domingo, 26 de decembro de 2010

Ultimo programa do 2010: 18 de decembro

Comezamos coa nosa sintonía de sempre: música de Cristina Pato. Facemos un pequeno adianto das cousas que desexamos realizar ao longo destas dúas horiñas de "radio en galego", e aproveitamos para escoitar algunha peza dos dous CeDeses que nos trouxo o noso amigo SERXIO SEOANE, "Orquestras de Galicia". Un adianto de agasallos para tódolos nosos oíntes.

Comunicámonos con UXIA, que se atopa no Pazo da Cultura de Pontevedra, próxima a comezar o Festival CANTOS NA MARÉ, por 8º ano consecutivo. Fainos un pequeno adianto da próxima celebración. Agradecémosllo e desexámoslle moitos éxitos nese Festival Internacional da Lusofonía.


Dámoslle a Ben-vida a Serxio e aproveitamos para comunicármonos con Andrés Neira e felicitarlle polo cumpleanos a Mireia, que se atopa rodeada de moitos amig@s. ¡Que cumpla moitos máis!
Despedimos a Serxio desexándolle unhas ¡FELICES FESTAS! e indicándolle á nosa audiencia que pode solicitar ou mercar o disco "Orquestas de Galicia" na páxina web de "Serxio Folk Produccións" e seguimos a escoitar un bocadiño máis da música que nos achegou Serxio.

A nosa seguinte comunicación é con PACO RIBAS, o noso poeta da Mariña Lucense, que ademais de colaborar connosco e desexarnos o mellor para estas Festas feiticeiras. Fainos a regalía de dous poemas cheos de engado e sentimento para todos. Recreanos o final da súa intervención co recitado de dúas poesías da súa autoría, para felicitarnos a festas a todos.
Escoitamos un pouco de música de "Cantos na Maré" do ano 2009... Unha grande festa que se celebra, como xa dixemos, no Pazo de Cultura de Pontevedra.

Comunicámonos con XULIO SIMÓN, o noso correspondente habitual de Galicia, concretamente dende Combarro. Tiña previsto facer unha intervención dende unha casa especial: Mesón SAN ROQUE, para falarmos con "Son", María Concepción, responsable da cociña deste mesón en Combarro e comentarnos  algo sobre a elaboración dalgunha das especialidades que nestas datas Navideñas teñen moito aprecio na nosa cultura galega: O Bacallau. Non puido ser, pero quedamos emplazados para facelo noutra ocasión. A súa participación e colaboración versa precisamente sobre a gastronomía e algún libro interesante. Deséxanos unhas Felices Festas e nós correspondémoslle cos mesmos desexos.

Mantemos unha pequena conversa con Kique de Navia, que se atopa na Ribeira Sacra, de Galicia, e felicitámonos mutuamente estas festas de Nadal e desexos de benestar para o vindeiro aninovo 2011. Fainos unha pequena descrición do entorno onde se atopa e quedamos para podérmonos comunicar en vindeiras ocasións e manter conversas máis ou menos asíduas, aproveitando que ten moitos dos contactos con personaxes interesantes e importantes da nosa cultura na zona onde se atopa.

Unha ultima conexión, nesta ocasión en Cornellà, concretamente con Xosé Carlos G. que nos pon ao corrente da celebración que se está a realizar concretamente na Asociación con motivo das XXIV Xornadas Culturais e entrega do Premio de Poesía Rosalía de Castro e Rosa Reboredo de Narrativa. 
E rematamos o ultimo programa do ano escoitando unha peza de música da nosa terra galega desexándolles unhas FELICES FESTAS a tódolos nosos oíntes e simpatizantes, sabendo que volveremos a escoitarnos e sintonizarnos a partir do 10 de xaneiro do 2011, que lles desexamos ventureiro para todos.

luns, 13 de decembro de 2010

Programa do 10 de decembro 2010

Antonio e mais un servidor
Comezamos este penúltimo programa do ano 2010 dándolle información á audiencia das NOVIDADES que nos chegan á Redacción. Acompáñanos Antonio Díaz, Director da Revista "Lua Nova", da Asociación C.G.Rosalía de Castro de Cornellà. Esta semana non podemos cumplir co horario, xa que temos a obriga de asistir á presentación da revista NÓS, do Centro Galego Nós de Sabadell. Damos lectura dalgunhas das informacións e comunicamos aos oíntes a celebración, dentro das XORNADAS CULTURAIS de Rosalía, da previsión do fallo do "24 Premio de Poesía en Língua Galega Rosalía de Castro" e Premio de Narrativa Rosa Reboredo, para o vindeiro día 18 de decembro, no que se contará coa presencia, entre outras, do Catedrático da Universidade Profesor don Basilio Losada Castro, que tanto ten colaborado coas Entidades Galegas en Cataluña, e moi particularmente coa nosa. Seguro que na vindeira semana poderemos contar coa presencia dalgún dos compoñentes do xurado do mencionado premio, así como tentaremos dar máis cumprida información das cousas que se produzan relacionadas con esta actividade de tanta importancia no eido da creación literaria.
Despedímonos con música da nosa terra, desexando que todos volvan a conectar co 104.6 da FM, para podermos celebrar o ultimo programa felicitando a tódolos oíntes e simpatizantes.
Ata a vindeira semana.

SÁBADO 30 de NOVEMBRO do 2024

Outro programa máis con todos vosoutros. Nesta ocasión tivemos que "enlatar" as intervencións, por mor da nosa participación na pr...