sábado, 29 de xuño de 2013

Ultimo programa da tempada 2012-13

Sábado 29 de xuño

Comezamos dándolles a ben-vida a tódolos nosos oíntes e seguidores e propoñendolles escoitar unha peza de música do noso folkclore galego, para poñernos en contacto con ARMANDO FERNÁNDEZ, que se atopa de correspondente na "Festa da Cultura Galega en Hospitalet".


Despois das informacións do noso compañeiro volvemos a escoitar outra peza de música para comunicarnos coa Baixa Limia e recibir ao noso correspondente XOSÉ LAMELA, con quen mantemos unha charla-coloquio para facer un repaso aos aconteceres desta tempada que acabamos hoxe. Agradecémoslle moi encarecidamente a súa colaboración e emplazámolo para que continúe nesta teima na seguite tempada, e así no lo confirma.

Enviámoslle unha felicitación-sorpresa a PABLO, que se atopa en Vigo, e axúdanos a felicitalo o meu sobriño RUBÉN. Desexámoslle moitos parabens e agardamos que fora do seu agrado esta sorpresiña.

Chamamos a XULIO SIMÓN, quen dende as Rías Baixas, concretamente dende Combarro, que nos informa da celebración das Festas do San Xoan que se realizan na súa localidade e rematan esta fin de semana coa festa de Colón. A súa información está chea de aportacións documentais moi interesantes, relacionadas con este personase e tamén nos da as súas opinións sobre o resumo que fixemos sobre esta tempada que hoxe concluímos. Confírmanos a súa continuidade para curso que ven e agradecémoslle a súa impagable aportación.

Un pequeno inciso para darlles noticia sobre o Grupo de música ESQUÍOS, dos que escoitamos, de fondo un dos ultimos temas "porcocan". Estamos de loito polo pasamento do seu vocalista MIGUEL CASTRO, Moro. Tivo un derrame, segundo nos informan.

Non poía faltar a participación e intervención do noso Poeta da Mariña PACO RIVAS, que moi amablemente nos agasalla coa declamación de dúas composicións poéticas súas. 

E xa finalizamos o programa coa entrevista-conversa con don ELADIO, propietario da ADEGA FAMILIAR ELADIO PIÑEIRO, unha das máis sobranceiras adegas de viño con denominación de orine "Albariño", pero que tamén ten unha producción moi especial. Compre escoitalo con detenimiento, xa que nos fai un extenso percorrido pola súa trayectoria persoal e pola elaboración tan exquisita que ole pon na elaboración dos seus productos. Agradecémoslle a súa aportación e prometémonos visitalo na próxima visita que fagamos á nosa Galicia.


¡¡¡ Moitas e felices vacacións para todos !!! 
Agardámolos na vindeira tempada, que procuraremos continuar na mesma teima, e se podemos, con moitas novidades e sorpresas cheas de engado, para disfrute de todos.


luns, 24 de xuño de 2013

Penúltimo programa da Tempada 2012-13

Sábado 22 de XUÑO

Unha semaniña máis ofrecéndolles esta nosa emisión en galego para que poidan divertirse e entreterse coas "nosas cousas". Encetamos dándolles a ben-vida e anunciándolles o que imos a tratar neste programa de hoxe, con música, entrevistas, conversas e sorpresas agradables. Sentímola falta da nosa productora LAURA SANTOS, que se atopa delicadiña e enviámoslle tódolos nosos mellores desexos para que se recupere axiña.

A primeira comunicación é coa Baixa Limia, para falarmos co noso correspondente habitual, Xosé Lamela, que nos presenta ao tertuliano de hoxe: don RAFAEL RODRIGUEZ VILLARIÑO, Alcalde de AMOEIRO (Ourense), cos que mantemos unha conversa chea de interese.

Na segunda hora voltamos novamente a Galicia para falarmos con XULIO SIMÓN, o noso correspondente nas RÍAS BAIXAS, que nos presenta a outra convidada especial, mentres escoitamos de fondo "Co xenio destrozado": SÉS, María Xosé Silvar Fernández, cantautora galega de moito éxito actualmente, que ven de presentar un novo disco. Mantemos con eles unha curta, pero agradabilísima conversa-entrevista moi feiticeira. Agradecémoslle moi encarecidamente a súa amable atención e convidámola a que pase polos nosos estudios calquera día para que poidamos disfrutar da súa presencia e agasallala como se merece.

Despois poñémonos en contacto con DEBORHA Albardonedo, axente literario, que nos presenta a FRANCISCO NARLA, piloto e escritor gallego que nos falan dos libros ASSUR e LENDARIA, con ambentes galegos e cataláns. Agradecémoslle a súa aportación e amable conversa e emplazámonos para poder conversar en directo, no noso programa, debullando algunha das súas creacións.

Para finalizar conectamos novamente con Galicia e conversamos con JOSÉ das PATAS -a nova incorporación-fichaxe ao noso programa- que se encarga de comentarnos as novidades musicais galegas, e preséntanos ao profesor de Acordeón ALEJANDRO BALBUENA OJEA, que ven de publicar un libro (xa esgotado) titulado: "Acordeón tradicional e folk galego". Podedes demandarlle o libro-disco a waltrapeiro@hotmail.com. E tamén podedes visitar a páxina do noso colaborador: http://musicaengalego.blogspot.com.es, que tamén ten unha radio online, para poder escoitar música galega sen interrupción.

A vindeira semana será o ultimo, que non derradeiro, programa desta tempada 2012-13. Agardamos a vosa presencia-audiencia, e prometemos facervos pasar dúas horas de radio en galego feiticeiras e cheas de engado. Ate o sábado vindeiro. 
¡Que pasedes unha feliz semana!

mércores, 19 de xuño de 2013

15 de XUÑO do 2013


Nos estudios LAURA SANTOS e ARMANDO FERNÁNDEZ. Hoxe teño que pedirvos disculpas por non poder atendervos, en directo, xunto cos meus compañeros. Teño certas obrigasa cos familiares que acaban de chegar de Galicia para facernos unha visita. Dende Llançà, fágovos unha pequena intervención desexando que teñan un programa entretido e divertido.

A Primeira comunicación con Galicia, como cada fin de semana é con Xosé Lamela, que interven na TERTULIA que mantemos con don ARSENIO LANDA, un investigador que nos amosa algúns dos seus traballos relacionados cos tranxénicos e outras sementes galegas.

A segunda intervención, conversa-entrevista é con don MIGUEL VILA, periodista e un dos responsables da revista gastronómica galega BEN BO, con quen mantemos unha conversa moi enriquecedora e chea de información moi interesante.


Para finalizar o programa chamamos a RAFA, de "O Fiadeiro", que veñen de publicar un traballo moi interesante e falamos con el, xunto co noso colaborador JOSÉ DAS PATAS, que se encarga do interesante blog: (músicaengalego.blogspot.com). Gracias á súa intervención foi como nos puxemos en contacto con Rafa. En vindeiras ocasións seguro que teremos moitas máis novidades e disfrutaremos coas intervencións que nos aporte o amigo José das Patas, esta nova fichaxe entendida en música, para o programa.


A vindeira semana voltaremos, e xa estaremos a preparar a finalización da templada. Se queredes aportar ou suxerir algún tema, estaremos totalmente receptivos. ¡¡¡ Agardámosvos !!!

martes, 18 de xuño de 2013

8 de XUÑO 2013

O programa de hoxe non é en directo, por mor do compromiso que temos de ir a representar a obra de teatro "Os Vellos non deben Namorarse",  en Badalona, con motivo da celebración das Letras Galegas-2013 na Asociación Cultural Galega "AGARIMOS" desa localidade.
Tivemos ocasión de manter unha conversa moi interesante con ANTONIO DÍAZ, o Secretario da nosa Entidade, A.C.G.Rosalía de Castro.
Temos unha selección de música galega para disfrute de tódolos oíntes.
Tamén escollimos un anaco da conversa mantida con CARMEN, máxima responsable e propietaria da Vivenda Rural XANELA da LUA, en LIRA (A Coruña), que vos ofrecemos aquí.
A vindeira semana será en directo.

luns, 3 de xuño de 2013

1 de XUÑO

Este sábado non emitimos o noso programiña en galego, por mor de que se celebraron as FESTAS do CORPUS en Cornellà. Estivemos participacndo na Festa Galega en Can Mercader
E xa que falamos do CORPUS, este ano queremos que todos vosoutros disfrutedes das imaxes que nos enviou o noso correspondente en Combarro, Xulio Simón. Son as alfombras florais que cada ano realizan os feligreses na súa localidade. Non teñen tanta sona como as de Ponteareas (seica unhas das máis antigas e famosas) pero non por eso menos importantes e moi fermosas. Paga a pena inmortalizalas neste noso blog. 
 


















A vindeira semana teremos outra emisión deste programiña en galego, con moitas máis novidades e informacións. Posiblemente non poderemos estar en directo, xa que temos que participar na representación da obra de Teatro "Os vellos non deben namorarse" por demanda da Asiación Cultural Galega Agarimos de Badalona, pero non deixen de conectarse, pois faremos un programa moi interesante.

Aquí vos colocamos o díptico confeccionado para informar dos Actos que se celebraron con motivo do 33 Aniversario da Entidade:



SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...