sábado, 27 de xaneiro de 2018

SÁBADO 27 de xaneiro do 2018

Comenzamos o programa dándolles a ben-vida e saudando aos compoñentes do equipo de hoxe. Temos como convidado ao Presidente de ASOBECAT, don JUAN PEDRO SáNCHEZ, que nos visita para falarnos do "XV Festival do Botillo en Cataluña". Despois de escoitar unha peciña musical, conectamos directamente co noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela, que nos presenta ao contertulio de hoxe, don XAN LEIRA, Escritor, Director de Cine e Editor, cos que mantemos unha conversa-entrevista chea de coñecementos. 

A segunda conversa é con dona SILVIA PARDO, resposanble de comunicación de XANTAR - "19 Salón Internacional de Turismo Gastronómico" de Ourense, previsto para os días 31 de xaneiro, 1,2,3 e 4 de febreiro, que este ano ten como convidado especial a Portugal. Agradecémoslle a información.

Despois comentamos a celebración do "15 Festival do Botillo en Cataluña", con Juan Pedro Sánchez e falamos con don José Antonio Otero, Xerente de Embutidos Sta. Cruz de Montes, que será o homenaxeado como "Berciano Ilustre do 2018". Unha conversa moi ilustrativa.

Seguimos na segunda hora con TAMARA ANDRÉS, que se encargará a partir dagora da sección NO ESTRELAMPAR, un nome feiticeiro para unha sección feiticeira. ¡Graciñas Tamara!

Despois conectamos co noso correspondente, Xulio Simón, nas Rías Baixas, concretamente Combarro, para que nos presente ao seu contertulio de hoxe: don Miguel Anxo Fernández Lores, Ilmo.Alcalde de Pontevedra, cos que mantemos unha longa conversa-entrevista que nos ilustra sobre esa belida cidade.

E denantes de finalizar o programa de hoxe aínda temos tempo para comentar un chisco máis o desenrolo dese XV Festival do Botillo en Cataluña, con Juan Pedro, o noso convidado especial nos estudos, que nos pormenoriza ese evento previsto para o día 17 de febreiro próximo.

E despedímonos ate o vindeiro sábado, que agardamos volvan a sintornizarnos.

sábado, 20 de xaneiro de 2018

SÁBADO 20 de XANEIRO dp 2017

Temos que disculpar no programa de hoxe, a ausencia en directo de Xulio C. e mais Laura Santos que por asuntos diferentes non poden estar, pero ARMANDO FERNÁNDEZ, recibe con moito agarimo aos compoñentes da A.C.G.Rosalía de Castro que nos visitan acompañados do seu Presidente don OLIVER Fernández. Despois das salutacións oportunas conectan con Galicia para falar con XOSÉ LAMELA, que ten como convidado ao arqueólogo DAVID Pérez, cos que manteñen unha conversa-entrevista moi interesante.

A segunda comunicación volve a ser con Galicia, para falar co noso correspondente nas Rías Baixas, Xulio Simón, que sempre ten preparadas unha serie de noticias e informacións moi axeitadas.

Despois conectamos co BIERZO, concretamente con dona LAURA ESTÉVEZ, de Bodegas y Viñedos Estévez, en Valtuille de Abajo, que será a bodega patrocinadora do "XV Festival del Botillo" da Asociación de Bercianos en Cataluña (ASOBECAT).

E despedimos o programa ate a vindeira semana.

Pero deixamos a emisión da entrevista que mantivemos antes de final de ano con PANCHO ALVAREZ, que nos fala do seu ultimo traballo CELTIS AUSTRALIS, e da súa traxectoria musical así como dos concertos que ven realizando ultimamente. 

sábado, 13 de xaneiro de 2018

Primeiro Programa do 2018

SÁBADO 13 de XANEIRO do 2018

Comezamos o programa dándolles a ben-vinda a tódolos nosos oíntes e seguidores, co equipo ao completo e emitindo en directo por youtube, como vimos facendo ultimamente e que podendes seguirnos : https://www.facebook.com/SemprenGalicia. Despois das presentacións e de escoitar unha peciña musical, conectamos directamente co noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela, que nos ten preparada a participación dun contertulio de alto nivel: don José Antonio Armada, Alcalde do Excmo.Concello de Bande. Mantemos una conversa-entrevista moi interesante.

Facemos agora unha conexión "en primicia" con XABIER DÍAZ, que acaba de enviarnos un primeiro videoclip do seu ultimo traballo "NORÓ", que será posto á venda o día 6 de febreiro próximo. Agradecémoslle a súa amable atención en exclusiva que nos concedeu, para todos os que aprezamos a súa música.

Na segunda hora, coma sempre, falamos con XULIO SIMÓN, o noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente en Combarro, que nos ten preprarada a intervención de dona LOLI BELOSO NEIRA, escritora de varios libros para nenos adicados a personaxes moi importantes da nosa cultura galega recente, como son Luís Seoane, Neira Vilas e Isaac Díaz Pardo. Precisamente a conversa xira en torno á figura de Isaac, que tanto fixo por Galicia. Agradecémoslle a súa participación na nosa emisión de hoxe, e comprometémonos a voltar a falar con ela en vindeiras datas.

Nos poucos minutos que nos restan de programa comentamos un chisco a celebración do 35 Aniversario da Asociación C.G. "Airiños da nosa Galicia" de Santa Coloma de Gramanet e algunha disertación relacionada coas aportacións dos socios das diferentes Entidades Galegas en Cataluña.

E despedímonos de tódolos nosos oíntes e seguidores, desexando que volvan a sintonizarnos o próximo sábado á mesma hora.

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...