luns, 29 de novembro de 2021

SÁBADO 27 de NOVEMBRO do 2021

Outro sábado máis con todos vosoutros. Disculpo a miña ausencia porque estou atendendo aunha obriga imprescindible no CULTURGAL de Pontevedra. Nos estudios Armando Fernández e Manuel Rodríguez Julián. Comeza coas salutacións de rigor e escoitando un bocadiño de música, concretamente de Eloi Caldeiro, do Grupo BRATH, que hoxe actúan no Tradicionàrius de Gracia. A continuación comunícanse con Olga Novoa, unha nova colaboradora que dende Ourense nos pon ao corrente de varias intervencións culturais de interese.

Conectan con Oscar Rey, o noso correspondente na Costa da Morte, que ten preparada a súa crónica semanal para informarnos do que acontece naquelas contornas. Xa saben que para máis información teñen a oportunidade de empregar a páxina "QuepasanaCosta.gal".

Despois de escoitar outro bocadiño de música conectan con Henrique Fdez.-Mon Sánchez, na Ribeira Sacra de Ourense. Manteñen unha conversa distendida comentando varios asuntos.

Xina Vega e Cruz M.Vilas
A continuación interveño eu, dende o recinto de Culturgal-Pontevedra, informando das actuacións que en nome da A.C.G.Rosalía de Castro estivemos realizando. Presentando o Certame de Poesía, que celebra nada menos que 35 anos de existencia, e da celebración, mañá 28, dun recital poético no que intervirán dúas poetas Premiadas no noso Certame, concretamente Xina Vega e Cruz Martínez Vilas. Agradezo a chamada.

Finalizan coa participación do noso Poeta da Mariña Luguesa, Paco Rivas.

Desexamos que teñan unha feliz semana. O vindeiro sábado máis.


sábado, 20 de novembro de 2021

SÁBADO 20 de NOVEMBRO do 2021

Comezamos a emisión de hoxe coa nosa sintonía de sempre e despois de saudar aos oíntes e seguidores, escoitamos un bocadiño de música do Grupo de música galego BRATH, que lidera ELOI CALDEIRO, a quen saudamos moi cordialmente e agradecémoslle que nos atenda. Fálanos, un chisco, da súa traxectoria da celebración do 40 aniversario dese grupo de música tradicional e da próxima actuación o día 26 en Cal Ninyo (Sant Boi de Llobregat) así como tamén outro Concerto o día 27 no Tradicionarius de Gracia. Desexamos que teñan moitos éxitos.

A seguinte intervención é a do noso correspondente na Costa da Morte, Oscar M. Rey, que nos fai a súa crónica semanal informándonos dos aconteceres daquela contorna. Os que desexen informarse moito máis polo miúdo, como él mesmo nos indica, póñanse na páxina de Quepasanacosta.gal

Despois entrevistamos a Rubén Cougil, informático e creador. Fálanos dun xogo de mesa que acaban de presentar : El Extranjero. Participa nun evento que se ven realizando dende fai varios anos en Catalunya, e ao que se presentaron, nesta ocasión máis de 100 propostas e escolleron 20 xogos. Un destes xogos é o de Rubén e Silvia, a súa compañeira. Ogallá que algunha Editorial se interese por ese xogo. A súa intención é poder traducilo a varios idiomas, entre os que pensan incluír o galego e o catalán. ¡Parabéns e Felicitacións por ese proxecto tan interesante!

A segunda hora continuámola conectando coa nosa correspondente nos Ancares Lugueses, Fernanda Follana Neira, que nos fai partícipes da súa crónica semanal.

De seguido chamamos a Ana Moldes. Grande amiga que nos fala da Biblioteca de O Grove, na que participa moi activamente, no clube de lectura e outras moitas actividades que se veñen realizando. Están moi orgullosas por teren recibido o Premio Nacional de Bibliotecas "María Moliner", como unha das 10 mellores bibliotecas de España. Fálanos das presentacións de autores e poetas de grande sona e importantes no eido literario. ¡Grazas, Ana Mari!

Seguimos o programa e contatamos co noso Poeta da Mariña Luguesa, Paco Rivas, que sempre ten unha conversa moi agradable e entretida e agasállanos coa lectura dunhas novidades moi interesante.

E finalizamos as intervencións coa colaboración do moi estimado amigo Luís Losada, dende Pontevedra.

E despedímonos ate a vindeira semana.

Aquí podedes escoitar o programa completo.

sábado, 13 de novembro de 2021

Sábado 13 de NOVEMBRO do 2021

Pancho Álvarez
Comezamos unha nova emisión de "Semprengalicia" con ánimo de informar e tratar de entreter aos nosos oíntes e seguidores perante estas dúas horas de Radio. Escoitamos un bocado de música e conectamos con Galicia para recibir ao noso correspondente na "Costa da Morte", Oscar M. Rey, que nos fai unha pequena, pero intensa, crónica informativa para que poidamos estar ao tanto do que acontece por alí. Ademais, os interesados, poden entrar na páxina que sempre nos recomenda http://quepasanacosta.gal, para saber algo máis. Agradecémoslle a súa colaboración semanal.

Outra correspondente é Fernanda Follana Neira, que dende Os Ancares Lugueses tamén nos relata unha crónica moi interesante, recomendando algunhas rutas de senderismo e outras visitas para disfrutar da gastronomía outonal, que por aquelas contornas existe.

Cordas Históricas
A continuación  Pancho Álvarez, un grande músico que admiramos e seguimos, dedícanos uns minutiños e, despois de saudalo, aproveitamos para felicitalo pola recente publicación dun CD moi interesante: "Cordas Históricas". Fainos unha pequena descrición dese traballo, dos diferentes instrumentos empregados nel, das pezas interpretadas (todas tradicionais). Tamén o parabenizamos polo concerto que realizou, acompañando a Carlos Núñez, no Teatro Alfredo Kraus de Canarias. Adiántanos que virá ao Concerto de Fin de Ano, no Palau o día 30 de decembro, acompañando a Carlos Núñez. Desexámoslles moitos éxitos, e agradecemos a súa atención.

Despois conectamos con David Fernández, do Grupo "O Val das Mouras". Tamén o felicitamos porque veñen de publiar un novo CD : Bruixes e Poetes. Precisamente o día 21 deste mes de novembro farán a súa presentación no "Auditori BARRADAS" de L'Hospitalet de Llobregat.

 

Finalizamos o programa falando co noso amigo e colaborador Henrique Fdez-Mon Sánchez, que dende Galicia, na Ribeira Sacra concretamente, coméntanos cómo se realizaban os magostos na súa infancia, a diferencia coas actuais festas que defiren bastante do tradicional. Fálanos do remate da vendima; comenta que os adegueiros están bastante satisfeitos pola abondosa colleita deste ano e despedímolo con música, coma sempre.

O vindeiro sábado á mesma hora. Que teñades unha feliz semana. 

Aquí podedes escoitar o programa enteiro.

sábado, 6 de novembro de 2021

SÁBADO 6 de NOVEMBRO do 2021

Este programa de hoxe tivemos que "enlatalo" por mor de certos impedimentos técnicos: Precisamente o noso Técnico, Kiko Belinchón, acaba de ser pai. ¡Nhoraboa! ¡Moitos parabens e moita saúde para criar a ese Alex, que acaba de nacer! Despois das salutacións de comezo e escoitar un bocadiño de música, poñémonos en contacto co noso correspondente na Costa da Morte (Qué pasa na Costa.gal), Oscar M. Rey, que nos envía a súa crónica semanal, para sabermos algo máis daquela contorna galega.


Magosto - Castañada
Despois falamos con Francisco Xabier Rodríguez López, Presidente da A.C.G.Saudade de Barcelona, que nos informa da recente visita que fixeron a Monserrat, coa participación doutras entidades e do Secretario Xeral de Emigración Antonio Rodríguez Miranda. Tamén nos convida, a tódolos oíntes e seguidores, para que poidamos degustar as castañas que esta tarde se repartirán na Sede da Entidade, con motivo da celebración do Magosto 2021. Este ano poderase disfrutar da xuntanza e convivio cos socios e simpatizantes.

Tamén falamos co Presidente do Centro Galego NÓS, de Sabadell, Manuel Vázquez, que esta tarde teñen a celebración dunha obra teatral en galego, a cargo de "Furafollas", e tamén convida a tódolos oíntes, socios e seguidores, para que a vindeira fin de semana, concretamente o día 13 se acheguen a sede da Entidade para degustar as castañas que se entregarán con motivo do Magosto 2021. Agradecémoslle a comunicación e desexamos que teñan moito éxito.


Rubén Alonso
Seguimos escoitando outro bocadiño de música que conectamos con Rubén Alonso de Ponga, que nos fala da presentación da súa 4ª novela: Amores de Guerra y Paz. Coméntanos cómo foi a súa xestación e escrita. Parabenizámolo por ese traballo e desexamos que, a non tardar tamén o poidamos ter presente nalgunha das nosas Asociacións, para poder adquirilo, que no-lo asine e poder departir con el máis polo miúdo.

O Chef Domingo Glz Lorenzo
Falamos agora cun grande CHEF, Domingo González Lorenzo. Tamén o felicitamos e dámoslle os nosos máis efusivos parabens, porque ven de recibir a "Culler de Ouro de Cebiche" no Salón Internaciónal de Turismo Gastronómico "XANTAR" de Ourense. Sentímonos moi orgullosos de telo como un moi bo amigo e desexamos que siga colleitando moitos máis Premios e éxitos.

E despedímonos ate o vindeiro sábado, á mesma hora. Aquí está o programa completo.


SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...