetamos a segunda hora conectando co noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente Combarro, Xulio Simón Rúa, que sempre ten preparada unha crónica moi interesante relacionada coa nosa cultura e con destacadas informacións, aproveitando para presentarnos á seguinte convidada.



Loli Beloso Neira é a seguinte invitada a participar no noso programa. Felicitámola polo seu labor altruísta e humanista a prol da galeguidade e da recadación de cartos para investigación do cancro, na persoa do Doutor Angel Carracedo. Fálanos do seu labor, das Conferencias impartidas en Arxentina, concretmente na cidade de Magdalena o ano pasado, e que esta ano recuncará. Tamén nos comenta cousas previstas para o centenario do nacemento de don Isaac Díaz Pardo... ¡Moitas grazas, Loli!



Tamén aproveitamos uns minutiños para lervos a última poesía da nosa estimada Poeta Pastora, Nieves Fernández Vidueira, que leva por título: "O monte non me da medo".



Seguimos léndolles algunhas das informacións que recollemos na nosa Redacción, relacionados cos Premios MIN de música independente, con moitos participantes galegos, e algunha cousiña máis, que pode ser interesante para todos nosoutros.


Xa rematamos e enviámoslles os nosos mellores desexos para esta semana que ven. 

SÁBADO 25 de XANEIRO do 2020

Unha semaniña máis con todos vostedes. Comezamos escoitando unha peza musical e comentamos algunhas cousas relacionadas cos acontecementos que están próximos a celebrarse, como é o "XVI Festival de Botillo en Cataluña", organizado pola Asociación de bercianos en Cataluña, ASOBECAT, presidida por Juan Pedro Sánchez, e tamén algunhas noticias relacionadas coa galeguidade en Cataluña. Xa demos conta dalgunhas destas cousas en programas anteriores, pero queremos volver a comunicarvolas, por mor de que non se esquezan.


A seguinte é unha entrevista que lle facemos a Elena Ferro Lamela, zoqueira de cuarta xeración, á que felicitamos polo seu labor artesanal, e grazas ao cal precisamente, foi premiada a nivel Nacional. Felicitámola e comentamos con ela varias cousas, que nos fala da súa traxectoria artesanal, dos modelos de zocos e dos éxitos acadados despois de tantas décadas adicada a este oficio tan antergo.




Despois falamos con ANA da Asociación Galega de Amizade con Israel: AGAI, que nos comenta varias cousas relacionadas con esa Entidade e danos a coñecer o Acto de Commemoración Anual: "Día Internacional en Memoria das Víctimas do Holocausto" que se fará no Salón Noble do Pazo de Fonseca, en Santiago de Compostela, o 24 de Xaneiro. Tamén nos pon ao corrente doutras actividades, así como a Exposición "Os 13 Piares do Holocausto", que estará aberta ao público dende o día 13 de Xaneiro ate o día 1 de febreiro, naBiblioteca NODAL de Lugo, aínda que no cartel indica que se fará ate o 27 de xaneiro, como nos informou a comunicante.
.
Aproveitamos este espazo para lerlles unha das poesías coas que nos ilustra e ilumina o noso descanso, a nosa admirada poeta pastora de Quintela do Pando, Nieves Fernández Vidueira e que leva por título: "O Monte non me da medo". 


Damos lectura a algunhas das informacións chegadas á nosa Redacción, e que teñen moito que ver coa nosa Comunidade.


E xa non dispoñemos de máis tempo para os asuntos que tiñamos previsto, polo tanto despedímonos de todos vostedes ate o vindeiro sábado á mesma hora. ¡Sexan Felices!





SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...