xoves, 1 de xullo de 2010

Programa do 26 de xuño. Final da TEMPADA

Comezamos dándolles a ben-vida a tódolos oíntes e propoñendo un percordido virtual para visitar a zona da denominación de orixe: "Viño Albariño", acompañado das pezas musicais extraídas das novidades que nos chegaron ultimamente á Redacción.
Non puidemos conectarnos co noso colaborador habitual Xulio Simón, ao que lle desexamos unhas felices vacacións estivais. Os mesmos desexos van para tódolos nosos amigos: oíntes, internautas e simpatizantes que nos animan a continuarmos nesta fermosa tarefa de falar e comunicármonos con todos vostedes en "lingua galega".
A nosa proposta final ben acompañada do recitado dalgúns dos poemas de PACO RIBAS, o noso poeta da Mariña Lucense, que tamén nos desexa a todos unhas felices vacacións.
Aquí vos queda a parte grabada. O resto foi unha selección de música galega.
">
¡BOAS VACACIÓNS!

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...