Un programa máis en galego, tentando que pasen dúas horiñas entretidas, con música galega, con entrevistas e charlas máis ou menos interesantes. Aproveitamos para darlle a Ben-vinda a Juan Pedro, Presidente de ASOBECAT, que falaremos con el para que nos valore a XIII Festa do Botillo en Cataluñ a, celebrada a principios de mes. A primeira conversa é con LYDIA BOTANA , que nos fala do seu ultimo traballo : "De Aquí para Alá" , un Libro CD, cheo de música Infantil, no que unha bolboreta imaxinaria percorre varios países e interpreta a música deses lugares. Agradecémoslle a súa amable atención e máis aínda porque se atopaba un chisco constipada, pero demos conta do recado: Informar aos nosos oíntes e seguidores dese traballo tan interesante e que está a acadar moito éxito entre a poboación Infantil. Desexámoslle unha rápida recuperación da súa doenza e moitísimos éxitos coa súa música. A segunda comunicación-entrevista é con RICARD ROS , músico - gaiteiro - flautista, qu
Descrición de cada emisión, cos PodCats das entrevistas e noticias máis destacadas