martes, 20 de decembro de 2011

17 de decembro do 2011

Ultimo Programa do 2011

Comezamos a emisión de hoxe, acompañado de Armando Fernández e do noso técnico Marc Fort, dándolles a ben-vida a todos e desexando ofrecerlles dúas horiñas de radio entretidas, lamentando a desaparición da grande voz caboverdiana, Cesària Evora que acabamos de coñecer e compartimos con todos unha primeira peza musical interpretada por ela, dedicada a todos e en especial ao noso amigo (tamén finado) Mindo Vizcaia, que tanto apreciaba: “Tempo e silencio”. A primeira comunicación é con Xosé Lamela, que nos presenta ao contertulio de hoxe: Francisco José Fraga Civeira, Ex Vicepresidente da FEGAMP e Alcalde de Piñor. Unha conversa moi interesante.


A segunda comunicación-conversa é para recibir a felicitación de Serxio Seoane, a quen lle correspondemos desexándolle o mellor para o vindeiro aninovo 2012.


Falamos con Xulio Simón, que dende Combarro, tamén nos envía as súas felicitacións para estas datas e fainos un pequeno resumo do que ten preparado para os nosos oíntes.


Na seguinte comunicación poñémonos en contacto con SUSO DÍAZ, que ademais de felicitalo aproveitamos para desexarlle o mellor no seu programa “La Voz en Espiral” que ven realizando tódolos martes, dende Mérida. Un espazo que lles recomendamos a tódolos amantes da cultura en xeral e moi en particular aos asíduos da poesía. Desexámoslle boas festas.


Recibimos a felicitación de PEDRO PEREZ, do Grupo DUPLEX, que desexa enviarnos todo o mellor para o vindeiro aninovo, e nos correspondémoslle mandándolle os nosos anceios de benestar nestas festas.


Por ultimo chamamos a MASITO BEIRÓ, en Padrón, o noso colaborador e por enriba de todo amigo. Queremos facerlle patente os nosos mellores desexos de ventura e benestar para o vindeiro aninovo, e facémolos extensivos a toda a nosa audiencia. Desexamos todo o mellor para todos vosoutros e agardamos voltar a telos como seguidores o vindeiro ano 2012. Que teñan unha fantástica despedida de ano e unha entrada de aninovo feiticeira. ¡¡¡ Ata o ano que ven ¡!!

martes, 13 de decembro de 2011

Penúltimo programa do 2011

Sábado 10 de decembro:
Temos hoxe a ARMANDO como convidado e colaborador desta emisión. Dámoslle a ben-vida e convidamos a tódolos nosos oíntes e seguidores para que se sumen á nosa proposta de radio en galego durante estas dúas horiñas. Escoitaremos música galega, falaremos cos nosos colaboradores en Galicia e seguro que tamén teremos algunha que outra sorpresa e novidade interesante que comentar. A primeira comunicación é co noso amigo e colaborador MASITO BEIRÓ. O noso artista, creador, pintor... e amigo por enriba doutros calificativos, fainos un percorrido interesante dende a localidade de VALGA, onde se atopa nese momento.


E de seguido conectamos coa Baixa Limia para falar co noso correspondente e amigo XOSÉ LAMELA, que nos presenta a PABLO LÓPEZ VIDAL, diputado pola provincia de Ourense, cos que mantemos unha conversa interesante relacionada cunha interesante proposta de posta en marcha dun parque empresarial na zona da Baixa Limia.


No programa deste sábado temos que ausentarnos por mor de certos compromisos adquiridos e polo tanto non poderemos facer máis contactos que o de XULIO SIMÓN, como cada semana, nesta segunda horiña. Así que despois de escoitar ao noso correspondente dende as Rías Biaxas, despedímonos de todos coa música que escollemos para todos, desexando que volvan a conectarse connosco a vindeira semana, na que lles prometemos facerlles compaña con moitas novidades, música e sorpresas. ¡Agardámosvos!

luns, 5 de decembro de 2011

Programa do sabado 3 de decembro do 2011


Unha nova emisión do programiña en lingua galega que cada semana facemos en Radio Cornellà. Comezamos propoñéndolles pasar dúas horiñas na nosa compaña, con música galega, con entrevistase participacións interesantes. Despois de escoitar ás MALVELAS, coa súa peza titulada "Trubisqueira", Conectamos con Galicia e falamos, como ven sendo habitual nesta tempada, con XOSÉ LAMELA, o noso correspondente na Baixa Limia.

Un ano máis, despois do fallo da celebración do 25 Certame de Poesía "Rosalía de Castro", da Asociación Cultural Galega do mesmo nome, en Cornellà, tentamos conectar cos premiados e comezamos chamando a ISRAEL MARTÍNEZ VEIGA, en Santiago de Compostela, para felicitalo. Falamos con el e despedímolo escoitando a declamación do poema polo que foi premiado.

A seguir escoitamos outra peza de música, do novo disco de "Berrogüetto", que nos enviaron en primicia para todos vosoutros. O disco titúlase: "O Pulso da Terra", que ven acompañado dun DVD e dun libriño editado por Galaxia e escrito polo periodista Fernando Neira. E con esta peza dámoslle a ben-vida a ELENA NICONOROVA-PETROVA, de ULYÁNOVSK moi interesada coa nosa tradición musical. Curiosa entrevista cunha persoa tan lonxana da nosa Terra pero moi relacionada coas "nosas cousas".
Na segunda hora voltamos a conectar con Galicia, con XULIO SIMÓN, o noso correspondente das "Rías Biaxas", que continúa dándonos cumpridas informacións seleccionadas e con el aprendemos novas cousas que teñen moito a ver coa nosa cultura e coas Letras e moi especialmente coa poesía.


E para rematar, falamos con PACO RIBAS, o noso poeta da Mariña Lucense, que tiñamos algo abandonado, por mor doutros asuntos que nos desconectaron da súa asídua participación e colaboración desinteresada de cada semana. Retomamos a conexión e escoitamos, coma sempre e para finalizr o programa, algunhas das súas creacións poéticas coas que sempre nos agasalla a todos.


Desexamos poder volatar a contar coa vosa atención a vindeira semana. Voltaremos a facer un programiña xeitoso, alomenos coma o de hoxe, ou mellor, se podemos.

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...