sábado, 25 de marzo de 2017

Sábado 25 de Marzo do 2017

Unha semaniña máis con todos vosoutr@s, para tentar de levar adiante este programiña de radio en galego. Comezamos conectando con Galicia para falar con DAVID PEREZ, un escritor e arqueólogo de Bande con quen mantemos unha conversa moi entretida e chea de coñecementos sobre diversos aspectos do seu traballo investigador e recuperador. Agradecémoslle a súa amable atención.

Despois falamos con TOÑO Núñez, que veu dende Galicia para presentar na A.C.G.Rosalía de Castro o seu libro de poemas titulado: POEMAS DE AMOR EN OUTONO, e comentamos con el a experiencia e impresións sobre o acto de onte, venres, que foi o día elixido para presentar o libro.

Na segunda hora conectamos co noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente Combarro, para que XULIO Simón nos presente ao seu convidado de hoxe: don CESAR LEMA, un biólogo que acaba de presentar un libro moi interesante que leva por título: "Bienaventurada la maleza porque ella te salvará la cabeza. Plantas Silvestres". Unha conversa esclarecedora que voltaremos a retomar para que nos siga ilustrando coas súas ensinanzas.

Volatmos a Galicia, e nesta ocasión falamos con XOSÉ RODRÍGUEZ CRUZ, un etnógrafo de A Gudiña con quen mantemos unha conversa relacionada coa súa tarefa investigadora e divulgadora das Lendas e Contos da Raia galego-portuguesa. 

A vindeira semana voltaremos con máis novidades e música. Nesta ocasión, o día 1 de ABRIL dende a Sé da A.C.G.Rosalía de Castro, á mesma hora e en directo, con tódolos convidados da Entidade. Convidamos a tódolos que nos seguen para que asistan e poidan disfrutar desta nosa emisión en directo, e participar con nosoutros. Non faltedes. Agardámosvos.

luns, 20 de marzo de 2017

Sábado 18 de MARZO do 2017

Aínda que con un chisco de retraso, "colgamos" o programa do pasado sábado, que comezou coma sempre coa sintonía e a benvida a tódolos nosos oíntes e seguidores. Despois de escoitar algunhaa peza tradicional galega, conectamos con ALVARO PRIETO, da A.C.G.AGARIMOS de Badalona, para nos explique cómo van os preparativos para a celebración dese "20 Aniversario" da Asociación e as propostas que teñen xa concretadas. 

 Despois conectamos con Galicia para falar co cantautor JORGE, que nos adianta as súas previsións de concertos e actuacións para as vindeiras datas. Aproveita para comentar a grande labor que está a facer en Cambados a nosa entrañable amiga Merchi Alvarez de Galiciame. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle moitos éxitos. 

 Na segunda hora conectamos novamente con Galicia, como cada semana, concretamente co noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO Simón, que sempre ten preparadas algunhas novas interesantes. 

 E finalizamos coa conversa do noso poeta da Mariña Luguesa PACO RIVAS, que ameniza a súa intervención con comentarios moi lúcidos e interesantes, e sempre nos agasalla o final cunha das súas creacións poéticas. 

 Non deixedes de conectar coa nosa Radio. A vindeira semana máis.

sábado, 11 de marzo de 2017

SÁBADO 11 de Marzo do 2017

Comezamos o programa dándolles a benvida a tódol@s nosos oíntes-seguidores, e de seguida recibimos nos estudos ao noso Presidente OLIVER Fernández acompañado de CARMEN PENIN, Carlos e Brandán. Agradecémoslle a súa visita e comentamos un chisco a celebración que hoxe se realizará na Entidade Rosalía de Castro... 

 Despedimos a Carmen e aos demais contertulios e despois de escoitar unha peciña tradicional galega, conectamos con Galicia, concretamente con A Coruña, para falar con PEP PALAU, que moi amablemente nos pon ao corrente do FORUM GASTRONÓMICO que se celebrará os días 12, 13 e 14 de marzo en ExpoCoruña. Un acontecemento gastronómico de moitísima importancia para Galicia e para tódolos galegos. 

 Despois saudamos a Armando Fernández, que ven acompañado de MAIKA, á que saudamos e obsequiamos cunha peza musical de Xil Ríos, en homehaxe a ela e ao propio Moañés, que ven de ser nomeado Ilustre desa localidade. 

 Conectamos novamente con Galicia para falar con MERCHI ALVAREZ, que fala das actividades (Mercadillo Solidario e Sorteos) que están a realizar, a favor de GALICIAME, precisamente nas rúas de Cambados. 

 Un chisco de conversa, moi entreteida, con MAIKA

 Para despedir o programa conexión coa Mariña Luguesa, para falar con PACO RIVAS, que sempre ten preparada unha intervención improvisada pero moi feiticeira. 

 A vindeira semana máis. Sintonizádenos!!!

sábado, 4 de marzo de 2017

Sábado 04 de Marzo do 2017

Unha semaniña máis con todos vostedes, tentando levar adiante esta emisión de dúas horiñas de radio en galego. Comezamos, todo o equipo ao completo (Laura Santos, Xosé Lamela, Armando Fernández, un servidor e o noso técnico KIKO), conectando con Galicia, para falar con don MANUEL RIVERO, un grande Profesor de moitas disciplinas que próximamente terá unha intervención moi interesante en Valença do Minho, precisamente falando nas "I Jornadas de Organizaçao e Gestao do Minho". Unha entrevista chea de ensinanzas.

Na segunda hora conectamos novamente con Galicia, nesta ocasión para falar co noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO Simón, que sempre ten preparada a súa intervención tan interesante.

Falamos, despois con PACO RIVAS, o noso poeta da Mariña Lucense, con quen mantemos unha conversa distendida e acaba a súa intervención agasallándonos coa declamación de varias das súas creacións poéticas.

Desexamos que pasen unha feliz semana. Sexan felices, e non deixen de sintonizarnos novamente o vindeiro sábado.

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...