luns, 30 de novembro de 2020

SÁBADO 28 de NOVEMBRO do 2020

O programa deste sábado é unha gravación especial que confeccionamos para todos os nosos oíntes e seguidores, por mor da celebración da entrega dos Premios aos gañadores do "XXXIV Certame de Poesía Rosalía de Castro". Na sede da Entidade realizouse unha sesión de Instagran,  dunha hora de duración, para facer públicos os nomes dos gañadores do Certame de Poesía, e aproveitamos para amosar algunhas das numerosas felicitacións que enviaron unha grande cantidade de amigos, socios, personalidades políticas, cantautores, escritores, poetas... moitísimas persoas. Non puidemos visualizalos todos, pero prometemos facer unha recopilación ou video documental para arquivalo na Biblioteca da Asociación. 

Despois de escoitar unha primeira peza musical poñémonos en contacto co noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente Combarro, Xulio Simón Rúa, que ten preparada unha lectura escollida moi interesante. Despedímolo con música e continuamos a gravación.

Conectamos novamente con Galicia, concretamente co noso amigo e esporádico colaborador Henrique Fernández-Mon Sánchez, Kique para os amigos. Queremos que nos informe das súas andanzas e inquedanzas nos primeiros anos da creación e posta en marcha dese Premio de Poesía "Rosalía de Castro", e esta é a súa exposición. Escoitade o seu parlamento

.

E finalizamos este programa especial dun sábado tamén especial, ofrecéndolles algunhas pezas musicais que son novidade na nosa emisión, posto que son primicia para todos nosoutros, xa que pertencen a sendos CDs que nos enviaron para celebrar os 40 anos da creación e inauguración da Entidade.

O vindeiro programa prometemos estar en directo e ofrecerlles algo máis interesante e novidoso. Tentaremos que pasen dúas horiñas entretidas e cheas de boa compaña. 

¡Cúidense moito e Sexan felices!


sábado, 21 de novembro de 2020

SÁBADO 21 de NOVEMBRO do 2020

Comezamos dándolles a ben-vinda e saudando ao noso primeiro convidado: Xurxo Souto. Poñemos un bocadiño de música e saudamos tamén ao noso compañeiro nas locucións, Armando Fernández. Dámoslle os nosos parabens por esa nova publicación que acaba de saír do prelo: Recordos poderosos - Pangalaica. Editado por Galaxia. Coméntanos algunha das historias recopiladas por Xurxo e que recrea con moito acerto nesa publicación, chea de engado. Desexámoslle moitos éxitos e prometémonos voltar a conectar con el para seguir recibindo novidades e actuacións interesantes. ¡Moitas grazas Xurxo!

A segunda conversa-entrevista é con GISELA RODRÍGUEZ, a nosa mantedora e coordinadora do Grupo de Teatro "Anduriña". Non puidemos reunirnos, como faciamos sempre despois de que tiveramos unha actuación, para comentarmos e intercambiar impresións sobre a última interpretación, por mor do cornavirus... Lamentamos a interrupción, pero por outra banda celebramos que aínda que fora a última actividade da nosa Entidade, non houbo que lamentar demasiadas incidencias. Agardamos para vindeiras datas, cando esta pandemia remita, poder seguir ensaiando e interpretando as nosas obras. Xa ten algunha obra de teatro seleccionada para cando poidamos reunirnos, e seguro que pronto poderemos celebralo. Agradecémoslle a súa amable atención de hoxe.

Seguimos adiante e conectamos coa nosa correspondente nos "Ancares Lugueses" dona Fernanda Follana Neira, que ten preparada a súa crónica semanal. Nesta ocasión fálanos da súa experiencia cos lobos na contorna de Becerreá, tamén nos comenta cómo os captou nunha cámara... e para finalizar recoméndanos visitar a páxina de Internet, concretamente Facebook: "Piornedo Anda", que ten propostas de Rutas e Sendeirimo moi interesantes. Despedímonos ate a vindeira semana e escoitamos outro bocadiño de música.

Namentres non conectamos co seguinte convidado, comentamos as ausencias dos nosos correspondentes na Baixa Limia, Xosé Lamela e nas Rías Baixas, Xulio Simón, que por motivos alleos e obrigas persoais, non puideron participar hoxe no programa. Novamente algo de música e voltamos a Galicia.

Finalizamos, como ven sendo habitual nestas semanas de atrás, co noso Poeta da Mariña Luguesa, PACO RIVAS. Con quen falamos un chisco, dalgunhas cousas intrascendentes, pero tamén solicitámoslle que nos dedique algunha das súas creacións poéticas, e moi amablemente nos agasalla coa súa recitación. Agradecémoslle-lo e  aproveitamos para despedírmonos del e de tódolos nosos oíntes e seguidores: ¡Até o vindeiro programa!

sábado, 14 de novembro de 2020

SÁBADO 14 de NOVEMBRO do 2020

Comenzamos, unha semana máis, outra emisión deste noso programa "Semprengalicia" de dúas horas de Radio en galego. Teremos conexión con Galicia, cos nosos correspondentes, tamén algunha entrevista, novidades e música galega. Despois das salutacións de inicio dámoslle a ben-vinda ao noso Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro, Oliver Fernández, que nos acompaña esta tarde. Tamén saudamos e recibimos ao noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela Bautista. Comentamos varias cousas relacionadas coa actualidade que estamos a afrontar e tamén nos informa o noso Presidente da próxima celebración da entrega dos Premios do "XXXIV Certame de Poesía Rosalía de Castro" previsto para o día 28 deste mes de novembro, se as circunstancias nolo permiten intentarase realizar dende a Entidade.

Despois conectamos con JAVIER, responsable dunha Empresa que se dedica a enviar e distribuir productos de proximidade, do Rural, con prezos moi asequibles. Trátase de "Retorno al Pueblo", que podedes atopar moi facilmente en Internet. Coméntanos cómo se formou esta iniciativa tan interesante e curiosa, que está a ter moitas demandas e sigue incorporando diversos artículos que poden ser interesantes para os futuros clientes, non só pola calidade senón tamén polo artesanal e naturalidade dos mesmos. Fai público o anuncio de que todos aqueles oíntes e seguidores que fagan unha demanda co nome do noso programa terán unha deducción de 4€uros na súa factura. Agradecémoslle a súa participación.

Continuamos a segunda hora conectando con Xulio Simón, o noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente en Combarro, a quen felicitamos pola posta en marcha da súa páxina: Xulipedia.com. Comenta algunhas cousas sobre os libros, e moi especialmente o de "Contos populares da provincia de Lugo", e lembrándose dos que lle contaba seu avó, explícanos un deles, onde aparecen como protagonistas un cura e o sacristán.

Interrumpimos a crónica de Xulio para darlle a ben-vida á nosa correspondente nos Ancares, Fernanda Follana Neira, que tamén ten preparada unha crónica moi interesante propoñéndonos facer algunhas rutas por aquelas contornas, que nesta tempada de outono son especiais pola diversidade paisaxística e o colorido espectacular. Despídese ate a vindeira semana.

Escoitamos outro bocadiño de música e saudamos ao noso Poeta da Mariña, Paco Rivas. Conversamos entre todos con el. E despídese coa lectura dunha creación poética moi especial, que ten moito que ver coa situación social qu estamos a sofrir nestes momentos. Agradecémoslle a súa sempre estimada colaboración, e despedímonos ate a vindeira semana.

Que teñades unha feliz semana!!!

sábado, 7 de novembro de 2020

SÁBADO 7 de NOVEMBRO do 2020

Ofrecémosvos un novo programa de Radio en galego conectando coa Baixa Limia para que o noso correspondente Xosé Lamela Bautista nos presente ao seu convidado de hoxe: AMABLE, responsable da Empresa ECOMEL, que ven de recibir un Premio de grande prestixio: O Panal de OURO colleita 2019. A súa explotación, ou mellor dito a extracción da Mel Ecolóxica que el comercializa, ten a súa orixe nos Montes da Reserva da Biosfera do Parque Natural do Xurés. Felicitámolo e conversamos con el para que nos informe.

A segunda comunicación é coa Poeta, escritora e investigadora ALBA CID, a quen se lle concedeu o Premio Nacional de Poesía Joven "MIGUEL HERNÁNDEZ". Os nosos parabens. Despois de manter unha pequena conversa-entrevista, despedímola cun bocadiño de música.

Conectamos novamente con Galicia, concretamente co noso correspondente nas Rías Baixas, Xulio Simón Rúa, que sempre ten preparada unha participación moi ilustrativa.

Seguimos escoitando outro bocadiño de música, neste caso do Grupo CALDO, que foron seleccionados para seren finalistas do Concurso Fran Pérez, "Narf". E falamos agora con Fernanda Follana Neira, a nosa correspondente nos Ancares.

 

E finalizamos cunha cativa intervención do noso Poeta da Mariña Luguesa, Paco Rivas. Prometemos chamalo con máis tempo.

Despedímonos ate o vindeiro sábado á mesma hora. ¡Disfruten da semana! e ¡Cóidense moito!

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...