sábado, 28 de outubro de 2023

SÁBADO 28 de OUTUBRO do 2023

Unha emisión máis deste programa de dúas horas en Lingua Galega. Comezamos coa nosa sintonía e as salutacións oportunas. Estrenamos unha peza musical que nos enviou  "Tatán" titulada "Bailar de novo" que nos serve para darlle a ben-vinda ao noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY CALO, que sempre ten preparada unha crónica escollida das Noticias que se poden ampliar moi detidamente na páxina quepasanacosta.gal. Agradecémoslle a súa aportación e voltamos a escoitar outro bocadiño de música.


Seguidamente conectamos con dona MERCEDES VÁZQUEZ SAAVEDRA, a quen felicitamos e parabenizamos efusivamente porque ven de recibir o título de MESTRE DA MEMORIA, xunto con Xan de Vilar. Fálanos da súa traxectoria como fotógrafa, como etnógrafa, como escritora e como recuperadora dos Entroidos, tanto galegos coma portuguese zamoranos e moitos máis. Séntese como unha verdadeira "Arraiana" e con moita querenza daquelas terras de Montalegre, Couto Mixto, Pitoes das Junhas, Castro Leboreiro... ... Desexamos que siga tendo moita sorte e colleitando os froitos que vai sementando.


Recibimos a participación do noso amigo e colaborador HENRIQUE FEDEZ-MON SÁNCHEZ, que dende Navia de Suarna fálanos das xa rematadas vindimas na Ribeira Sacra, da súa recente visita a terras de Portugal, moi concretamente as vilas e localidades de Tomar, Coimbra e outras. Tamén nos fala da celebración dos Magostos, que en Galicia está moi presente pola época na que estamos. Precisamente esta fin de semana celébrano en Navia de Suarna, cunha carpa para mellor acoller aos participantes.

Falamos con MANUEL VAZQUEZ OSORIO, Presidente do Centro Galego NÓS, de Sabadell, que a semana pasada celebraron a "Festa do Pulpo" cunha grande afluencia de asistentes e moito éxito. Para vindeiras datas, concretamente o día 11 de novembro, coincidindo co San Martiño, clebrarán o Magosto na Entidade, ao que nos convida para disfrutar das castañas asadas acompñadas de viño galego.

Despois conectamos coa Mariña Luguesa, desde onde nos fala o Poeta PACO RIVAS, que sempre ten unha conversa moi acaída e danos a súa impresión sobre momentos da actualidade e outras cousas. Por motivos alleos tivemos un corte na comunicación, pero comprometémonos para continuar, en vindeiras datas, coa conversa interrumpida.

 

Desexamos que teñan unha feliz semana.

Escoitamos a crónica do noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente Combarro, XULIO SIMÓN RÚA. Unha aportación cultural con noticias interesantes e de actualidade.

Deixamos aquí o programa completo.


sábado, 21 de outubro de 2023

SÁBADO 21 de OUTUBRO do 2023

Emisión do noso programa, un sábado máis, comezando coa nosa sintonía, os saúdos a tódolos nosos oíntes e seguidores, presentando o equipo, co noso Técnico de Son á fronte, Kiko Belinchón, e despois de escoitar un bocadiño de música conectamos co noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY CALO, que nos fai un resumo informativo do que sucede naquela contorna. Os interesados xa saben que poden seguir informándose na páxina quepasanacosta.gal. Esta emisión re-emítese en Radio Roncudo, Radio Neria, mañá domingo e en Radio Fene os luns. Desexámoslle que pasen unha feliz semana.

A segunda intervención é a da Escritora, Narradora, Poeta e Actriz MARÍA LADO LARIÑO. Felicitámola e dámoslle os nosos parabens porque ven de recibir, xunto co resto dos actores e actrices da película "O Corno", a Cuncha de Ouro do Festival de cine de San Sebastián. Conversamos con ela sobre a película, que nos recomenda. Fálanos un chisco de qué vai o entramado moi feminino e ambientado en Galicia. Tamén sabemos algo máis da súa traxectoria poética, escritora de teatro, traballa con Lucía no espectáculo "AldaoLado"... Agradecémoslle a súa atención e desexámoslle que siga colleitando moitos éxitos.

Entrevistamos ao Poeta, Escritor, Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa, RAFAEL VILLAR GONZÁLEZ. Felicitámolo porque acaba de ser o recente gañador do "XXI Premio de Poesía da Fundación" polo seu traballo "Os lugares da Memoria". Fainos saber algo máis dese poemario tan interesante e agradecémoslle que nos ilustre coa súa participación.

Recibimos á Doutora, Investigadora e Neurocientífica dona SONIA VILLAPOL SALGADO, que nos fala dende Houston (Texas), mediante unha video-conferencia que empregamos nos estudios. Felicitámola porque acaba de estar en Lugo facendo o Pregón das Festas do San Froilán, acadando moito éxito. Preguntámoslle sobre o que está a investigar relacionado co Alzheimer e danos cerebrais. Recoméndanos que estemos sempre activos xa que eso axuda a que non aparezan os síntomas desa enfermidade. Parabenizámola pola edición do seu libro: "Consciencia: A Ciencia que nos rescatou da pandemia". Fainos a proposta de realizar unha conversa-entrevista sobre as investigacións dese tema que está a investigar para máis adiante, cousa que nosoutros aceptamos e propoñémonos conectar con ela a principios do vindeiro ano 2024. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle moita sorte e moitos éxitos.

A seguinte intervención é a do Poeta da Mariña Luguesa, PACO RIVAS, que sempre nos recibe moi alegre. Fálanos das moitas presentacións e charlas que tivo neste verán, promocionando o seu último libro: "Posdata, Quérote". Precisamente dese mesmo libro de poemas recítanos dúas  creacións súas. Desexámoslle unha feliz semana e despedímonos ate o vindeiro sábado.

Deixamos aquí o programa completo.

sábado, 14 de outubro de 2023

SÁBADO 14 de OUTUBRO do 2023

Segundo programa desta tempada 2023/2024. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de costume e un bocadiño de música para recibir ao noso correspondente na Costa da Morte OSCAR REY CALO, que ten preparada a súa crónica semanal resumida, pero chea de información interesante. Coma sempre indica que se pode ampliar as súa informacións na paxína que eles coordinan quepasanacosta.gal, sempre accesible para tódolos nosos oíntes e seguidores. Agradecémoslle a súa aportación.

A segunda intervención é a do Sr.Presidente da Asociación Cultural Galega Airiños da Nosa Galicia en Santa Coloma de Gramenet, don XOSÉ CANOSA. Felicitámolo polas moitas actividades e eventos que estan realizando ultimamente e recibimos información cumprida e moi importante, relacionada coa "9ª Festa Cultural do Pulpo" prevista para a seguinte fin de semana dende o 19 ata o 21 de outubro, no Parc Europa de Santa Coloma. Tamén nos informa doutras actividades e eventos importantes que teñen previsto realizar. Agradecémoslle a súa amable atención.


Continuamos a emisión e poñémonos en contacto con dona MARÍA XOSÉ PORTEIRO, Escritora, periodista, política Licenciada en Publicidad e Relacións Públicas. Agradecémoslle a súa participación no noso programa. Comentamos algunhas novidades e actuacións importantes que terán pronto suceso en Galicia. Comentamos o evento "VigoFem" (onde estarán Xina Vega, Miriam Ferradans e Su Garrido Pombo, entre outras) que se realiza dende o 16 ate o 20 de outubro que é un proxecto artístico e cultural protagonizado por mulleres, coincidindo coa Día da Escritoras. Tamén nos fala dos Premios da Crítica, da nova composición do Xurado, presidido por don Manuel Bragado Rodríguez. María Xosé será a encargada de facerlle a "laudatio" ao Presidente saínte, don Bieito Ledo Cabido. Enviámoslle a nosa máis sinceira felicitación e desexamos que teñan moitos éxitos.

Encetamos a segunda hora conectando coa nosa correspondente nos Ancares Lugueses, dende Becerreá, FERNANDA FOLLANA NEIRA, fainos a súa crónica semanal e comentamos algunhas das noticias que nos comunica e agradecémoslle as instantaneas que nos envía para compartir con tódolos nosos oíntes e seguidores.

Conectamos novamente con Galicia para entrevistar a unha Artista, cantautora e Poeta, que admiramos e que tiñamos previsto falar con ela hai tempo: LUCÍA ALDAO. Dámoslle a benvinda e agradecémoslle que nos atenda tan amablemente. Felicitámola pola súa intervención e participación nun evento moi importante en Tunez, convidada polo Instituto Cervantes. Tamén pola actuación na que acaba de participar hoxe mesmo, en Fisterra, no "Natasha Lelenco"-Casa das Peritas. Despois da charla distendida e amena que nos dispensou, agasallános coa declamación dun poema seu. ¡Moitas grazas Lucía! Seguiremos en contacto e desexamos que sigas colleitando moitos éxitos.

Despedímonos ate o vindeiro sábado á mesma hora. ¡Que teñan unha feliz semana!

Pero deixamos aquí a colaboración do noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente Combarro, XULIO SIMÓN RUA, que nos envía a súa crónica semanal moi interesante.

Colocamos aquí o programa completo, sin interrupcións.

sábado, 7 de outubro de 2023

SÁBADO 7 de OUTUBRO do 2023

Comezamos unha nova tempada 2023/2024, cos mesmos desexos de facer amenas estas dúas horiñas de Radio en Galego. Dámoslles a Ben-vinda coa nosa sintonía e os saúdos oportunos para poñer un bocadiño de música e aproveitar para conectar co noso correspondente OSCAR REY CALO, que dende a Costa da Morte, sempre ten preparada unha crónica de informacións e noticias moi interesantes. Agradecémoslle a súa colaboración, que poden ampliar na páxina quepasanacosta.gal, como xa lles temos dito noutras ocasións.
 

A segunda chamada é para podermos recibir información dende Terrassa, do Presidente, DON ANTONIO  da I.Galega O Noso LAR de Terrassa". Celebran o 41 Aniversario da súa fundación e a "16 Festa gastronómica do Pulpo", prevista para os días 16, 17, 18 e 19 de outubro no mesmo Centro de Terrassa, nas Ramblas. Teñen previsto unha participación moi importante. Desexámoslles que teñan moita sorte e moitos éxitos.

Conectamos con dona MARTA DACOSTA ALONSO, Viguesa, Poeta, Profesora, Licenciada en filoloxía e recentemente galardonada co Premio de Poesía Filomena Dato, convocado polo Concello de Bergondo. O seu traballo leva por título: "Papaventos abismados". Parabenizámola e falamos un chisco desa obra premiada. Algo nos adianta de cómo se desenvolve esa obra premiada, e tamén algo máis coñecemos da súa traxectoria creativa e escrita, pero é moi curta e cativa a conversa, polo tanto quedamos para entrevistala noutra ocasión, con máis vagar e continuar aprendendo da súa man. Moitas grazas e moitos parabens, Marta.

Recibimos a colaboración da nosa correspondente nos Ancares Lugueses, concretamente dende Becerreá, dona FERNANDA FOLLANA NEIRA, que sempre ten preparada unha crónica interesantes relacionada con aquela contorna, ademais de comentar algunha que outra cousa na que está implicada, como pode ser a coordinación dalgunhas probas ciclistas que veñen desenvolvendo ultimamente. Agradecémoslle a súa participación.

Dende a Ría de Corcubión
Falamos con PEPE FORMOSO, do Hotel Bela Fisterra, Presidente da Asociación APTCM Asociación Profesinal do Turismo da Costa da Morte. Paravenizámolo porque o seu Hotel ven de recibir outro Premio: "Sello ECOSTARS", pola sustentabilidade e o seu compromiso.  Destaca tamén o Premio acadado polo "Bela Muxía": Kayak TravelAwards 2023.  Outro evento que poñemos en valor é a proposta culinaria e excelente: "Disfruta da Gastronomía da Costa da Morte nos Meses con R". Unha grande idea para disfrutar, que seguro terá moitos éxitos.

E despedimos o programa ate o vindeiro sábado á mesma hora.

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...