Último programa do mes de outubro, con algunha que outra novidade e exclusiva para tódolos nosos oíntes e seguidores. Coma sempre, música de sintonía. Nos controis técnicos Kiko Belinchón. Nas locucións Armando Fernández e mais un servidor. Comezamos dándolles a ben-vinda e disculpándonos pola posible audición un tanto alterada, por mor desta nova opción que tivemos que adoptar por mor da pandemia que estamos a sofrir. Desexamos que a audición non se vexa demasiado alterada. Escoitamos un bocadiño de música e saudamos ao primeiro convidado de hoxe, que nos recibe recitando un poema que se recolle no seu último libro que acaba de publicar Galaxia: Federico García Lorca. "Poeta en Nova York". Suso Díaz. Agradecémoslle a súa amable atención. Preséntanolo o noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela Bautista, e conversamos con Suso Díaz, sobre diversos aspectos e antes de despedirse aínda nos recita uns "haikus" para celebrar o día de Ricardo Carvalho Calero.
Escoitamos un bocadiño de música e saudamos a Juan Pedro Sánchez, Presidente de ASOBECAT, a quen lle agradecemos a súa intervención para poder disfrutar dalgúns agasallos, que recibiremos por parte desa Asociación de Bercianos, para celebrar os "40 anos da A.C.G.Rosalía de Castro" e o "40 Aniversario de Radio Sant Boi". Temos pendiente poder saudar e entrevistar a un convidado do Bierzo.
Comezamos a segunda hora conectando novamente con Galicia para saudar e agradecerlle a súa participación a OLGA NOVO, Profesora, Poeta, Escritora, Pintora e Ensaista, que ven de recibir o Premio Nacional de Poesía 2020, que ela mesmo nos puntualiza como Premio Estatal de Poesía. Felicitámola e parabenizámola por ter acadado tan prestixioso Premio. Entrevistámola-Conversamos con ela e fálanos do traballo polo que foi premiada, concretamente Feliz Idade. Queremos saber en qué está a traballar e coméntanos algo sobre unha recopilación de escritos na Revista Luzes, dirixida por Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro. Agradecémoslle a súa participación na nosa humilde radio e prometemos voltar a falar con ela noutra ocasión, desexando que siga a colleitar moitos éxitos.
A seguinte intervención-conexión é con don PACO SOTO, Presidente da Sociedad Cooperativa Agrícola GISTREDO. Preséntanolo o noso convidado Juan Pedro. Falamos dese producto que eles recollen e distribúen: As Castañas de Parede, con Denominación de Orixe, producto de calidade, da localidade de Noceda del Bierzo. Infórmanos que este ano posiblemente a recolleita non alcance a de outros anos, pero están moi satisfeitos de cómo vai a comercialización. Tamén nos informa da posible adquisición dunha máquina para poder producir fariña de castaña e eliminar intermediarios e ofrecer así un producto máis. Agradecémoslle a súa aportación e colaboración de hoxe.
Conectamos co noso Poeta da Mariña Luguesa: Paco Rivas. Infórmanos de que acaban de facer un acto en Italia moi interesante, relacionado coa súa creatividade: "II Bienale Internazionale di Pescara". na vindeira semana poderemos falar con máis detenemento deste evento e doutras cousas. Despedímonos ate o vindeiro sábado á mesma hora.