luns, 21 de decembro de 2009

Ultimo programa do ano 2009



Voltamos a estar con vosoutros Antonio Díaz e mais un servidor, con moitas ganas de que pasen un ratiño agradable coa proposta de programa que temos para hoxe.

Aínda que así o anunciamos, como o ultimo programa do ano, non por eso deixamos de entreter e facérvolo pasar ben. A nosa teima era comunicármonos co maior número de amigos e colaboradores que de cando en vez participan con nosoutros neste programa. Os intentos tivémolos, pero entre a competencia (estaban a radiar o partido do Barça), o frío e as comunicacións que non ían tan ben como quixeramos, o caso é que tan só puidemos comunicar cos que aquí tedes destacados, e que podedes descargalos para escoitar cómo nos felicitan o Nadal e cómo lle-lo felicitamos nosoutros tamén:

Comezamos con Xosé Carlos, o responsable de Cultura da Asociación C.Galega Rosalía de Castro. Non foi posible conectar co presidente, don Ricaardo Pérez Anta, pero enviámoslle os nosos mellores desexos para estas datas.

A seguinte comunicación foi con Manoel Carrete, quen estivo solícito e descubriunos o traballo que recentemente publicará, e que está relacionado coa figura de don Tiberio Ávila e coa vila de Viana do Bolo. Tamén quixemos conectar co seu Alcalde, don Andrés Montesinos e non tivemos sorte. Prometemos facelo nun dos primeiros programas do vindeiro ano.

En terceiro lugar falamos con Serxio Seoane, quen nos revela un secretiño que tiña para tódolos nosos oíntes: A partir dagor é o representante de Zouma-Records, de Ourense, que leva a Cristina Pato, Lamatumbá... un elenco de importantes artistas galegos, que seguro nos presentará no vindeiro ano, e que nos fará chegar as súas novidades.

Comunicámonos con Galicia e contactamos con Xulio Simón. Aténdenos dende o seu "mancontro" por mor da cobertura e soporta algún grau baixo cero, na provincia de lugo. Desexámoslle o mellor para el e para tódolos seus.

Nesta segunda hora non podía faltar a conversa e felicitación que lle enviamos ao noso anterior Director: don Xosé Lamela, quen nos fala con agarimo e convida a tódolos oíntes a que se pasen polo Xurés a disfrutar daquel verxel incontaminado.

Tamén nos poñemos en contacto con Suso, da Baixa Limia, que tamén nos comenta cousas que están a realizar por aqueles pagos da "Raia Seca", e que se materializaron este verán coa homenaxe a don Xosé Luís Méndez Ferrín. Desexámoslle unhas boas festas.

Seguimos en Galicia e agora conversamos con Xosé Luís, o Chousa da Alcandra, que tanto nos axudou e colaborou connosco na elaboración e posta en marcha daquel sorteo de unha fin de semana nas "Casas Rurais de Galicia". Dende o Centro Xeográfico de Galicia achéganos os seus desexos de benestar para todos e que tamén lle desexamos o mesmo.

Seguimos coas comunicacións e achegámonos a "Saiáns", para falarmos con Pablo, meu irmán. Atópase nun lugar privilexiado frente da ría de Vigo, contemplando as Illas Cíes, aínda que nos puntualiza que nese instante estaba a disfrutar do partido do Barça. Felicitámolo e extendemos os nosos desexos a tódolos que se atopan con el, Maty, Antonio e Pili.

Xa non nos quedaba máis tempo e a conversa con Juan, de Agarimos de Badalona recibe as nosas felicitacións, non só polo Nadal, senón que esta noite están a celebrar o seu XIII aniversario da Fundación da Asociación. Ademais o domingo farán unha nova edición da "Feira do Polbo" en Badalona, diante dos locais da Entidade. Unha enhoraboa polo que levan feito e moitos desexos de continuidade e porsperidade para o vindeiro ano 2010.

Dámoslle a nosa despedida a tódolos oíntes desexándolles unhas "¡¡FELICES FESTAS DO NADAL e UN PRÓSPERO ANINOVO 2010!!". Que se vexan cumpridos tódolos seus anceios e Ata o ano que ven.

martes, 15 de decembro de 2009

Programa do día 12 de decembro do 2009



Comezamos Antonio Díaz e mais un servidor, dándolles a ben-vida a tódolos oíntes e adiantándolles o que tiñamos previsto facer nesas dúas horiñas de charla-coloquio-entrevistas-intervencións e música galega...
A primeira comunicación foi con Ernesto Lagarón, recentemente nomeado membro da Comisión Delegada do Consello das Comunidades Galegas no Exterior, como representante por Cataluña. Repite cargo, e puntualízanos que non é el senón a Entidade Saudade a que ostenta esa representatividade, e que neste momento correspóndelle a el por ser Presidente da mesma, pero que a quen elixiron no Consello foi á Saudade.

A seguinte conversa-entrevista é con don Manuel Vázquez Osorio, tamén Presidente do Centro Galego NÓS de Sabadell. Fálanos da presentación do nº 11 da súa revista cultural NÓS e do acontecemento que se realizará nun dos salóns do Hotel Verdi de Sabadell conmemorando o 31 aniversario da Entidade e facéndolle entrega da insignia de ouro ao anterior presidente don Rogelio Martínez Lodos, quen permañeceu no cargo perante máis de 18 anos. Un merecido e sentido homenaxe ao que se unirán moitas persoas do seu entorno e amigos.

Falamos despois co noso correspondente en Galicia Xulio Ximón, que nos pon ao corrente das cousas que están a suceder na nosa Terra e facemos un percorrido interesantísimo polas rúas de Pontevedra acompañados dun roteiro que nos recomenda a todos.

Desexámoslle unha semana chea de engado a todos e agardamos volver a contar coa súa audiencia na vindeira semana, que será a ultima deste ano.

O programa do 28 de novembro do 2009

Estiveron á fronte do programa: Serxio Seoane e Antonio Díaz.
Comezaron puntuais e deseguida comunicáronse conmigo para manter unha pequena conversa en torno ás actividades e demáis acontecementos que estaban a desenvolverse no entorno da "Asociación Cultural Galega ROSALÍA DE CASTRO". Mentres falabamos chegou Xosé Carlos, quen complementou as noticias e novidades que estabamos comentando.

A segunda intervención foi a de Xosé Carlos, entrevistando ao gañador do premio de Poesía Rosalía de Castro deste ano: Israel Martínez Veiga.

O Final correspondeulle a don Ricardo Pérez Anta, Presidente da Entidade Rosalía de Castro que lles informou aos oíntes de todo o que están a celebrar: As xornadas Culturais, a confraternización con Agarimos de Badalona, a súa viaxe a Montevideo para participar no IX Consello das Comunidades Galegas do Exterior...

A seguinte semana (ponte da Constitución) non temos programa (a Radio tamén fai festa).

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...