luns, 28 de novembro de 2011

O programa do día 26 de NOVEMBRO de 2011

Despois dunhos breves días de descanso e compromisos cumpridos, voltamos novamente para estar outra vez con tódolos nosos seguidores, oíntes e amigos. Comezamos adiantándolles que teremos algunhas novidades moi interesantes e algunha delas "Primicia" no que se refire á musica galega. Recibimos o libro de BERROGÜETTO : O Pulso da Terra; unha biografía de Fernando Neira. Temos que agradecerlle este agasallo a Beatriz R.Fontán, que nolo envióu a semana pasada. Precisamente con el comezamos a nosa emisión. Tamén queremos falar con algunha das persoas que compoñen o xurado do Certame de Poesía "Rosalía de Castro" de Cornellà, conectaremos con Galicia para falarmos co noso correspondente Xosé, na Baixa Limia. Dedicarémoslle uns minutiños a Berrogüetto (seguro que falaremos con algún dos seus compoñentes, a´si nolo prometeu Bea) e tentaremos falar tamén con Xurxo M.G. que ven de publicar un libriño moi interesante, sobre a figura de Luís Soto, Todo elo adubiado con música e novidades que nos chegan á redacción.
Precisamente a nosa primeira conversa é con PURA SALCEDA, que despois da introducción pásanos a Miguel Anxo Fernán Bello, Presidente do Xurado de este ano.


De seguido conectamos con Suíza, que é onde se atopa o grupo Berrogüetto, e falamos con Isaac, que está subindo ao avión que os transporte de retorno a Galicia, despois do concerto que fixeron aló. Agradecémoslle a súa disposición, e aínda que tan só foron uns minutiños quedamos encantados coa súa participación e prometémonos conectármonos noutra ocasión con máis calma e menos comprometedora.



A seguir, comunicámonos con Galicia, coa Baixa Limia, e falamos con Xosé. A nosa conversa-tertulia, desta hecha xira ao redor do 25 aniversario deste premio poético Rosalía de Castro. A verdade é que paga a pena relembrar a importancia deste evento que a nivel mundial coidamos que é único...



Facemos un pequeno percorrido polas diferentes noticias e novidades que nos chegan á Redacción e comentamos un bocadiño alguna delas. Nesta ocasión non poderemos conectar con Xulio Simón, que tiña un compromiso xa pactado para estas datas no Cebreiro. A semana que ven seguro que o voltaremos a ter,


Por último chamamos a Galicia e poñémonos en contacto con XURXO MARTÍNEZ GONZÁLEZ, membro da "Nave das Ideas", pero que hoxe non nos falará da Nave, senón do libro que acaba de publicar recentemente, que é unha biografía moi pormenorizada de Luís Soto:A xeira pola unidade galega. Agradecémoslle a súa colaboración, felicitámolo e desexámoslle moitos éxitos.


E despedimos o programa ata o vindeiro sábado que tentaremos facerlles pasar dúas horiñas agradables e entretidos, con música, novidades, actividades e a participación dos nosos colaboradores habituais.

Programa do 19 de novembro do 2011

ARMANDO nos estudios de Radio Cornellà
A dirección do programa de hoxe corre a cargo de ARMANDO FERNÁNDEZ, un vello amigo e colaborador desta nosa emisión e que xa leva moitos anos "facendo Radio Galega en Cataluña", quizáis moitos máis anos ca nos, en "Radio Florida". Dirixe o programa "A Nosa Galiza", nesa emisora de Hospitalet. Actualmente están á espera de que se volva a poñer en marcha toda a maquinaria para seguir emitindo ese programiña, que se non estamos mal informados, comezou sendo dirixido por "Paquita". 
Centrándonos no programa de hoxe, comeza conectando con Galicia, concretamente coa Baixa Limia, para falar con XOSÉ LAMELA, como cada semana.


A segunda intervención, coincidindo coa segunda hora do progama é a comunicación con XULIO SIMÓN, que ofrece a tódolos oíntes unha boa escolla de cultura galega.



A seguires conecta con ALFREDO GONZÁLEZ VILELA, outro grande colaborador, poeta, música e compositor que da a coñecer unha novidade interesante para todos aqueles que desexen manifestar as súas cualidades artísticas. Tódolos cuartos domingos de cada mes, baixo a súa dirección e co patrocinio da Asociacion AGARIMOS, de Badalona, faráse un acto músico-poético-creativo nos locais desta Asociación.


Remata o programa escoitando unha peza máis de música galega, escollida para despedir e desexar que volvan a conectarse para escoitarnos e enviarnos a vosas suxerencias, a vindeira semana.

domingo, 13 de novembro de 2011

Programa do día 12 de novembro do 2011

Nesta ocasión temos a compañía de ARMANDO no estudio. Saudamos a tódolos nosos seguidores desexando que pasen dúas horiñas connosco moi agradables, con novidades, comunicacións e música galega. Despois de escoitar a primeira peza conectamos directamente coa Baixa Limia, o noso amigo XOSÉ LAMELA , preséntanos a XAN CARLOS, o responsable de ADEGA-OURENSE, con quen mantemos unha conversa moi interesante sobre algunhas cousas relacionadas co encoro de "As Conchas", nos concellos de Bande e Muiños, así como na comarca que comprende dende a Lagoa de Antela ata ese encoro.


Na segunda hora conversamos con ALFONSO RICO, Presidente da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro, que nos pon ao corrente das Actividades que están a realizar e convida a tódolos socios e simpatizantes que pasen a apuntarse para o día 26 d enovembro que se celebrará a CEA de Irmandade na que se darán a coñecer os premiados no "25 Concurso de Poesía Rosalía de Castro e VIII Premio de Narrativa Rosa Reboredo".


De seguido falamos novamente con Galicia, concretamente con XULIO SIMÓN, que o rescatamos da celebración do seu correspondente Magosto. A verdade é que sempre nos sorprende con algunha cousa curiosa e interesante relacionada coa nosa Cultura.


Facemos unha excepción moi particular no programa de hoxe e comunicámonos con JOAQUIN PARRA, un personaxe moi interesante e importante relacionado coa Viticultura. Coido que asuntos de tanto interese serven para coñecermos mellor a nosa riqueza vitivinícola e apreciala cada día algo máis.


Rematamos este noso programiña de hoxe desexando que volvan a conectarse con nosoutros a vindeira semana. Eu non poderei estar presente, pero temos garantizado a emisión do mesmo, xa que ARMANDO encargarase de levalo adiante, e posiblemente o noso colaborador Serxio Seoane tamén acudirá para facer algo máis amena a emisión. 

luns, 7 de novembro de 2011

Programa 5 NOVEMBRO 2011

Encetamos anunciando as conexións que faremos esta semana, así como algunhas das informacións e novidades que nos chegaron á Redacción. Principiamos falando con XOSÉ LAMELA, que nos presenta a MANUEL RIVERO PÉREZ, co que conversamos e mantemos unha tertulia moi amena.


Na seguinte chamada telefónica conectamos con LUÍS, da Asociación Cotomanguelo , que nos fala das Xornadas Micolóxicas que teñen previsto realizar a vindeira semana en Orazo (A Estrada) Pontevedra. Agradecémoslle a súa participación e información polo miúdo das Actividades organizadas.

Para rematar o programa de hoxe poñémonos en contacto con Xulio Simón, que nos presenta ao convidado especial desta semana:
Antonio Ferrer Moreira, que nos fala da súa loita e traballo a prol do noso idioma. Podemos atopalo no seu blog: blogoteca.com/galefas. Coordinados por Xulio, mantivemos unha conversa moi interesante falando da "pancarta das discordias" : Traballamos por un ensino público de calidade. 
Seguro que esto servirá de semente para que axude a inzar unha morea de concencias en favor do noso idioma.


Que pasedes unha semana moi gorentosa. Agardamos poder contar convosco outra vez máis, o vindeiro sábado.

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...