sábado, 14 de maio de 2016

SÁBADO 12 de MAIO do 2016

O día 10 de MAIO emitiuse pola RTVG no programa "O País máis Grande do mundo" unha reportaxe relacionada co noso programa "SEMPRENGALICIA", aquí tedes o link para poder visionalo: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/en-polonia-en-barcelona-e-madrid-e-no-buque-hospital-juan-de-la-cosa ,dende 1:05:41 ata o momento 1:15:16. 

Comezamos o programa de hoxe con xente "convidada" nos estudos, a quen lles agradecemos a súa presencia, e para recibilos escoitamos primeiro unha peza de música galega. Dámoslle a benvida a OLIVER FERNÁNDEZ, Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro e a PAULO, que nos acompañan. Fálanos da celebración do "36 Aniversario da ASOCIACIÓN" así como da Festa Galega en Can Mercader, que se realizará os vindeiros días 27, 28 e 29 deste mesmo mes de maio. Tamén comentamos a celebración, na sé da Entidade, da Conferencia sobre as Letras Galegas e Filandón, a cargo de Alfredo González Vilela, así como a presentación do libro : A Virxe do Xurés, escrito polo noso amigo e colaborador XOSÉ LAMELA.

Falamos agora con don FRANCISCO JAVIER RODRÍGUEZ, da Asociación Cultural Galega SAUDADE, que nos informa da celebración das LETRAS GALEGAS 2016, hoxe mesmo, na propia Entidade, cunha Conferencia adicada a Manuel María, e que impartirá o Catedrático BASILIO LOSADA.

Despois conectamos con don MANUEL VÁZQUEZ OSORIO, Presidente do Centro Galego NÓS, de Sabadell, que tamén nos informa e convídanos a asistir á Festa Galega que realizarán, naquela cidade, os días 3, 4 e 5 de XUÑO.

Despedimos ao noso Presidente, Oliver, desexándolle moitos éxitos nas vindeiras actividades que teñen previsto realizar, e volve a convidar a tódolos nosos oíntes e seguidores para que participen en tódolos Actos previstos para a vindeira semana e tamén para o fin deste mes de maio.

Na segunda hora conectamos con Galicia, concretamente con Combarro, para falarmos co noso correspondente XULIO SIMÓN, que nos presenta ao convidado de hoxe, don XURXO MARIÑO, Profesor, Escritor e Neurocientífico, con quen mantemos unha conversa-entrevista chea de ensino e aportacións moi interesantes. Paga a pena voltar a escoitalos. Agradecémoslle a súa amable atención e comprometémonos voltar a contactar con el para que nos fale do libro que próximamente ten previsto publicar en Galaxia, relacionado coa viaxe de 11 meses que realizou polo mundo adiante, do que nos adiantou algunha primicia.

A vindeira semana máis. Non deixedes de sintonizarnos.

domingo, 8 de maio de 2016

SÁBADO 7 de MAIO do 2016

Comezamos o programa ofrecéndolles escoitar unha peza do ultimo CD de "Luar Lubre", titulado "Extramundi", para anunciarlles que falamos con UBALDO, do Restaurante "Os Ancares", na rúa Robrenyo, perto da Estación de Sans (BCN). Infórmanos que veñen realizando unha festa gastronómica moi interesante, cáseque unha cada mes. A anterior foi unha calçotada, e a de mañá é un menú de recibimento á Primavera: Entrantes con espárragos e empanada da casa, de segundo Cordeiro asado e postres variados da casa, acompañado de viño Albariño e Rioxa do ano. Todo con música galega en directo, cafes e chupitos variados.


Conectamos con dona PURA SALCEDA, escritora e poeta galega que nos adianta a póxima presentación o vindeiro sábado 14 de maio, dun libro  escrito en colaboración don Casimiro de Brito (escritor e poeta portugués). A presentación realizarase no Centro Galego de Lisboa, en conmemoración das Letras Galegas.


Recibimos nos estudos ao Profesor, escritor e poeta TOÑO NUÑEZ, a quen agradecemos a súa visita e despois de comentar con el parte das súas vivencias profesionais e creativas, fainos o agasallo de declamar un dos seus poemas incluídos no seu ultimo libro publicado : "POEMAS DE AMOR DE OUTONO".

Conectamos agora con SILVIA CASTAÑEDA, Presidenta da "Irmandade Galega de RUBÍ", que nos informa da "35 Festa Galega de Rubí", e dos actos previstos para a próxima fin de semana. Desexámoslles moitos éxitos.

Seguimos a falar e conversar co noso "combidado" especial TOÑO, que nos sigue a explicar cousas da súa creación poética e dos seus traballos publicados. Comentamos a posibilidade de poder presentar eses seus traballos nalgunha das Asociacións Galegas de Catalunya e volve a agasallarnos coa declamación doutro poema.

A ultima conexión é con don ALFONSO PATIÑO, Director do "Festival de CANS", que xa van pola "XIII Edición do Festival". Agradecémoslle a súa amable atención e concertamos voltar a conectar con el en sucesivas ocasións.

A vindeira semana voltaremos con máis música, entrevistas, conexións e informacións interesantes. ¡Non faltedes!

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...