luns, 27 de maio de 2013

25 de MAIO do 2013

Couxil, Antonio Alvarez, Alfredo, Armando e Marcos.
O programa do pasado sábado 25 de MAIO, que estivemos grabando co noso convidado especial don ANTONIO ALVAREZ, Presidente da Asociación Castiñeiro e Nogueira, de Quintá de Cancelada, en Lugo. Veu a impartir unha conferencia moi interesante na nosa Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà. 
Comezamos coa introducción de cada semana e dámoslle a ben-vida ao noso Conferenciante.
Tamén saudamos a Marcos Rodríguez, un dos Monitores do Sendeiro Quinta-Río Donsal.

Falamos con Alfredo González, que tamén participa no acto que se celebrará no Local Social da nosa Asociación.
E rematamos despedíndonos de tódolos oíntes e desexando voltar a telos na nosa sintonía.
A semana que ven non teremos emisión por coincidir coa FESTA MAJOR de Cornellà, e haberá unha programación especial.

18 de MAIO

Un programa atrasado, por mor doutros compromisos... ... Non puidemos facilitarlles o programa que emitimos o pasado sábado 18 de maio. Aquí o tedes. Repartido en varias seccións.
Na primeira parte dedicámoslle un espazo á celebración da "LETRAS GALEGAS 2013", que a nosa Asociación Rosalía de Castro de Cornellà encetou cunha actuación do Cantautor Alfredo Gonzalez xunto co Semillero Azul, no local social da nosa Asociación. Este sábado representouse a obra de Teatro: "Os vellos non deben namorarse" polo Grupo de Teatro "Anduriña" da nosa A.C.G.Rosalía de Castro, no Orfeó Catalonia de Cornellà (ese foi o motivo de non poder emitir este programiña en directo), e a seguinte fin de semana do 25 de mail, unha conferencia que impartirá don ANTONIO ALVAREZ, Presidente da Asociación Castaño e Nogueira de Quintá de Cancelada (Lugo).

Seguimos a falar dalgunhas noticias chegadas á nosa redacción e comentamos o reciente premio concedido á nos a Gaiteira Internacioan Cristina Pato: Premio Trasalba-2013.


Comentamos varios aspectos da obra da nosa escritora Rosalía de Castro.


Entrevistamos a don OSCAR RODRIGUEZ, Presidente dos Xoieiros de Galicia, e dono da Xoiería OSCAR, de Viveiro.

Falamos de "Follas Novas", da nosa Rosalía de Castro. E comentamos algunha cousiña máis.


O remate deixámolo para despedírmonos e desexarlles unha feliz semana.

sábado, 11 de maio de 2013

11 de MAIO do 2013

Un sábado máis con todos vosotros, para tentar ofrecerlles dúas horiñas de radio en galego, con música, informacións e novidades relacionadas coa nosa Cultura Galega.
En primeiro lugar poñémonos en contacto co Profesor da Universidade de VIGO don ENRIQUE VARELA, que está a dirixir un proxecto moi interesante que levan a cabo uns alumnos seus e que ten moito que ver cunha Aplicación para os teléfonos intelixentes e que poderá aproveitarse para empregar coa axuda aos nosos MAIORES, tan só con premer unha tecla.

A nosa colaboradora, LAURA SANTOS, fainos un cativa valoración do que foi a Festa do 30 Aniversario de Airiños da Nosa Galicia de Santa Coloma de Gramanet, que tivo a ocasión de disfrutar dela e axudarnos a contactar co Presidente da Entidade.

Deseguida conectamos novamente con Galicia, coa BAIXA LIMIA, para falarmos, como cada semana, co noso correspondente XOSÉ LAMELA, que nos volve a presentar o interlocutor da semana pasada, don AQUILINO VALENCIA, Alcalde do Concello de Calvos de Randín, porque tiñamos pendente o remate da conversa tan interesante relacionada co COUTO MIXTO. 

Na segunda hora falamos con SANTI VELOSO, tamén Profesor da Universidade de VIGO, que nos informa, polo miúdo, do seu programa: PONTE NAS ONDAS. Con XIX anos de edición acadando moitos éxitos e que teñen previsto celebrar o V Encontro-Brincando no Rueiro de xogos tradicionais populares galego-portugueses en Melgaço. ¡Moitos éxitos para todos eles!

O noso comunicante de agora é don MODESTO, compoñente da Xunta Directiva da Irmandade Galega O BOTAFUMEIRO de Cerdanyola do Vallés, que nos informa dos Actos previstos realizar na celebración das Letras Galegas no seu Centro, na rúa Pablo Picaso, 5 daquela localidade.

E para rematar o noso programiña de hoxe conectamos novamente con Galicia para falarmos con XOSÉ das PATAS, encargado do  BLOG: musicaengalego.blogspot.com. Un novo Colaborador que incorporamos ao noso programa, e que el mesmo se nos ofreceu para informarnos a todos nós, das novidades musicais galegas que se vaian producindo. Agradecémoslle esta desinteresada aportación e felicitámolo polo seu traballo que nos axudará a divulgar a "nosa música".

Desexamos que pasen unha semana moi gorentosa e que volvan a sintonizar a nosa emisión o vindeiro sábado. Ofrecerémoslles unha nova entrega con máis novidades e máis música "da nosa".


luns, 6 de maio de 2013

SÁBADO 04 de MAIO do 2013

Outro programiña máis en galego, para tódolos nosos oíntes e seguidores. A parrilla de hoxe está moi ateigada de intervencións e participacións... Comezamos coa nosa chamada habitaul á Baixa Limia, para conectarnos co noso correspondente XOSÉ LAMELA, que nos presenta ao contertulio de hoxe: o Sr.Alcalde de CALVOS de RANDÍN (Ourense), don AQUILINO VALENCIA SALGADO, e cos que mantemos unha conversa-entrevista moi entretida. Prometémonos volver a vindeira semana, porque quedaron moitas cousas que comentar.

A seguite chamada é para recibir información, de primeira man, relacionada cos MAIOS de OURENSE: ALFONSO, responsable de Cultura do Concello de Ourense fainos unha pequena descrición de cómo se ten previsto realizar este evento tan importante que, dende tempos immemoriais vense celebrando na capital ourensana e que ten unhas particularidades moi interesantes.

Deseguida conectamos con REDONDELA, para falarmos con JULIA ALONSO, Xerente dos Empresarios desa localidade. Danos cumprida información da recén celebrada II RUTA DO PINCHO, e tamén da próxima realización da XXVII Festa do CHOCO de REDONDELA. Unha boa ocasión para visitar e disfrutar da gastronomía galega enxebre.

Na segunda hora comezamos conectando coa nosa colaboradora LAURA SANTOS, que nesta ocasión fainos de correspondente na 30 FESTA-ANIVERSARIO da Asociación Cultural AIRIÑOS da NOSA GALICIA, en Santa Coloma de Gramanet, e ponnos en contacto co seu presidente, don XOSÉ CANOSA, que nos convida a participar e disfrutar desa festa galega en Cataluña.

Novamente voltamos a Galicia, para poñernos en contacto con XULIO SIMÓN, que nos fala das cousas escollidas por el para ilustrarnos un chisco nos asuntos culturais e literarios, acompañados sempre de moita e cumprida documentación.

Xa no final da tarde conectamos con don JUAN JOSÉ FRANCO, Tenente de Alcalde e responsable de Cultura do Excmo. Concello de FENE, que nos convida a participar na VI CONCURSO DE TAPAS de FENE, que ten a particularidade de que tódalas TAPAS do Concurso son gratuítas... Paga a pena facer unha visita a ese Concello da Costa Coruñesa aínda que tan só sexa para disfrutar da degustación desas TAPAS que perante 5 fins de semana se realizan nesta localidade.


E rematamos o programa desexándolles que pasen unha feliz semana e que volvan a conectarnos o vindeiro sábado, que tentaremos levar adiante outro programiña máis, en galego e con música galega.

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...