28 de ABRIL. Hoxe teremos un programa algo diferente do que acostumamos cada semana. A programacion está condicionada pola necesidade de acudir a outros compromisos. En primeiro lugar dámoslles a coñecer a triste noticia do pasamento de don XAIME ISLA COUTO , o ultimo personaxe da "Xeración Galaxia". Dedicaremos a maior parte destas dúas horiñas de radio a informarlles dalgunha novidade acontecida e tentaremos aproveitar a ocasión para facer un percorrido, máis ou menos interesante, pola vida e obra de don VALENTÍN PAZ ANDRADE , a quen se lle adican as "Letras Galegas 2012". Durante todo o ano faránse unha morea de actos e moitas actividades no seo das nosas Asociacións Culturais, e conmemorarán esta celebración con algunha que outra Conferencia. Especialmente será a celebración do día 17 de maio, que é a data fundamental do "Día das Letras Galegas" . Nós queremos ofrecerlles un pouco de información sobre este personaxe tan importante na vida Cultur
Descrición de cada emisión, cos PodCats das entrevistas e noticias máis destacadas