luns, 11 de xaneiro de 2016

1º Programa do ano 2016

9 de xaneiro do 2016 
¡¡¡ FELIZ ANO e BEN VIDOS !!!

Comezamos este primeiro programa do 2016 con azos e ganas de facervos pasar dúas horiñas de radio en galego, cheas de engado e ledicia. Nesta primeira emisión tan só se atopan nos estudos LAURA SANTOS e ARMANDO FERNANDEZ, e nos controis técnicos KIKO. O resto do equipo, Xosé Lamela un chisco indisposto; Xulio Couxil nunha Rolda de Prensa e Xulio Simón recollendo o Título dun traballo realizado no verán pasado. O equipo segue en pé, como en anos anteriores, e tentaremos ofrecervos o mellor de cada un de nós. 
A primeira conversa-entrevista deste ano é con don XOSÉ CARLOS G.G., Presidente de XUNTANZA e membro da Xunta Directiva da A.C.G.Rosalía de Castro. Tratamos diversos aspectos das Asociacións Galegas en Cataluña e moi en particular da nosa Asociación, así como dos recentes Premios de Poesía Rosalía de Castro e outros aspectos relacionados cos futuros proxectos das Entidades as que facemos referencia. 

A segunda comunicación-conexión é con dona SARA INES CASTRO, Alcaldesa de CASTRO CALDELAS, que moi amablemente nos recibe e nos atende, a pesar das súas múltiples ocupacións. A conversa, tan amena, que mantemos con ela énchenos de coñecementos e noticias moi interesantes, por certo, todas elas relacionadas coa localidade de Castro Caldelas e a recuperación das nosas tradicións ancestrais. Agradecémoslle a súa aportación e prometémonos voltar a conectar con ela en vindeiras datas, para que nos siga ilustrando e informando. 

Despois chamamos a LUCIANO COUSELO, Pintor e artista de recoñecido prestixio que nos fala das exposición que ten nos locais da Entidade Rosalía de Castro, e que tamén fixo no García Nieto, onde se fixo a Conferencia central dos Premios de Poesía Rosalía de Castro no mes de decembro pasado. 

Tamén falamos con don ALFONSO RICO, Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro, que aproveita a ocasión para felicitar o aninovo a tódolos nosos oíntes e seguidores. 

A ultima conexión é con Xulio Couxil, quen despois de comentar un chisco as cousas do programa, facilítanos a conversa con don JUAN PEDRO, Presidente de ASOBECAT. Acaban de facer unha Rolda de Prensa para presentar o "XIII Festival do Botillo 2016", previsto para o vindeiro día 6 de febreiro no mesmo Hotel Front Air Congress (de Sant Boi de Llobregat), onde se celebrou a devandita presentación. En vindeiras datas voltaremos a falar con Juan Pedro, para que nos informe, máis polo miúdo, deste evento dos bercianos en Cataluña. 

A próxima semana máis e, se podemos, mellor. Agardámosvos a tod@s.

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...