sábado, 27 de xuño de 2020

Sábado 27 de XUÑO do 2020

Ultimo programa desta tempada 2019-2020, que comezamos ofrecéndolles unhas informacións interesantes, relacionadas coas convocatorias seguintes: 1ª a do "XIV Premio de Literatura Infantil e Xuvenil RAIÑA LUPA", patrocinado pola Deputación de A Coruña, e 2ª a do "XXXIV Certame de Poesía en Lingua Galega" patrocinado pola A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellà. Despois poñémonos en contacto co noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela Bautista, que nos presenta ao convidado José Benito Reza e mantemos unha amena conversa-entrevista con eles.

A continuación intervén o noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente en Combarro, Xulio Simón Rúa, que ten preparada unha crónica cultural moi interesante, como cada semana. Desexámoslle que teña unha felices vacacións.




Poñémonos en contacto con Serxio, de TROULA, o grupo "UXÍA Lambona e a Banda Molona", que nos informa das recentes publicacións e das propostas musicais previstas para as vindeiras datas. Tamén nos informa dos concertos que posiblemente realizarán neste verán.


Falamos agora con XOSÉ LOIS ROMERO, músico e grande compositor, que nos fala do ultimo CD publicado: "LATEXO", que pertence a XOSE LOIS ROMERO & Aliboria. Unha formación musical que ultimamente está acadando moitos éxitos coas súas aportacións musicais, moi innovadoras. Mantemos unha conversa-entrevista chea de informacións sobre o Grupo e dos obxectivos previstos. Agradecémoslle a súa aportación neste noso programa e desexámoslles que sigan tendo moitos éxitos.

Ofrecémoslle a recitación dun poema do noso Poeta da Mariña: PACO RIVAS, que ten moito que ver coa actual situación que estamos a vivir.

Despedímonos ate a vindeira tempada 2020-2021. 
¡Que teñan unhas felices vacacións! 
¡Cúidense moito! e 
¡Que volvan a sintonizarnos na vindeira tempada! 

sábado, 20 de xuño de 2020

SÁBADO 20 do mes de San XOAN do 2020

Continuamos, unha semaniña máis con todos vosoutros, ofrecéndovos este programa de Radio aproveitando as gravacións que facemos mediante algunha que outra aplicación e adubiando, como podemos, as conversas-entrevistas que imos tendo, para darlles cumprida información das cousas que están a suceder así como as nosas propostas nestes días de "confinamento". Agardamos que sexan do seu agrado. En primeiro lugar conectamos co Presidente da A.C.G.Rosalía de CASTRO, Oliver Fernández, que tiña pendente informarnos das diversas actividades e actos previstos concretamente coa celebración da Festa Galega de Can Mercader, que a pesar do confinamenteo e o estado de alarma, aínda que suspendidas as concentracións, fixeron unha "Ofrenda floral" no Parque de Can Mercader, á nosa poetisa Rosalía, que leva o nome da Entidade. Tamén se celebrou, mediante as redes sociais, unha magna "festa virtual polas redes" para conmemorar os 40 anos da fundación desta Entidade. Actos que nos foi debullando o Presidente nesta pequena conversa. ¡Grazas e moitos parabens,  a tí como Presidente e a A.C.G.Rosalía de Castro!




Despois conectamos co noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela, que nos presenta á convidada especial que temos a honra de entrevistar e conversar con ela: Carmen Penin, de "2Na Fronteira", que nos recibe moi amablemente e aproveitamos non só para felicitala, senón tamén para disfrutar da súa música e dos proxectos pendentes para este verán. ¡Graciñas CARMEN!




A terceira conversa-entrevista é con Alberte Montes, un actor e monologuista que ultimamente estamos a disfrutar nalgunhas series televisivas de Galicia e a súa participación en Radios de ámbito nacional. Dámoslle os nosos parabens polos éxitos que está a acadar así como tamén pola feliz noticia de que acaba de ser pai. ¡Moitos parabens! e que sigas tendo moitos éxitos, Alberte.




E finalizamos coa entrevista que nos concede Miriam Ferradáns, esa poetisa e escritora que está acadando éxitos coa súa laboura creativa e que ven de publicar "Agosto", un novo traballo que estamos desexosos de poder disfrutar del e da súa presenza aquí. Axúdanos na conversa o noso amigo e colaborador Luís Losada. 


Despedímonos ate a vindeira semana.

sábado, 6 de xuño de 2020

Sábado 06 de XUÑO do 2020

Continuamos coa nosa "programación enlatada" ofrecéndolles no noso horario habitual, as gravacións que escollimos para que poidan disfrutar dasa nosas inquedanzas, das novidades de actualidade, as músicas que vos ofrecemos e algunhas entrevistas de relevancia. Despois de escoitar un bocadiño de múasica poñémonos en contacto con Oliver Fernández, Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro que nos comenta varias decisións relacionadas coa Entidade, a suspensión da "Festa galega en Can Mercader" que se celebra cada ano coincidindo coas Festas do Corpus en Cornellà. Coñecemos as diversas novidades que teñen previsto realizar e adiántanos algunhas previsións para cando se cambie de Fase de confinamento, para darlle un pouco de actividade á Asociación.



..

A segunda comunicación é cun grande amigo, escritor e poeta: Suso Díaz, con quen mantemos unha conversa-entrevista moi interesante. Coñecemos parte do seu traballo creativo, fálanos das súas publicacións e recítanos un poema. Tamén nos enteramos da súa participación diária no xornal "Galicia Confidencial" cuns haikus que son moi ben acollidos polos lectores. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle moito éxitos e continuados.


Despois conectamos co noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente en Combarro, Xulio Simón, que nos fai unha crónica semanal chea de ensino.



E antes de finalizar voltamos outra vez a Galicia para darlle a ben-vinda a un dos máis salientables investigadores de Europa e excelente persoa: O Doutor Anxo Carracedo, que nos atende moi amablemente e coa axuda de Xulio Simón, conversamos sobre certas cousas da situación actual. Escoitándoo recibimos unha chea de ensino e bohomía. Agradecémoslle a súa participación no noso humilde programa. Foi un placer, unha honra e un privilexio escoitalo. Desexamos voltar a telo en antena, para que nos fale dun traballo de investigación moi importante... farémolo en vindeiras datas. Tiñamos previsto que tamén interviñera algunha persoa máis, pero non nos foi posible conectar...



E despedímonos ate o vindeiro sábado, á mesma hora.
¡Que teñan unha feliz semana!

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...