sábado, 30 de abril de 2011

¡¡¡ 25 ANOS de "Sempre en Galicia" !!!

Este serán teremos un PROGRAMA ESPECIAL adicado aos 25 anos de emisión deste noso programa. 
Contaremos coa colaboración da maior parte dos anteriores directores-conductores deste programa de Radio en galego, e teremos comunicacións en directo con GALICIA para falarmos con moitos dos nosos colaboradores e amigos, que fixeron posible que este humilde programa se levara adiante con éxito durante tantos anos. 
Seguro que moitos dos nosos ointes-escoitantes e asiduos seguidores desexarán participar, así que temos preparados 25 agasallos para eles. Sortearemos 25 reloxos da marca Adolfo Domínguez, patrocinados polo noso colaborador e amigo do programa: Pedro Pérez, Presidente do GRUPO DUPLEX
Todos aqueles que nos envíen un correo ao noso blog ou que nos chamen namentres se realiza o programa, participarán no soteo que faremos nun vindeiro programa especial tamén. 
E xa que falamos de programa especial, informámosvos de que mañá tamén teremos un apartado especial de participación na "JORDIADA" que ten programada Radio Cornellà, en Can Mercader.
Convidámosvos a todos para que participedes deste fermoso acontecemento.

domingo, 3 de abril de 2011

Programa do 2 de abril do 2011

Unha nova emisión con todos vosoutros. Comezamos adiantando o que vai ser o programa de hoxe e adiantamos algunhas das noticias e informacións que nos van chegando á nosa Redacción. Informamos da suspensión da Excursión prevista pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro, debido a certos acomodos de axenda que non se puideron cumplir. Queda aplazada para o mes de maio. Continuamos coas noticias e informamos da entrega do Premio que hoxe recibe Luís Tosar no Festival de Cine de Málaga, de que a Fundación Seoane abre unha mostra de "cabanas creadoras", que o Concello de A Coruña programa unha semana de homenaxe a Cunqueiro...etcétera, e todas esas poucas noticias acompañadas de algunhas pezas de música galega.

A nosa primeira comunicación-conversa é con VERÓNICA, responsable da ASOCIACIÓN CULTURAL MONTE DA ESTRELA, de Arteixo (A Coruña). Unha conversa chea de engado e información moi interesante sobre as Actividades que esta Asociación leva a cabo, con moitísima participación da xente nova da vila e con importantísimas aportacións e colaboracións de personaxes moi representativos da nosa cultura galega. Agradecémoslle que nos dedicara este tempo para comunicarnos esas inquedanzas da Asociación. Precisamente paramos un chisco na vindeira que realizarán o sábado 9 de abril: Rota a pé polos ríos Vilacoba e San Xusto no Concello de Lousame.

Na segunda hora, como cada semana, conectamos con Xulio Simón, para que nos deleite coa súa escolla de informacións e noticias que sempre teñen moito que ver coa Cultura Galega. Para a vindeira semana adiántanos que falaremos con Xurxo Pintos, autor dun interesante libro que ten moito que ver co Cambio Climático e co Medio Ambente.

Para finalizar conectamos coa Mariña Lucense, para sentir as verbas de Paco Ribas e a súa declamación e recitado dalgún dos seus poemas.

Voltaremos a vindeira semana con máis cousas.

SÁBADO 2 de NOVEMBRO do 2024

Outra emisión máis do "Semprengalicia" de cada sábado. Comezamos coa nosa sintonía de sempre, as salutacións e un bocadiño de músi...